galiza
O BNG pon ritmo á campaña
De Youtube a Spotify

O BNG pon ritmo á campaña

“É o momento” é o título do videoclip que o BNG vén de lanzar nas redes para chamar ao voto o 28 de abril. Rock, rap e toques tradicionais reforzan a aposta política do Bloque pola promoción da creación e a defensa da cultura galega.

A crise industrial e os orzamentos centran o debate na TVG
Eleccións xerais

A crise industrial e os orzamentos centran o debate na TVG

Candidatas e candidatos que compiten polos escanos de Galiza debateron esta terza feira no plató da TVG sobre as eleccións xerais. O debate emitiuse nunha hora de baixa audiencia a pesar do interese mediático que suscita a campaña electoral.

“Galiza ten que medrar e estar orgullosa de existir”
As eleccións a ollos de… Ledicia Costas

“Galiza ten que medrar e estar orgullosa de existir”

A escritora Ledicia Costas considera necesario que Galiza conte cunha voz propia “e pelexar polo noso”, para deixarmos de ser tratados como periferia e medrar así como unha nación orgullosa de existir e con orgullo tamén da súa lingua e cultura. 

Como conseguir abaratar a factura da luz?
Espimos os programas

Como conseguir abaratar a factura da luz?

Galiza exporta entre o 30 e o 40% da enerxía que produce e, a pesar de ser excedentaria e de soportar o impacto ambiental das empresas enerxéticas, as galegas e galegos pagamos o recibo da luz máis caro do Estado español. Vexamos que medidas defenden a este respecto as distintas formacións que se presentan na Galiza ás eleccións xerais do 28A.

Pasou o Nadal, volve o paro

Pasou o Nadal, volve o paro

Aumentou en 5.505 persoas en xaneiro. Decembro supuxo un 'parón' no incremento do paro que se levaba rexistrando desde xullo. A Seguridade Social perdeu nese mes case 14.000 persoas afiliadas. Os sindicatos denuncian o "deterioro" do mercado laboral galego.

Galiza perdeu 95.000 habitantes desde o ano 2009

Galiza perdeu 95.000 habitantes desde o ano 2009

Galiza é un dos nove territorios do Estado que perderon poboación desde 2009. A proxección para a vindeira década é igual de desacougadora: o número de habitantes baixará aos 2.620.000 habitantes, 80.000 menos que agora. 

Literatura de África a Galiza
Das africanas praias

Literatura de África a Galiza

O semanario Sermos Galiza estreou este 2019 a sección “Das africanas praias”, unha escolma de textos de mulleres africanas ou afrodescendentes da man de Xoán Costa. “É bon contribuír, desde aquí, a internacionalizar unha maneira de ver África e a súa problemática reflectiva a través da literatura sen interferencias interpostas”, explica.

Os orzamentos da aldraxe
Editorial Sermos330

Os orzamentos da aldraxe

Galiza é o territorio do Estado que soporta o maior recorte en investimentos nos orzamentos do Goberno de Pedro Sánchez: unha caída do 19%, 180 millóns menos que deixan a cantidade por baixo dos 760 millóns. O recorte nos orzamentos —que saíron dun pacto...

OPINIÓN

2019? Velaquí a cuestión!

O ritual consumista e de “bos costumes” marca o ciclo de cambio de entrada de ano, coa circunstancial ledicia de superar os malos momentos que concorreron no ano que rematou de fenecer. Con este simplismo un convértese en cómplice de dar as boas vindas a un ciclo...

Galiza nun mapa saxón do século XIII
Galiza no mapa

Galiza nun mapa saxón do século XIII

De autor descoñecido e datado no século XIII, no mapa de Ebsfort apenas dedica un lugar subsidiario á Península Ibérica. Esa desatención contrasta co espazo dedicado a Galiza, designada na cartografía como Gallicia regio, isto é reino de Galiza, así como as dúas cidades máis importantes, Santiago de Compostela, asociada á súa grandiosa catedral, e Brigantia, ligado ao seu faro, enclave chave das relacións marítimas galego británicas. Eis un extracto da información publicada ao respeito no número 327 de Sermos Galiza.

OPINIÓN

“Levántate e anda! Coma en Irlanda!”

Calquera persoa que coñeza un pouco a historia de Irlanda ou mesmo estivese alí, pode saber que a sociedade irlandesa e a galega son moi similares. Dende os celtas á inmigración pasando pola ocupación doutro país ou as clases sociais. Pero que sabemos das súas linguas?

...
OPINIÓN

Fatalidade de turismo

Será que vivimos no século máis exhibicionista ou que o viaxeiro pasou do elitismo de Stendhal ao simple voyeur de clase media que mide a vida en megapíxeles. Non é un fenómeno galego senón universal. Xunto á xentrificación residencial das grandes...

Os custos sanitarios das centrais térmicas en Galiza

Os custos sanitarios das centrais térmicas en Galiza

A plataforma ‘Galiza, un futuro sen carbón’ pide ao Goberno español e á Xunta unha “transición enerxética xusta” e o abandono do carbón antes de 2025. “Os custos sanitarios das centrais de carbón en Galiza son de 430 millóns de euros anuais”.

