hirak
"A posición da UE ante a represión no Rif é de total covardía"
Mohamed Reda Ben Zaza, portavoz do Hirak

"A posición da UE ante a represión no Rif é de total covardía"

O Rif continúa a ferver. As masas que se ergueron en 2016 contra a vulneración dos dereitos humanos máis básicos por parte de Marrocos non se dan en absoluto por vencidas, pese á dureza da represión. É un país virtualmente ocupado, "militarizado", segundo a expresión de Mohamed Reda Ben Zaza, o portavoz do Hirak [Movemento Popular do Rif] no exilio. "Felizmente o pobo está organizado e unido", afirma. Ben Zaza asistiu en Compostela aos actos do Día da Patria Galega, convidado polo BNG.