incineracion
"O modelo de xestión de residuos non debe ser a incineración senón a reciclaxe"

"O modelo de xestión de residuos non debe ser a incineración senón a reciclaxe"

O presidente da Mancomunidade do Barbanza e alcalde de Brión, Xosé Luís García (PSdeG-PSOE), explica o modelo de xestión de residuos urbanos desenvolvido na planta de Lousame. Unha alternativa "ecolóxica" a Sogama que anima a botar a andar noutros puntos do país. "O sistema non debe ser a incineración", di, "a Xunta debera implicarse".

Presentan no Parlamento a ILP contra a incineración con máis de 20 mil sinaturas

Presentan no Parlamento a ILP contra a incineración con máis de 20 mil sinaturas

A comisión promotora para que se debata no Parlamento galego unha Iniciativa Lexislativa Popular (ILP) contra a incineración e a favor da reciclaxe presentou máis de 20 mil sinaturas no rexistro. A grande acollida desta iniciativa representa, para os membros desta comisión "unha implicación da sociedade galega a favor doutro tipo de tratamentos diferentes aos que practica SOGAMA".
Do Irixo a Cerceda, a incineración viaxa por Galiza

Do Irixo a Cerceda, a incineración viaxa por Galiza

A incineradora do sur podería ser construída no norte. ADEGA reitera a súa oposición á incineración como modelo de xestión dos residuos e lanza un aviso a navegantes, calquera comarca galega pode ser vítima dos fumes tóxicos. 

Sogama falsificou durante 5 anos os informes da contaminación do vertedoiro da Areosa
MEDIO AMBIENTE

Sogama falsificou durante 5 anos os informes da contaminación do vertedoiro da Areosa

Dúas sentenzas ditadas a raíz do despedimento improcedente de dous traballadores no 2009 apuntan directamente á empresa pública como responsábel da manipulación e ocultación dos datos reais das analíticas. Adega porá estes feitos en coñecemento da Fiscalía de Medio Ambiente para exixir responsabilidades por un ''atentado ecolóxico'' que se prolongou entre 2003 e 2008