henrique-harguindey
Mallar [por Henrique Harguindey]
Como dicilo?

Mallar [por Henrique Harguindey]

Mallar é, primitivamente, bater cun instrumento agrícola chamado mallo para separar o gran da palla nos cereais despois da colleita. Ese labor, en tempos efectuado manualmente na eira e hoxe por aparatos mecánicos, é a malla.

 

Cousas e lousas [por Henrique Harguindey]
Como dicilo?

Cousas e lousas [por Henrique Harguindey]

Hai cousas que mesmo parecen lousas. Velaí unha frase feita que recollía Federico Zamora no seu útil libro Refráns e ditos populares galegos  (Galaxia, 1972). Esa recadádiva presenta, con todo, unha eiva: non explica o sentido...

Arganas [por Henrique Harguindey]
COMO DICILO?

Arganas [por Henrique Harguindey]

Citabamos esoutro día a frase galega Facer dunha aresta un palleiro, é dicir ‘facer dun asunto miúdo un problema enorme’. Os portugueses teñen unha frase equivalente en Fazer de um argueiro um cavaleiro. Como...

Raxo [por Henrique Harguindey]
Como dicilo?

Raxo [por Henrique Harguindey]

Ben sabemos que o galego procede do latín: a súa fonética, a súa morfoloxía, o seu léxico e a súa sintaxe condicionaron os nosos. As nosas palabras son evolución das latinas (clásicas, é dicir antigas, ou...

Madia leva! [por Henrique Harguindey]
COMO DICILO?

Madia leva! [por Henrique Harguindey]

Madia leva, ou Madia che leva. Ou tamén Madia levas, madia ten e outras variantes. E mesmo co acento no i: Madía. Velaí unha construción ben galega e ben polivalente. E ben misteriosa canto á súa orixe. Imos só poñer...

Nin eira nin beira [por Henrique Harguindey]
COMO DICILO?

Nin eira nin beira [por Henrique Harguindey]

Unha bonita locución moi empregada en Portugal e o Brasil caracteriza certeiramente a persoa que está nunha pobreza extrema dicindo que não tem eira nem beira. Normalmente incorpórase á frase unha pequena prolongación:...

Lume [por Henrique Harguindey]
COMO DICILO?

Lume [por Henrique Harguindey]

A produción e o control do lume foi unha das máis gandes conquistas da humanidade. A partir dese momento puido cociñar e comer quente, combater o frío, protexerse ante ataques de depredadores e realizar outros labores esenciais na vida das...

Castelos no ar [por Henrique Harguindey]
Como dicilo?

Castelos no ar [por Henrique Harguindey]

Din os portugueses Fazer castelos no ar, para, sen base ningunha, sen alicerces, levantar algo que axiña se pode derrubar doadamente como cartas en pé. É como construír na area. Máis que fabricar algo consistente pois é tecer...

Area [por Henrique Harguindey]
COMO DICILO?

Area [por Henrique Harguindey]

A area é un conxunto de partículas de orixe mineral, aínda que tamén pode referirse a unha partícula ou a algunhas por separado. E en sentido figurado, falamos de unha area ou unhas areas  para partículas...

Regañar [por Henrique Harguindey]
COMO DICILO?

Regañar [por Henrique Harguindey]

En galego o verbo regañar é sinónimo de ‘fender, lañar, abrirse en regañas’ (A parede regañou/ Coa seca a terra estaba toda regañada, etc.). Non ten na nosa lingua o significado que é...

Con pelica de animal [por Henrique Harguindey]
COMO DICILO?

Con pelica de animal [por Henrique Harguindey]

Como lle cadra á súa importancia e presenza na sociedade galega tradicional, Xan tamén é un dos nomes máis presentes nesoutro mundiño dos contos que pinta o noso baixo pelica de animal. É o nome dun dos...

Tanto/igual
COMO DICILO?

Tanto/igual

Para sinalarmos a equivalencia de dúas accións, dúas cousas ou dúas persoas, empregamos en galego frases construídas co verbo ser/ dar, ter e os dous termos comparativos tanto/tan…como, coma…...

Da testa ao rabo (ou viceversa) [por Henrique Harguindey]
COMO DICILO?

Da testa ao rabo (ou viceversa) [por Henrique Harguindey]

O rabo, a parte derradeira do animal se imos de enriba a embaixo ou de diante para atrás, pódese comer ou non, mais está claro que entrementres siga aí, a cousa non está rematada. Aínda está o rabo por esfolar...

Non che é por aí [por Henrique Harguindey]
COMO DICILO?

Non che é por aí [por Henrique Harguindey]

Ás veces, cando alguén está a nos contar algo que nos parece deliberadamente enganoso, facémoslle un sinal inequívoco de suave desacordo, de advertencia amistosa. O máis frecuente é que levemos o dedo índice dunha man...

Da boca [por Henrique Harguindey]
COMO DICILO?

