henrique-harguindey
Extremo e fin  (pondo o ramo), por Henrique Harguindey
Como dicilo?

Extremo e fin (pondo o ramo), por Henrique Harguindey

Rematando, logo, esta serie de Como dicilo? que xenerosamente acolleu Sermos Galiza, falaremos hoxe moi rapidisimamente das extremidades (brazos e mans, pernas e pés) e o seu reflexo na fraseoloxía.

 

A locución a brazo...

Tronco, por Henrique Harguindey
Como dicilo?

Tronco, por Henrique Harguindey

Seguindo coa fraseoloxía creada a partir da totalidade do corpo humano, temos agora o tronco, que por tras está constituído -dende o pescozo ao van ou cintura- polas costas ou lombo e mais –dende o van ao comezo da perna- polo cu ou traseiro, que chamamos as...

Colo, por Henrique Harguindey
Como dicilo?

Colo, por Henrique Harguindey

Preguntáballe un día a un seu colega unha pediatra nicaraguana temporalmente en Galiza : "Que es lo que las madres les dan aquí tanto de comer a sus hijos ? Que es eso de colo ?  Porque claro –me dicen ellas- el niño me pide colo,...

Cabeza, por Henrique Harguindey
Como dicilo?

Cabeza, por Henrique Harguindey

Iniciamos hoxe -cando imos pondo remate a esta serie de artigos en Sermos- un rápidísimo e pequeniño percorrido do corpo humano no que á fraseoloxía se refire. Comezamos, loxicamente, pola cabeza ou testa, da que xa temos falado algo.

 

Enriba da testa...

Como como [por Henrique Harguindey]
COMO DICILO?

Como como [por Henrique Harguindey]

Se dicimos Ese rapaz é un pimpín, engánano todos estamos facendo unha metáfora. Se dicimos A ese rapaz engánano todos como a un pimpín estamos facendo unha  comparanza, unha comparación.

 

A vella distinción escolar diferencia...

Xan e Pedro [por Henrique Harguindey]
Como dicilo?

Xan e Pedro [por Henrique Harguindey]

Xoán e mais Pedro son dous dos nomes máis populares nas linguas europeas dende a aparición do cristianismo, e proceden do hebreu. Os dous —é ben sabido— denominan dous apóstolos seguidores de Cristo dende a primeira hora, e a masiva transmisión dos seus nomes no mundo...

Mal, e a peor [Henrique Harguindey]
Como dicilo?

Mal, e a peor [Henrique Harguindey]

Ás veces ofuscámonos ante un problema difícil e non lle damos atopado solución, non damos visto a saída, mesmo que a teñamos de diante dos ollos. Como di unha frase feita  utilizada en distintas linguas: as árbores non nos deixan ver o...

Gorxa [por Henrique Harguindey]
Como dicilo?

Gorxa [por Henrique Harguindey]

Tan instalada está entre nós a palabra, que a maioría das persoas se sorprende ao saber que é de orixe francesa. Pois si: gorxa ‘ garganta’ procede do francés gorge, de onde pasou a outras linguas románicas como o catalán e o galegoportugués ou o...

A pré [por Henrique Harguindey]
Como dicilo?

A pré [por Henrique Harguindey]

É moi empregada en Galiza, mesmo falando en castelán, a locución a pré (estar a pré, quedar a pré, saír a pré) e úsase para sinalar un balance de igualdade entre dúas partes ou persoas: non haber perdas nin gaños. Diríamos que queda a pré alguén que lle paga...

Nin…(por Henrique Harguindey)
Como dicilo?

Nin…(por Henrique Harguindey)

Ás veces, para negar dous elementos, atopamos frases negativas construídas cun primeiro adverbio non e un segundo nin (por exemplo: Hoxe non almorcei nin xantei) aínda que  tamén podemos —e é máis frecuente— construír a frase con nin nos...

A escape [por Henrique Harguindey]
Como dicilo?

A escape [por Henrique Harguindey]

Falamos xa hai tempo de locucións que caracterizan unha acción ou progresión lenta, como a modo e outras semellantes. Corresponde tamén, pois, falar de mecanismos gramaticais e locucións que marcan a présa, a rapidez ou a inmediatez temporal. Xa citamos os...

