liberdade
OPINIÓN

Sobre a liberdade na democracia capitalista

“Debemos insistir no carácter libre da acción política porque, a pesar do gran Aristóteles, non sempre foi tido en conta. A política non existiría sen a  impredecibilidade, a indeterminación e a falta de  certidumbre. (…) A conexión entre política...

Iruñea clama pola liberdade das mozas e mozos de Altsasu
Manifestación histórica

Iruñea clama pola liberdade das mozas e mozos de Altsasu

Esta segunda feira, 16 de abril, enceta na Audiencia Nacional española o xuízo contra oito mozas e mozos de Altsasu acusados dun delito de “terrorismo” por unha lea con dous gardas civís fóra de servizo no exterior dun bar. Aproveitando o comezo do xuízo, milleiros de persoas reclamaron a liberdade dos encarcerados nunha mobilización histórica.

A manifestación pola liberdade dos “Jordis” convértese nun clamor contra a supresión do autogoberno

A manifestación pola liberdade dos “Jordis” convértese nun clamor contra a supresión do autogoberno

O president da Generalitat, Carles Puigdemont, e o resto do seu Govern encabezaron, da man de entidades e forzas políticas soberanistas, a manifestación que reclamaba a liberación de Jordi Sánchez (ANC) e Jordi Cuixart (Òmnium). A mobilización foi a primeira réplica, multitudinaria -450 mil persoas segundo a Garda Urbana-, á validación das medidas coercitivas anunciadas por Mariano Rajoy na mañá do sábado.

Liberdade de expresión, segundo para quen

Liberdade de expresión, segundo para quen

As redes sociais alimentaron un novo activismo que o sistema persegue. A coñecida como lei mordaza, a reforma do Código Penal ou a Lei de Axuizamento Criminal recortaron a liberdade de expresión, mais non para todos os sectores da poboación por igual. Cóntannolo activistas en defensa dos dereitos civís no Sermos Galiza 267. Eis un extracto.

OPINIÓN

Liberdade de expresión

Franco foi un asasino nato desgraciadamente con uniforme militar, xa deu sobradamente mostras delo na súa  campaña en Marrocos ordenando o fusilamento de soldados por despistes humanos no incumplimento dos seus mandatos. Como iniciador e...

Liberdade de expresión: hai límites?

Liberdade de expresión: hai límites?

Nos últimos meses as investigacións, detencións e mesmo condenas a cidadás e cidadáns polas opinións que publicaron nas redes sociais aumentaron. Esta realidade, que saltou de novo á palestra após o acontecido co concelleiro de Madrid, Guillermo Zapata, sérvenos para nos lanzar unha pregunta: está en causa a liberdade de expresión? 

Medios en galego e liberdade de imprensa
NO A FONDO DESTA SEMANA

Medios en galego e liberdade de imprensa

Sen medios en galego non hai liberdade de imprensa. Así se sostén no A Fondo desta semana, a quinta feira nos pontos de venda habituais, no que participan xornalistas de Praza Pública, TVG, Irmandade TV e Luzes.

ESTá ACUSADO DE ALZAMENTO DE BENS, BRANQUEAMENTO DE CAPITAIS E FRAUDE FISCAL

Rato, posto en liberdade após o rexisto da súa oficina e a súa morada

[ACTUALIZACIÓN 19:30H] Rato estivo detido durante 7 horas, as que empregaron funcionarios policiais do Servizo de Alfándegas en realizar pesquisas na súa morada e no seu despacho, situados no bairro madrileño de Salamanca. O xuíz ordenou o bloqueo das súas contas. 

A liberdade de facer burla do rei

A liberdade de facer burla do rei

No século XIX era bastante común facer mofa da monarquía española durante o antroido galego. Botamos un ollo a esa tradición, que aparentemente ten feito unha excepción co novo Borbón, da man dun novo traballo de Xoán Costa.

OPINIÓN

Nin seguranza nin liberdade

Os Estados europeos están a aproveitar a consternación social producida polos atentados de París para modificar aínda máis á baixa as lexislacións en materia de dereitos civís.

OPINIÓN

Atentado á «liberdade» de quen?

Unha vez máis, os media cualifican os asasinatos de París como crimes contra a liberdade. Tamén os das Torres Xemelgas e o do Pentágono foron atentados contra a «liberdade». Seica só existe «liberdade» no mal chamado Primeiro Mundo e, polo tanto, cidadáns libres.

OPINIÓN

A liberdade que reclamades

"¿E que pensades facer coa liberdade que reclamades?". A resposta sería tan longa que non pode ser formulada por un home, porque a liberdade pedímola para unha nación, e os anceios d-un povo son infinidos no tempo; pero, ademáis, non se lle pode conceder a ninguén o dereito de interpelar con semellante pregunta a unha nacionalidade privada de vivir a súa vida. Castelao (Sempre en Galiza).   

Anxos Sumai: “Conseguín escribir con valentía, con absoluta liberdade creativa”

Anxos Sumai: “Conseguín escribir con valentía, con absoluta liberdade creativa”

Con A lúa da colleita (Galaxia), Anxos Sumai vén de gañar o Premio da Crítica no apartado de narrativa en galego. A autora ofrécenos unha novela intensa e desacougante na que as fronteiras da realidade se desdebuxan para construír unha atmosfera densa, que agarra a quen le. Despois de Así nacen as baleas, Melodía dos Días Usados ou Anxos de Garda, a autora optou con esta nova obra, por escribir “con valentía”, coa liberdade de só pensar na propia creación literaria.