Da boca [por Henrique Harguindey]

Coméntame o meu amigo Luís Cachafeiro unha expresión (Boca pecha non teme o que veña) dun dos protagonistas do conto de Ánxel Fole O tesouro. Ramón, o criado do pazo de Louxío, di nun momento: “A mellor palabra é a que está por dicir, como din os vellos. Boca pecha non teme o que veña”. Efectivamente, a segunda frase  asemella un refrán e Luís apunta ben cando  a achega ao español En boca cerrada no entran moscas. A min gústame  tamén máis a frase do Ramón, e vexo no dicionario de Eladio Rodríguez Boca pechada é forte coma unha muralla, un refrán que viría corroborar o carácter tradicional da frase do conto.

A excepción e a regra [por Henrique Harguindey]
COMO DICILO?

A excepción e a regra [por Henrique Harguindey]

Dis que non hai regra sen excepción, ou que a excepción confirma a regra, mais non queremos traer aquí un debate sobre a razón ou a precisión deste aserto senón lembrarmos o principio de que, para establecer unha conclusión,...

Cacho [por Henrique Harguindey]
COMO DICILO?

Cacho [por Henrique Harguindey]

Para entendermos ben as locucións formadas en galego coa palabra cacho  debemos ter presentes algunhas cousas:

 

1.-En latín clásico "cabeza" dicíase căput e desta palabra deriva o...

Enrugas [por Henrique Harguindey]
COMO DICILO?

Enrugas [por Henrique Harguindey]

Da palabra latina rūga ‘enruga da cara’ procede –como é doado constatar- o galego enruga/arruga ; simplemente se lle engadiu o prefixo en ou a. Actualmente a normativa só contempla como...

Que queiran, que non [por Henrique Harguindey]
COMO DICILO?

Que queiran, que non [por Henrique Harguindey]

As galegas e galegos que contamos xa unha certa idade (de setenta para enriba), lembramos ben que cando eramos rapazas e rapaces o galego impregnaba fortemente o “castelán de Galiza”. Teño aludido xa outras veces a esta presenza constante do...

Drones ou drons?
COMO DICILO?

Drones ou drons?

Hai meses lera: "Drones da Axencia Galega de Emerxencias (Axega) incorpóranse este mércores á busca do octoxenario".  E agora leo: "Na busca de drons que fagan a vendima". Daquela como é:...

Orde social
COMO DICILO?

Orde social

Distintos son, a través dos séculos, os modelos para conformar a  orde social, o que se entendería por unha sociedade xusta. E non só mudan cos tempos: tamén nunha mesma época se enfrontan diferentes visións,...

COMO DICILO?

Renxe ou trisca ?

Unha das cualidades máis solicitadas do pan fresco (proba de que a codia está duriña, ben cocida, mais tamén tenra) é que faga un ruídiño como de estalar, cando rompe suavemente, quer baixo a presión da man quer dos...

Ledo
Como dicilo?

Ledo

Ou alegre, que as dúas son palabras galegas. Ou –chegado o momento- tamén contento/contente.  E, naturalmente, en feminino: leda, contenta. Porque todo o mundo (case) o está en tempo de festa e Galiza segue a ser malia...

COMO DICILO?

Inocente

Inocentiño como un neno, unha nena de colo que está a dar as primeiras falas e o os primeiros pasos inseguros. Un nené ou unha nené, porque o xénero da palabra distínguese só polo artigo ou outro...

De churras e de merinas
COMO DICILO?

De churras e de merinas

As cousas, os seres vivos, as accións, os conceptos, aseméllanse e mais tamén diferéncianse. É ben coñecelos axeitadamente para non confundilos, maiormente cando as semellanzas corren o perigo de nos enganar. Así,...

Como dicilo?

Empinar o cóbado

Temos lido ás veces  -mesmo en publicacións especializadas galegas-  a frase empinar o cóbado, que é un simple calco do español empinar el codo. Como é ben coñecido, significa beber e...

Como dicilo?

Dez ou doce

Naturalmente, cando nos referimos a unha cantidade exacta non podemos confundila: dez unidades son ben distintas de doce. Ou o que é o mesmo, unha decena  distinta a unha ducia.

 

Na actualidade prima entre nós o...

Pola tanxente
Como dicilo?

Pola tanxente

O  dicionario on line da Academia Galega define a locución escapar pola tanxente /saír pola tanxente como "Eludir unha dificultade ou unha situación que presenta conflito, mediante algún artificio, por exemplo, respondendo...

Como dicilo?

Qué morro!

Un amigo meu, cando sente un rapaz ou unha rapaza (pois ao ser expresión de xente nova adoita ser o caso) dicir  "Qué morro", retrúcalle retranqueiro:  "Non morras, meu neniño! /miña...

Como dicilo? (2)    

O falar ten cancelas

Coa linguaxe expresamos as nosas necesidades, sentimentos e ideas. Expresámosllelos ás outras persoas. A nosa fala, pois, móvese entre o individual e o social.  É unha ferramenta de comunicación –cos demais, claro- que ten que...