libro
O 'decenio Feixoo', fatal para as bibliotecas
OS DATOS DO INE REVELAN CAÍDAS EN TODOS OS INDICADORES

O 'decenio Feixoo', fatal para as bibliotecas

O Instituto Nacional de Estatística (INE) vén de facer pública a súa estatística sobre bibliotecas e a Xunta da Galiza non sae ben parada, pois as cifras destapan grandes caídas de máis de 50% en número de bibliotecas, usuarias, investimentos ou adquisicións de libros. Sindicatos como CIG ou a Asociación Profesional de Bibliotecarios Municipais da Galiza veñen denunciando desde hai anos a situación que padece o sector.
Ciencia próxima para a reflexión

Ciencia próxima para a reflexión

Xosé A. Fraga, doutor en Bioloxía e ex director dos Museos Científicos da Coruña presenta Ciencia próxima. Episodios sobre a cultura científica na área coruñesa, un libro editado por Espacio Cultura que explica en 78 relatos a pegada que deixou a Ciencia na cidade desde mediados do século XVIII.
Sobre a lingua dos trobadores

Sobre a lingua dos trobadores

O sueco Pär Larson presenta en Compostela A lingua das cantigas, unha obra que constitúe a primeira descrición sistemática da lingua usada polos trobadores. Será a segunda feira 4 de novembro, ás 19.30 horas, na Libraría Couceiro.
Versos do pintor Manuel Ruibal

Versos do pintor Manuel Ruibal

A cuarta feira 30 de outubro preséntase en Pontevedra a antoloxía Poesías, contos, aforismos do pintor Manuel Ruibal, editada pola Fundación Cuña-Casasbellas.

As distopías zombis como metáfora do neoliberalismo

As distopías zombis como metáfora do neoliberalismo

A Fundación Luis Seoane acolle ás 20 horas de hoxe a presentación do libro Demografía Zombi: Resilientes e redundantes na utopía neoliberal do século XXI, do demógrafo catalán Andreu Domingo, no que se analiza a evolución do xénero nesta centuria.

A poeta Dolors Miquel traduce Míriam Ferradáns ao catalán
'Noms de fum'

A poeta Dolors Miquel traduce Míriam Ferradáns ao catalán

“É difícil entender a tribo, / pertencer sen ser devorado. [...] É difícil a tribo, levar o seu nome”, escribe Míriam Ferradáns na penúltima páxina de Nomes de fume (Espiral Maior, 2017). A obra, o seu primeiro libro con distribución comercial, é unha indagación adusta e inclemente sobre a familia, a comunidade, o loito. Celebrado por crítica e lectorado, a poeta Dolors Miquel vén de traducilo ao catalán.

A obra de Chévere sobre o imperio Inditex chega a formato libro
'Citizen' supuxo o seu xiro cara ao teatro documento

A obra de Chévere sobre o imperio Inditex chega a formato libro

A vida e obra de Amancio Ortega, tan silenciada e descoñecida alén do ditirambo habitual nos medios de comunicación dominantes, ben merecía un documental de investigación e interpretación. Algo así pensou a compañía Chévere cando, na tempada 2010-2011 presentou a impoñente Citizen, inspirada no imperio Inditex. Kalandraka edítaa agora en formato libro.

Xerais recupera 'Antón e os inocentes', novela que Ferrín escribiu na cadea
A obra estaba descatalogada

Xerais recupera 'Antón e os inocentes', novela que Ferrín escribiu na cadea

Méndez Ferrín escribiu Antón e os inocentes, a súa terceira novela, “no lugar sórdido no que 'toda incomodidad tiene su asiento”. Así o di, con ecos quixotescos, a dedicatoria inicial. Ese lugar sórdido é El Dueso, onde o autor foi recluído entre 1969 e 1971. Historia de iniciación que sucede nos ambientes proletarios do Vigo dos 50, publicouse por primeira vez en 1976. Fóra de catálogo desde hai anos, Xerais recuperaa en edición do poeta e filólogo Antón Blanco.

Chus Pato: poemas sobre a vida contraria á mercadoría
'Un libre favor' é o seu décimo primeiro libro

Chus Pato: poemas sobre a vida contraria á mercadoría

Son voces que cantan á igualdade, refugan a idea de propiedade, pensan a vida como antítese da mercadoría. Atravesan tecidos vexetais, edificios que vibran, ao fondo os faros, deuses, pedras, os animais, incluídos os sapiens. Un libre favor (Galaxia, 2019), décimo primeiro libro de Chus Pato, explora ademais o que a autora denomina “contención do eu autorial” na escrita.

Onde repousan os Reis da Galiza
O Galo e o Concello de Santiago editan un volume colectivo sobre o Panteón Real

Onde repousan os Reis da Galiza

Reivindicar “un símbolo da Terra” que “conxuga particularidades do patrimonio material e inmaterial” da Galiza é o declarado obxectivo do libro colectivo sobre o Panteón Real que vén de publicar o Concello de Compostela baixo a coordinación da asociación cultural O Galo. Cinco autoras e un poema de Otero Pedrayo conforman o volume.

900 páxinas sobre 66 anos de pop na Galiza
O autor é o crítico Fernández Rego

900 páxinas sobre 66 anos de pop na Galiza

Das primeiras orquestras que, na década dos 50, iniciaron certa viraxe pop á escena máis recente, a do ano pasado: eis o arco temporal ao que o crítico Fernando Fernández Rego dedica Unha historia da música en Galicia (Galaxia, 2019), case 900 páxinas do primeiro esforzo sistemático sobre a materia.

