investigacionsanidade
CIG e Sos Sanidade Pública acusan o PP de “boicotar” a comisión parlamentaria

CIG e Sos Sanidade Pública acusan o PP de “boicotar” a comisión parlamentaria

A CIG acusa o Partido Popular de “desvirtuar” a comisión sobre a sanidade pública que a oposición parlamentaria conseguira habilitar no Hórreo. “Os vetos do PP desvirtúan o seu funcionamento”, sinalou María Xosé Abuín, secretaria nacional da sección de Saúde do sindicato. Sos Sanidade Pública concorda e fala de “boicot”.
 

A comisión de investigación sobre a sanidade nace morta polos vetos do PP
Abandono conxunto da oposición

A comisión de investigación sobre a sanidade nace morta polos vetos do PP

A conquista conxunta da oposición —a constitución da comisión de investigación sobre a situación da sanidade galega, cuxo detonante foi a morte dun paciente nun PAC da Estrada por falta de rápida atención médica— vai ficar finalmente en nada, após o Partido Popular impor mecanicamente a súa maioría absoluta e rexeitar as peticións de comparecencia de maior alcance formuladas quer por En Marea que polo PSdeG quer polo BNG:

“A comisión de sanidade botará abaixo todas as falacias da oposición”
Aurelio Núñez Centeno, portavoz de Sanidade do PP

“A comisión de sanidade botará abaixo todas as falacias da oposición”

Aurelio Núñez Centeno (Carballo, 1958) é o portavoz de Sanidade do Grupo Popular no Parlamento de Galiza. Ao seu ver, a comisión de investigación deitará abaixo “as falacias da oposición”. Cualifica os recortes “dunha mentira máis” de En Marea, PSdeG e Bloque e afirma que o Goberno de Feixóo “incrementou os orzamentos ano a ano”. Remite as respostas ao cuestionario de Sermos Galiza vía correo electrónico.
 

“É evidente que o PP non vai estar cómodo nesta comisión de investigación”
Eva Solla, portavoz de Sanidade de En Marea

“É evidente que o PP non vai estar cómodo nesta comisión de investigación”

En Marea, PSdeG e BNG pactaron sumar forzas para que no Parlamento galego se cree unha comisión de investigación sobre a morte dun paciente no PAC da Estrada e as consecuencias dos recortes en Sanidade. Conversamos con Eva Solla, vicepresidenta do Parlamento e portavoz de Sanidade de En Marea na Cámara galega, sobre este os obxectivos e percorrido deste órgano parlamentar

O PP debería atender máis á realidade e menos a autoprotexerse
Julio Torrado/portavoz de Sanidade do PSdeG

"O PP debería atender máis á realidade e menos a autoprotexerse"

Julio Torrado (Vilagarcía de Arousa, 1982) é o portavoz de Sanidade do grupo parlamentario do PSdeG. “Queremos deitar luz sobre as retalladas”, di a respecto da comisión parlamentaria de investigación sobre a materia pactada por socialistas, En Marea e BNG. Celebra o acordo dos tres partidos da oposición, pero lembra que as coincidencias “son habituais”.
 

“As políticas do PP na sanidade teñen consecuencias graves e deben investigarse
Montse Prado, portavoz de Sanidade do BNG no Parlamento

“As políticas do PP na sanidade teñen consecuencias graves e deben investigarse"

En Marea, PSdeG e BNG pactaron sumar forzas para que no Parlamento se cree unha comisión de investigación sobre a morte dun paciente no PAC da Estrada e as consecuencias dos recortes en Sanidade. Unha comisión que sae adiante embora non a apoiar o grupo que ten a maioría absoluta na Cámara, o PP. Iniciamos unha serie de entrevistas ao respecto cos portavoces de sanidade na Cámara galega.

Gonzalo Caballero pon no albo das críticas a desfeita de Feixóo na sanidade

Gonzalo Caballero pon no albo das críticas a "desfeita" de Feixóo na sanidade

A sanidade é o campo no que a oposición está disposta a erosionar o Goberno Feixóo nos primeiros compases do curso político. Após pactar con En Marea e BNG a constitución dunha comisión de investigación sobre a xestión sanitaria do PP, Gonzalo Caballero cargou este sábado contra a Xunta do PP, á que atribuíu a "desfeita" do servizo público.

O Parlamento investigará as consecuencias dos recortes en Sanidade

O Parlamento investigará as consecuencias dos recortes en Sanidade

En Marea, PSdeG e BNG anunciaron que pedirán a comparecencia de Núñez Feixóo e do conselleiro Vázquez Almuiña na comisión parlamentar, onde queren que se investiguen casos como o do falecemento no PAC da Estrada ou as mortes por atrasar tratamentos na Hepatite C, entre outros. Piden o PP que non "boicotee" este órgano. 

x