ilp
Máis de 13.000 sinaturas para que a enerxía hidroeléctrica reverta na Galiza

Máis de 13.000 sinaturas para que a enerxía hidroeléctrica reverta na Galiza

CIG presentou no rexistro do Parlamento galego as 13.731 firmas de apoio á ILP para a xestión pública dos aproveitamentos hidroeléctricos nos ríos galegos. Unha iniciativa máis do sindicato, remarcou o seu secretario xeral Paulo Carril, para que as administración asuman a enerxía como “un servizo público” no canto dun simple “ben de consumo”.

ILP: a voz que cercena o rolete do PP
PARTICIPACIÓN

ILP: a voz que cercena o rolete do PP

As iniciativas lexislativas populares (ILP) son unha das ferramentas que naceron co obxectivo de favorecer e impulsar a participación cidadá na actividade lexislativa a través do Parlamento. Unha ferramenta que ao longo destes anos a sociedade empregou en non poucas ocasións para defender cuestións como a sanidade pública (31.000 sinaturas de apoio) ou o bosque autóctono e freo da eucaliptización (42.000 firmas) mais que ficaron na papeleira. Eis un extracto da información publicada ao respecto no semanario en papel Sermos Galiza número 348.

A Alianza Rural Galega reuniu xa as 10 mil asinaturas precisas para a ILP sobre o monte

A Alianza Rural Galega reuniu xa as 10 mil asinaturas precisas para a ILP sobre o monte

O prazo para as conseguir féchase este 25 de xuño, mais a ARG xa as tería reunido. A Alianza Rural Galega -plataforma que agrupa Adega, a Fruga, a CIG e a Asociación Galega de Comunidades de Montes- mantivo esta segunda feira un encontro no Pazo do Hórreo con Ana Pontón e Xosé Luís Rivas 'Mini', portavoz nacional e voceiro parlamentar de Meio Rural do BNG, respectivamente.

Case 30.000 voces a prol doutro status para o galego no mundo da empresa e o traballo
Esta terza feira, debate da ILP da Mesa no Hórreo

Case 30.000 voces a prol doutro status para o galego no mundo da empresa e o traballo

Unha Iniciativa Lexislativa Popular para o galego avanzar no ámbito socieconómico. Iso é o que se vai debater esta terza feira (a partir das 18.00 horas) no Parlamento galego. Vaina defender no Pleno Marcos Maceira, presidente da entidade promotora, a Mesa pola Normalización Lingüística. Non estará só: 28.000 asinaturas respaldan a ILP. Da maioría absoluta do PP dependerá que esas voces se convertan en lei.

Un ano despois, a ILP contra a pobrexa enerxética está aínda por tramitar
A favor da tarifa eléctrica galega

Un ano despois, a ILP contra a pobrexa enerxética está aínda por tramitar

O 26 de xaneiro de 2016 o Parlamento galego deu luz verde á toma en consideración da ILP, respaldada por 17.000 asinaturas. Fíxoo, alén do máis, por unanimidade. Mais até hoxe. A lei está aínda por tramitar. Así o denunciaron quer o seu grupo promotor quer o BNG, que esta quinta feira mantiveron unha reunión no Pazo do Hórreo.

CO RESPALDO DE 11 MIL ASINATURAS

A ILP de Castelao, a debate no Parlamento

Esta terza feira o Parlamento debate a iniciativa lexislativa popular promovida pola federación de asociacións culturais, Galiza Cultura, e asinada por máis de 11 mil persoas. 

OPINIÓN

Unha ILP imprescindíbel para o profesorado e para o ensino público galego

O ensino en Galiza nestes últimos anos foi albo de numerosos e incesantes recortes dirixidos ao desmantelamento progresivo do ensino público e ao desprezo do ensino en galego. Mentres, reforzábanse e ampliábanse os concertos educativos, mantíñanse os dos centros que segregan o alumnado por razón de xénero e acrecentábase a españolización.

Afectad@s polas hipotecas piden aos deputad@s do PP que rachen a disciplina de voto e apoien a ILP

Afec[email protected] polas hipotecas piden aos [email protected] do PP que rachen a disciplina de voto e apoien a ILP

As Plataformas de [email protected] polas Hipotecas de Galiza presionarán aos [email protected] do PP, o único partido que non se comprometeu a votar en favor da ILP presentada no Congreso. Convídanos a asistiren ás asembleas e a rachar coa disciplina de voto. Son persoas sobre as que pesa a ameaza de seren despexadas das súas moradas. Caso de @s [email protected] non responderen ao convite, pensan en os abordar en calquer espazo público para lles trasladar información directa verbo da súa dramática situación.
Presentan no Parlamento a ILP contra a incineración con máis de 20 mil sinaturas

Presentan no Parlamento a ILP contra a incineración con máis de 20 mil sinaturas

A comisión promotora para que se debata no Parlamento galego unha Iniciativa Lexislativa Popular (ILP) contra a incineración e a favor da reciclaxe presentou máis de 20 mil sinaturas no rexistro. A grande acollida desta iniciativa representa, para os membros desta comisión "unha implicación da sociedade galega a favor doutro tipo de tratamentos diferentes aos que practica SOGAMA".
O PP ''despreza'' a ILP pola sanidade pública

O PP ''despreza'' a ILP pola sanidade pública

"O presidente da Xunta non estivo, a conselleira de Sanidade chegou cando xa rematara a intervención, a presidenta do Parlamento pasou a maior parte do tempo falando por teléfono e Besteiro, secretario da mesa, aproveitou para ler o xornal"
O PP veta a ILP pola sanidade pública e descarta recuperar  Preescolar na Casa

O PP veta a ILP pola sanidade pública e descarta recuperar Preescolar na Casa

O PP iniciou no Parlamento o segundo mandato de Alberto Núñez Feijóo cun dobre rexeitamento de senllas iniciativas lexislativas populares (ILP) de defensa da sanidade pública e para o mantemento do programa Preescolar na Casa. No primeiro caso, entre duros reproches do deputado popular Miguel Santalices á organización promotora da ILP, SOS Sanidade Pública, por negar o seu apoio ao seu partido cando denunciaba que “non se construía ningún centro de saúde ou que se presentaban hospitais mais non se empezaban a facer”.
O Pleno do Parlamento debaterá as ILP de sanidade e Preescolar na casa

O Pleno do Parlamento debaterá as ILP de sanidade e Preescolar na casa

Após seis meses vetadas as Iniciativas Lexislativas Populares achegadas por SOS Sanidade Pública e a plataforma Pre-escolar na Casa, serán debatidas no primeiro Pleno da lexislatura. Así o anunciou o voceiro parlamentar do BNG, Francisco Jorquera após a Xunta de Portavoces desenvolvida esta segunda feira.