Ela e el [por Henrique Harguindey]
Como dicilo?

Ela e el [por Henrique Harguindey]

Existe na nosa lingua un feixe de locucións formadas co pronome persoal suxeito de terceira persoa el/ela, eles/elas nas que destaca a maior presenza do feminino e case sempre cunha caracterización predominantemente negativa. Pegada do sexismo na fala?

'Pescada', por Henrique Harguindey
Como dicilo?

'Pescada', por Henrique Harguindey

En galegoportugués preferimos dicir peixe, mais iso non significa que non poidamos empregar pescado (participio do verbo pescar e, daquela, tamén, ‘o que se pesca’, sinónimo de peixe).

 

Un peixe específico, unha especie moi...

De balde, por Henrique Harguindey
COMO DICILO?

De balde, por Henrique Harguindey

Gratis et amore, di unha expresión latina significando «por graza, (graciosamente, gratuitamente) e por amo ». E nós, os  falantes de distintas linguas–e case sempre sen sabelo- seguimos a empregar esa locución latina, agora abreviada en...

Pano [por Henrique Harguindey]
COMO DICILO?

Pano [por Henrique Harguindey]

Na fraseoloxía das diferentes linguas  son abondosas as paremias, os ditos, que sinalan  como os descendentes, fillos e fillas, asemellan —quer no físico quer no comportamento— aos seus proxenitores e proxenitoras, pais e nais. En galego temos numerosos...

Fío [por Henrique Harguindey]
Como dicilo?

Fío [por Henrique Harguindey]

O fío, nunha definición primaria, podemos dicir que é a fibra de materia téxtil que serve para coser ou para tecer, para confeccionar un tecido, unha tea, un pano. E ao coser unimos dous puntos, prendémolos e apertámolos co fío nunha puntada. Dar unha puntada sen fío...

A virada [por Henrique Harguindey]
Como dicilo?

A virada [por Henrique Harguindey]

Falabamos no artigo anterior da diferenza entre o galego mariñeiro, o da nosa beiramar, e o do interior. Tampouco o galego mareiro constitúe un falar homoxéneo e hai variantes entre unhas áreas e subáreas e outras. No libro do filólogo Francisco...

Mar [por Henrique Harguindey]
Como dicilo?

Mar [por Henrique Harguindey]

Galiza é un país marítimo. Mil cincocentos quilómetros de costa conforman un amplo arco atlántico na punta suroccidental de Europa.  E na banda da beiramar vive a maior parte da poboación galega. Naturalmente, a poboación do interior non vive a carón do mar, mais...

Prebe [por Henrique Harguindey]
COMO DICILO?

Prebe [por Henrique Harguindey]

O vello truco. Está un tranquilamente na casa cando chama o teléfono: “Somos da empresa X e chamámolo para comunicarlle que nun sorteo celebrado hoxe correspondeulle o premio de X (unha manta/un robot de cociña/unha colección de libros/ etc. ) polo que queremos...

O alén [por Henrique Harguindey]
Como dicilo?

O alén [por Henrique Harguindey]

O alén: o outro mundo no que os vivos queremos crer para nos acollermos ante a idea de desaparecer para sempre. Un mundo que ás veces o tabú da morte nos fai evitar de mentar. Dicimos sinxelamente alá. Non é preciso concretar, pois tanto quen fala como quen escoita...

Diante [por Henrique Harguindey]
Como dicilo?

Diante [por Henrique Harguindey]

É doado decatarse de que a orixe do adverbio de lugar diante está en de ante. Mais ese de que tiñamos antes témolo xa esquecido, polo que non dubidamos en volver poñelo, desta vez despois: diante de. O mesmo acontece co seu adverbio...

Doutra maneira [por Henrique Harguindey]

Doutra maneira [por Henrique Harguindey]

Falabamos esoutro día, no artigo Sen folgos, do mecanismo de infiltración dun idioma dominante sobre dun idioma dominado, e de como a invasión de características lingüisticas alleas en substitución das propias coñece a fase de creación dun crioulo e leva á...

Correr ou parar [por Henrique Harguindey]
Como dicilo?

