PRIMEIRA XORNADA DO XUÍZO AO PROCÉS
As letradas e letrados critican a falta de imparcialidade dos maxistrados
M.O.
A primeira sesión do xuízo ao procés soberanista catalán acolleu todas as intervencións dos avogados nas cuestións previas. As letradas e os letrados centraron os seus discursos en denunciar as vulneracións de dereitos que se produciron, en reclamar as probas e testemuñas que o tribunal se negou a aceptar inicialmente e en cuestionar a imparcialidade dos maxistrados.