galeguista
Milicias galegas, o Partido Galeguista contra o fascismo

Milicias galegas, o Partido Galeguista contra o fascismo

Contra as teses oficiais da historiografía española, as milicias galegas durante a chamada guerra civil (1936-39) non foron criadas polo PCE, senón que foron o produto dunha decisión política do Partido Galeguista de Castelao e Suárez Picallo. A esta conclusión chega Cilia Torna nun traballo de investigación que disponibilizamos no Sermos 154 e do que oferecemos neste dixital un breve avanzo.

OPINIÓN

O adeus a Herminia, unha monxa galeguista e feminista

Coa dor aínda ben viva en Compostela polas mortes da curva de Angrois -un absurdo accidente froito da mestura entre imprudencias e recortes asasinos en seguridade ferroviaria que afogou, na dor polos preto dos 80 mortos, a ledicia das festas compostelás e as manifestacións do día da patria-, a gaita soaba melancólica na igrexa da Compañía de María, a carón do vello edificio da Universidade compostelán, co son do himno do antigo Reino de Galiza para dicirlle o derradeiro adeus da familia, irmás de congregación e numerosas amigas e amigos a unha monxa atípica: Herminia Estoa Bouso.

O empresario galeguista Paz-Andrade tamén imputado por Pescanova

O empresario galeguista Paz-Andrade tamén imputado por Pescanova

Ademais de imputar a Fernández de Sousa, o xuíz Ruiz inclúe tamén no caso a Alfonso Paz-Andrade, empresario galeguista, anterior conselleiro delegado e con grande peso en fundacións e entidades culturais, entre elas, a Castelao, Luis Seoane ou Consello da Cultura Galega. 

Morreu o histórico galeguista do PSOE Ceferino Díaz

Morreu o histórico galeguista do PSOE Ceferino Díaz

Finou aos 65 anos vítima dun cancro. Polí[email protected] que partillaron con el anos de traballo no Parlamento galego e no Congreso español destacan a súa capacidade de  traballo. Pachi Vázquez enfatiza o seu labor a prol "da incorporación do pensamento e do sentimento galeguista á conformación do PSdeG como alternativa á dereita" na Galiza