Correr ou parar [por Henrique Harguindey]

Cando queremos deixar constancia de que algo non nos interesa nadiña e que non imos mover unha palla para preocuparnos diso, podemos empregar o dito ben expresivo Tras do que non corro, non canso, é dicir: "Non penso perder un minuto nin fatigarme o máis mínimo nese...

Potes, potas e cazolas [por Henrique Harguindey]
Como dicilo?

Potes, potas e cazolas [por Henrique Harguindey]

A cociña —e a lareira no seu momento— é unha das dependencias máis importantes da casa, senón é a máis importante. Nela prepárase a comida de todo o día para a familia enteira. Certo é que os hábitos alimentarios foron mudando co tempo e a evolución social, e máis co...

Diálogos [por Henrique Harguindey*
Como dicilo?

Diálogos [por Henrique Harguindey*

No eido da Fraseoloxía (parte da Lingüística que estuda as frases feitas e locucións) os grupos de palabras adquiren, por riba da súa función habitual, a comunicativa, unha función expresiva, que é a que prima entón. As locucións, as frases feitas, non transmiten xa o seu...

Correr e voar [por Henrique Harguindey]
Como dicilo?

Correr e voar [por Henrique Harguindey]

É galega a locución o que non corre, voa? En principio, parece que se trata dun calco do español el que no corre, vuela e que se documenta só a partir do século XX mais iso tampouco non fornece unha resposta definitiva, que precisaría dun estudo máis fondo. O...

Contas [por Henrique Harguindey]
Como dicilo?

Contas [por Henrique Harguindey]

Ás veces, non é que as cousas non nos saian ben senón que nos saen moi mal. E, daquela, xa non nos conformamos con frases da expresión lingüistica normal e cotiá (Saíume mal isto ou aquilo, Saíume mal a xogada ou o choio, ou o asunto, Saíronme...

De min a ti [por Henrique Harguindey]
Como dicilo?

De min a ti [por Henrique Harguindey]

Nos pronomes persoais de primeira e segunda persoa temos en galego dúas series de formas diferentes que aparecen na frase da cabeceira de hoxe: eu/min e mais tu (ou ti)/ Imos comentar esas formas antes de entrarmos no contido da locución.

Con r [por Henrique Harguindey]
COMO DICILO?

Con r [por Henrique Harguindey]

Dende hai séculos, tras aquel tempo dos irmandiños, moitos galegos e galegas perderon a fe nas súas propias forzas, na súa capacidade para mudaren a súa condición e o seu futuro e interiorizaron o papel de servos e criados que a nación galega segue asumindo e afondando. A...

Bicos [por Henrique Harguindey]
Como dicilo?

Bicos [por Henrique Harguindey]

Unha das palabras máis populares do noso idioma -tanto entre propios como entre foráneos- é bico. A palabra esperta entre nós un inmediato sentimento de agarimo e de dozura. E, naturalmente a súa pegada na nosa lingua foi grande, tamén no eido da fraseoloxía.

Moi difícil [por Henrique Harguindey]
Como dicilo?

Moi difícil [por Henrique Harguindey]

Cando unha acción resulta moi difícil de realizar, que costa moito traballo facela, dicimos en galego figuradamente que custa ferro e fariña ou que custa ferro e fouce. En español, o seu equivalente sería costar Dios y ayuda.

De ollo
Como dicilo?

De ollo

A palabra ollo, inicialmente ‘órgano do sentido da vista’, pode adquirir diferentes significados (o ollo dunha pataca, os ollos do queixo, o ollo dunha agulla, etc) e formar parte de numerosas expresións (a ollo, botar un ollo, ter de ollo, entrar algo ou...

Farruco [por Henrique Harguindey]
Como dicilo?

Farruco [por Henrique Harguindey]

Choncha, Suso, Lela ou Canducho son formas familiares de nomes de persoas en galego para Concepción, Xesús, Manuela e Cándido. Son o que se coñece co termo técnico de hipocorísticos. A esta categoría pertence tamén Farruco, un dos hipocorísticos de Francisco,...

Mico [por Henrique Harguindey]
Como dicilo?

