inmigracion
 "No Open Arms o que hai son náufragas"
Rubén Sánchez, portavoz do Foro Galego da Inmigración

"No Open Arms o que hai son náufragas"

Máis de 500 persoas resgatadas no Mediterráneo atópanse á deriva a bordo dos barcos Open Arms e Ocean Viking debido á negativa de Italia de acoller migrantes. Ademais, ningún país de Europa amosou a súa disposición para resgatar estas persoas. Sermos Galiza conversa con Rubén Sánchez, portavoz do Foro Galego da Inmigración. Con motivo desta crise humanitaria e para esixir ao Goberno español que actúe, esta plataforma de solidariedade convocou esta quinta feira unha concentración ás 20 horas perante a Subdelegación do Goberno na Coruña.

Casado subliña o seu perfil dereitista cun ataque á inmigración
En disputa con Albert Rivera

Casado subliña o seu perfil dereitista cun ataque á inmigración

O discurso de Albert Casado conecta coa retórica da Frente Nacional francesa ou de Matteo Salvini, o vicepresidente e ministro de Interior italiano. Co que non conecta é cos datos. No Estado español hai hoxe menos populación inmigrante que en 2010. Na Galiza a populación de orixe estranxeira representa apenas 3,74 por cento do total.

Cae en Burela outra ponte de integración a través do ensino

Cae en Burela outra ponte de integración a través do ensino

​No IES Perdouro de Burela deixan de ofrecer este curso o programa de atención á diversidade que daba acubillo a rapazas e rapaces inmigrantes, principalmente caboverdianos, que continúan a chegar coas súas familias á vila. A dirección do centro di que non existe demanda, os docentes -que levan tempo afondando nun modelo de integración social- ven na medida unha perda inxustificada e lembran a axuda que prestaron estes anos ao alumnado estranxeiro que ía camiño da exclusión social.

Medio centenar de saharauís levan cinco días en folga de fame en Barajas

Medio centenar de saharauís levan cinco días en folga de fame en Barajas

Diversos colectivos sociais concentráronse esta mañá na T1 do aeroporto de Barajas, en Madrid, en solidariedade con cidadáns saharauís que levan cinco días en folga de fame, na sala de non admitidos do aeródromo, en protesta polo trato que reciben das autoridades españoles que lles están denegando a petición de asilo mentres comezaron as expulsións.

OPINIÓN

Forza de traballo sen forza

Hai titulares ben ridículos. Alguén chamou a atención sobre este da semana pasada: “A recuperación económica non se nota en 70% dos fogares”. E preguntábase si se pode nomear como “recuperación” o...

O apartheid sanitario na Galiza
Premio Johán Carballeira de Xornalismo

O apartheid sanitario na Galiza

Aínda que a lei contempla casos en que a atención sanitaria debe estar garantida tamén para persoas inmigrantes en situación administrativa irregular –asistencia ao embarazo, parto e postparto, coidados a menores ou tratamentos por enfermidade grave ou accidente-, as trabas impostas polo Sergas dificultan o cumprimento da normativa.

Rescatadas 8.500 persoas que tentaban cruzar o Mediterráneo
14 inmigrantes morren cada día

Rescatadas 8.500 persoas que tentaban cruzar o Mediterráneo

A ONU lembra que morren 14 persoas cada día intentando chegar a Europa a través desa vía. Os primeiros meses do ano indican que no 2017 poden baterse todos os rexistros tráxicos. A pasada fin de semana, 8.500 inmigrantes foron rescatadas cando tentaban alcanzar a costa italiana.

O Foro da Inmigración alerta contra o aumento do racismo pola crise

O Foro da Inmigración alerta contra o aumento do racismo pola crise

Co lema “É racismo. Non é austeridade” o Foro Galego de Inmigración xunto coa Asociación Sen Papeis da Coruña convocan a manifestación que ás 18 horas do domingo 27 sairá do Campo de Marte na Coruña. Será o principal acto público da sétima Asemblea Xeral Galega de Inmigración e Emigración de Retorno na que as organizacións convocantes alertan para o incremento dos discursos racistas neste tempo de crise económica.