joam-trillo
Joám Trillo transcribe e revisa a 'Sinfonía nº2. Nas montañas da Galiza' de Andrés Gaos
A Xunta e Dos Acordes publican as partituras

Joám Trillo transcribe e revisa a 'Sinfonía nº2. Nas montañas da Galiza' de Andrés Gaos

Nas montañas da Galiza é a segunda das sinfonías creadas polo violinista e compositor Andrés Gaos (A Coruña, 1874-Mar de Prata, Arxentina, 1959). Escrita entre 1917 e 1919, exemplo de restauración culta, académica, das músicas populares, Gaos nunca a viu interpretada. A estrea sería o 28 de xullo de 1974 dentro das xornadas organizadas polo Centro Galego de Bos Aires co gallo do centenario do músico. Un ano máis tarde pasaría polo Teatro Colón da Coruña, dirixida por Rogelio Groba. A Orquestra Sinfónica da Galiza executaríaa en diferentes ocasións.