independentistas
A defensa d@s 4 independentistas exixe a nulidade do xuízo por achar que "se violaron dereitos fundamentais''

A defensa [email protected] 4 independentistas exixe a nulidade do xuízo por achar que "se violaron dereitos fundamentais''

O dereito a un órgano xudicial imparcial, á contradición das probas achegadas pola acusación, á presunción de inocencia e á liberdade ideolóxica. Son catro das garantías que consideran que non se respectaron no xulgamento decorrido entre o 24 e o 27 de xuño na Audiencia Nacional española e do cal resultou unha condena a 56 anos de prisión e 36 de liberdade vixiada. 

600 mans unidas pola liberdade d@s independentistas pres@s

600 mans unidas pola liberdade [email protected] independentistas [email protected]

A acción solidaria convocada por Ceivar realizouse na tarde do 24 de Xullo abrindo o programa de actividades con que a Galiza nacionalista conmemoraría o Día da Patria. O accidente ferroviario de Angrois obrigou a cancelar a axenda: só esta mobilización e a manifestación unitaria da mocidade percorreron as rúas de Compostela. Clamouse nas dúas pola independencia 

Na conclusión do xuízo, @s 4 independentistas decláranse "inocentes" e denuncian a vulneración dos seus dereitos á defensa

Finalizou a vista oral que desde a segunda feira se seguía na Audiencia Nacional contra catro indepentistas [email protected] de pertenza a banda armada, tenza de explosivos e falsificación documental. @s [email protected] fixeron esta quinta feira uso da palabra para se declararen “inocentes de todos os cargos” e denunciar a “vulneración do seu dereito á lexítima defensa”

A Audiencia Nacional mantén por vez primeira a imputación por pertenza a banda armada, a 4 independentistas

O escrito da acusación dirixido contra María Osorio, Antom Santos, Roberto R. Fialhega e Eduardo Vigo mantén por vez primeira a imputación por pertenza a banda armada, cargo que até o de agora non pasara nunca da fase de instrución. Como proba, a Fiscalía chamará a declarar máis dunha vintena de funcionarios da policía, en calidade de peritos ou con informes de intelixencia