O Reino de Galiza nun mapa alemán de 1472
Galiza no mapa

O Reino de Galiza nun mapa alemán de 1472

O Rudimentum Novitorum, do tipógrafo alemán Lucas Brandis, recolle o primeiro mapamundi impreso, de 1472, que presenta Galiza e España como dúas realidades diferentes. Trátase dunha monumental historia da humanidade de 475 páxinas. Eis un extracto da peza publicada ao respecto no número 323 de Sermos Galiza.

OPINIÓN

España non mira polo noso

Vaia balbordo o do Brexit! Porque outravolta o PSOE de Sánchez mercoulle á dereita española o seu concepto de España como realidade uninacional plurisecular para centrar a súa oposición ao acordo UE-Reino Unido (UK) sobre o Brexit no estatuto de Xibraltar....

A Galiza afortunada

A Galiza afortunada

Na Galiza hai actualmente 7.708 persoas que teñen que pagar o Imposto de Patrimonio. É dicir, que son ricas. Acumulan unha fortuna que abeira os 40.000 millóns de euros. Un patrimonio que equivale a catro veces os orzamentos da Xunta para 2019 ou a 60% do PIB de Galiza. Eis un extracto da reportaxe publicada ao respecto no número 321 de Sermos Galiza.

25.000 mortes en Galiza pola gripe de 1918
A ÚLTIMA PESTE

25.000 mortes en Galiza pola gripe de 1918

1918 ficou para sempre na memoria das persoas que nos precederon como o ano da gripe. A pandemia, considerada como a última e máis mortífera das pestes da historia da humanidade, desembarcou na Galiza no mes de outono provocando varias miles de mortas e mortos. Ao tempo, evidenciou os problemas da sociedade galega, o carácter das políticas dos gobernos da quenda e agudizou as contradicións do réxime da I Restauración. Eis un extracto da peza que publicamos ao respecto no Sermos Galiza número 317.

Pensións galegas, 146 euros ao mes por debaixo da media estatal
Sermos313

Pensións galegas, 146 euros ao mes por debaixo da media estatal

Un dos problemas crónicos do modelo socioeconómico de Galiza son as pensións. Desde que existen rexistros estatísticos, este tipo de prestacións —principalmente as de xubilación, por seren as máis numerosas sitúanse, invariabelmente, no comboio de cola do Estado: un pensionista galego cobra, de media, 809,90 euros, segundo os últimos datos dispoñíbeis, correspondentes a agosto, o que supón 146 euros menos que a media estatal. A comparativa é aínda máis desfavorábel no caso vasco. Alí, un pensionista cobra perto de 1.190 euros ao mes.

 

Galiza no grande mapa europeo do século VII
Galiza no mapa

Galiza no grande mapa europeo do século VII

Coñecido como o Anónimo de Rávena ou o Ravennate, foi elaborado por un monxe da cidade italiana de Rávena aproximadamente á volta do 670. Este mapa documenta de xeito claro a realidade política galega do século VII. Eis un extracto da información que publicamos sobre a cartografía no Sermos Galiza número 308.

Xoán I, o fillo de Afonso X que restaurou a independencia de Galiza
Historia

Xoán I, o fillo de Afonso X que restaurou a independencia de Galiza

Xoán I será proclamado rei de Galiza en 1296. Nado en 1262 do matrimonio entre Violante de Aragón e Afonso X, casaría sucesivamente con Margarita de Montferrato e María Díaz de Haro, revolvéndose contra o seu pai nos anos finais do seu reinado. A coroación de Xoán I expresa a vontade dos núcleos reitores da sociedade galega por contar cun reino de seu, arredado de Castela e achegado a Portugal.

OPINIÓN

O dependentismo que nos amola

O dependentismo acredita que Galicia é pobre e non é quen de se autogobernar, dependendo da axuda ou suposta solidariedade dun Estado recentralizado no político e no económico. Tampouco sería quen de promover un desenvolvemento económico baseado nas novas tecnoloxías...

Galiza no mapa da raíña Sancha
Galiza no mapa

Galiza no mapa da raíña Sancha

Recuperamos desta volta unha cartografía promovida á altura de 1047 pola raíña Sancha I para a educación dos seus fillos. Recóllese o Iberus (actual río Ebro) como fronteira divisoria entre Gallecia, denominación do reino cristián peninsular, e Spania, área ibérica gobernada polos árabes.

Galiza, sen sardiña

Galiza, sen sardiña

O feche para as frotas do xeito e do cerco desta pesquería chave indigna o sector do mar.

OPINIÓN

Conxuntura, obxectivos e complicidade social

A eliminación do Reino de Galiza como suxeito de dereito e da súa división en provincias, así como a reclamación de liberdades democráticas, foron as causas para a Revolución cívico-militar de 1846. Reclamábanse os dereitos do noso povo a...