Mico [por Henrique Harguindey]

É frecuente, en distintas linguas, a partir de voces como mi, miá, miañ, miñá, mix, mic, etc.  construír palabras relacionadas co gato e as súas accións, palabras onomatopeicas que evocan os sons emitidos por este animaliño. Por exemplo, en galego, miar, miañar, miadela, miadura e a propia denominación familiar que usamos para o gatiño : mico, mica  (ou micho, micha).

Tocar [por Henrique Harguindey]
Como dicilo?

Tocar [por Henrique Harguindey]

Aí atrás citabamos unha nosa cantiga popular (pousa, pousa e non me toques  aquela cousa)  que utiliza o verbo tocar xogando co dobre sentido do verbo. A ambigüidade nace  entre os dous significados que o dicionario da Academia...

De cortar o alento [por Henrique Harguindey]
Como dicilo?      

De cortar o alento [por Henrique Harguindey]

Entre os motivos polo que se pode producir nunha persoa un corte momentáneo do alento, unha interrupción da respiración, está o dunha repentina e fortísima impresión. Bate nela coma un lóstrego mais decontado se recupera, senón morrería.

 

Podemos falar...

Máis canteiros [por Henrique Harguindey]
Como dicilo?

Máis canteiros [por Henrique Harguindey]

Como prometimos a semana pasada, continuamos co mesmo asunto no canto de abandonalo. No canto de, velaí unha nova locución equivalente a ‘en lugar de’.

 

O Dicionario da Lingua Portuguesa da Porto Editora recolle como segunda acepción de...

Canteira [por Henrique Harguindey]
Como dicilo?

Canteira [por Henrique Harguindey]

Non me estou a referir á expresión de uso maiormente futbolístico ou deportivo en xeral –mais tamén trasladábel a outros eidos- senón a unha locución que creo de orixe recente e ámbito galego: facer canteira ‘provocar rotura e destrozo´.

Nin traza nin baraza [Henrique Harguindey]
Como dicilo?

Nin traza nin baraza [Henrique Harguindey]

Pode que se siga a empregar a expresión non ten traza nin baraza, que o padre Sobreira documentaba na segunda metade do século XVIII. Unha locución que lembra decontadiño outras de estrutura bimembre que xa temos sinalado como non ten eira nin beira...

Apertar a porca [por Henrique Harguindey]
Como dicilo?

Apertar a porca [por Henrique Harguindey]

Unha acepción da palabra porca é, segundo o dicionario da Academia Galega, a de “Peza de metal cun oco no centro, labrado en espiral, onde se enrosca o parafuso". O mesmo en portugués, onde, como en galego, se usa con frecuencia nos contextos de apertar, desapertar,...

Voces e noces [por Henrique Harguindey]
Como dicilo?

Voces e noces [por Henrique Harguindey]

Son máis as voces que as noces dicimos en galego e en portugués. Explica moi ben a locución António Nogueira Santos: "Diz-se quando a fama excede a realidade, quando as pretensões vão muito além das possibilidades", e dá como equivalente ser mais...

Axiña [por Henrique Harguindey]
Como dicilo

Axiña [por Henrique Harguindey]

Repararon as lectoras e os lectores en que nos últimos tempos está a desaparecer da lingua escrita a palabra axiña? Pois si, está sendo sistematicamente substituída pola palabra pronto. E se desaparece da escrita acabará desaparecendo da fala.

 

Existe...

O día dos burros [por Henrique Harguindey]
Como dicilo

O día dos burros [por Henrique Harguindey]

Non sei se seguirá a celebrarse por algunhas terras galegas o “día dos burros”. Cando eu viñen vivir ao Morrazo -hai máis de corenta anos- celebrábanse aínda reminiscencias: unha boa parte do alumnado do Instituto de Cangas gastáballe unha broma a compañeiros e compañeiras...

Ou sol ou chuvia [por Henrique Harguindey]
Como dicilo?

Ou sol ou chuvia [por Henrique Harguindey]

Non poden producirse, ao mesmo tempo e no mesmo lugar, dúas accións contrarias. É o que exemplifica ben esta cantiga galega:

 

        A un tempo non pode ser
        o ter e máis o...