joan-tarda
"Será moi difícil colaborar co Goberno Sánchez se non achegan os presos"
Joan Tardá, portavoz de ERC no Congreso

"Será moi difícil colaborar co Goberno Sánchez se non achegan os presos"

É a voz do independentismo de esquerdas catalán. E é tamén un vigoroso defensor da República, entendida esta non tanto como unha forma de estado -como a antítese da monarquía- senón como o empoderamento dos sectores subalternos da sociedade, aqueles que nunca tiveron voz e que moitas veces -agora mesmo o pobo catalán- tampouco tiveron o dereito a decidilo todo. Joan Tardá (Cornellá de Llobregat, 1953) non é Nova Política, fai parte do mellor da política da vella escola (non, non todo o vello é ruín). Ningunha concesión á demagoxia, ningunha procura do titular fácil. O pensamento racional -tamén a paixón pola igualdade e polo recoñecimento da súa nación- por diante. Falamos nesta conversa da moción de censura a Raxoi, da diferenza que ve entre nacionalismo e independentismo e dos retos que ten o soberanismo de esquerdas no seu país. Nen máis nen menos que a construción da República, unha construción para á que, proclama, "fai falta sermos máis". Moitos máis.