 Sobre as estruturas políticas da Gallaecia
Libro de Martín Fernández Calo

Sobre as estruturas políticas da Gallaecia

Estado, poder e estruturas políticas na Gallaecia. Séculos II A. C. - VIII D. C. é o libro que presentará esta quinta feira, 13 de xuño, Martín Fernández Calo. En palabras do arqueólogo Francisco Calo Lourido, “un magnífico ensaio con voación globalizadora, dunha madurez infrecuente nun investigador que está comezando a súa carreira científica”.

A alma de Sucasas en 50 artigos
Un libro recolle obra do economista e escritor lalinense

A alma de Sucasas en 50 artigos

José Luis Sucasas foi escritor de ficción, político, economista, articulista de prensa. E unha persoa “afábel e moi querida” mais cun “epicentro vital”: Galiza. Un home de ideas para un país mellor son 50 textos publicados na prensa que, ao dicir do seu amigo e compañeiro de militancia no BNG Francisco Vilariño, recollen “a alma de Sucasas”. Preséntase esta quinta feira, 13 de xuño, na Biblioteca Municipal de Lalín.

Os libros ocupan a Quintana dos Mortos
La Habana, cidade invitada da SELIC de Compostela

Os libros ocupan a Quintana dos Mortos

Durante dez xornadas consecutivas, do 7 ao 16 de xuño, os libros ocuparán a emblemática Quintana dos Mortos de Compostela. A terceira edición da Semana dos Libros de Compostela (SELIC), mostra de libraráis e editoriais con 32 postos, contará ademais con La Habana como cidade invitada.
 

Os libros de Fraguas
Reedicións, biografías e escolmas polo Día das Letras Galegas

Os libros de Fraguas

Protagoniza o Día das Letras e, porén, Antonio Fraguas foi máis ca un escritor. Dedicouse sobre todo a distintas variacións da ciencia etnográfica. Rexistrou costumes populares e cantigas tradicionais, percorreu santuarios e viviu romarías, trazou xeografías do pequeno e rescatou historias esquecidas. E é tamén obxecto da usual inflación de títulos aparecidos polo 17 de maio.   
 

Volver ler a Ricardo Carvalho Calero

Volver ler a Ricardo Carvalho Calero

Doutor en Teoloxía Dogmática na Universidad Pontificia de Salamanca e de Filosofía na Universidade de Santiago de Compostela, Victorino Pérez Prieto debulla El grupo Nós. Vicente Risco, Castelao, Otero Pedrayo, Florentino Cuevillas y Antonio Losada Diéguez (tradución, introdución e notas de Mª Pilar García Negro), obra que considera “un magnífico pórtico de entrada no centenario da revista Nós (1920-2020)”.

O novo libro de Beiras recolle as súas crónicas sobre o Foro Social Mundial
'Nuredin o taxista e Amedine o pintor'

O novo libro de Beiras recolle as súas crónicas sobre o Foro Social Mundial

Unha década demorou Xosé Manuel Beiras (Compostela, 1936) en recompilar en libro as súas crónicas sobre o Foro Social Mundial. Publicadas no extinto xornal Galicia Hoxe, compoñen o núcleo central do seu novo libro, Nuredin o taxista e Amedine o pintor (Laiovento, 2019).
 

'Galiza 1968' e o xornalista Daniel Salgado, entre os finalistas da Gala do Libro Galego 2019
11 de maio en Compostela

'Galiza 1968' e o xornalista Daniel Salgado, entre os finalistas da Gala do Libro Galego 2019

Galiza 1968. A consciencia avivada, o volume colectivo publicado por Sermos Galiza, é un dos finalistas na categoría de Divulgación da IV Gala do Libro Galego 2019. Organizada pola Asociación de Escritoras en Lingua Galega, a Asociación Galega de Editoras e a Federación de Librarías de Galiza, a entrega de premios será o 11 de maio en Compostela.
 

Máis de 300 actividades no 20 aniversario do Salón do Libro de Pontevedra
Do 22 de marzo ao 12 de abril

Máis de 300 actividades no 20 aniversario do Salón do Libro de Pontevedra

Máis de 300 actividades en vinte días para o vinte aniversario. Son as cifras que resumen o Salón do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra, que tomará literalmente a cidade entre o 22 de marzo e o 12 de abril. “O proxecto naceu para revolucionar a cidade”, expuxo a concelleira de Cultura Carme Fouces (BNG), “non hai un evento similar en todo o país”.
 

OPINIÓN

O libro de Camilo Nogueira

O novo libro de Camilo Nogueira é asombroso. Primeiramente é asombrosa a enerxía vital e a capacidade intelectual de alguén que nos ofrece, nesta altura da súa vida, unha obra que coroa toda unha traxectoria de creación intelectual que se nos veu ofrecendo décadas por...

As amigas e os amigos de Moncho Valcarce
Un libro recupera súa a vertente humana

As amigas e os amigos de Moncho Valcarce

Estaba Valcarce, o combativo crego das Encrobas, organizador de labregos e traballadores. Estaba Valcarce, o político nacionalista e de esquerda. Estaba Valcarce, orador inflamado. E logo estaba Valcarce o amigo. A esta última vertente dedican 16 artigos outras tantas autoras do libro Moncho Valcarce, un dos inesquecíbeis.
 

OPINIÓN

Carpetazo, libro e bandeiras

Unha das imaxes máis comentadas da rolda de prensa sobre Venezuela de John Bolton, asesor de seguridade ultra da Casa Branca de Donald Trump, foi o da carpeta e bloc de notas A-4 onde se podía ler escrito “5000 tropas a Colombia”. Por suposto, unha das mentes máis...

'Sardiña': a poeta Miriam Reyes pensa a lingua
Presenta o seu primeiro libro en galego

'Sardiña': a poeta Miriam Reyes pensa a lingua

"Sardiña reflexiona sobre unha lingua que non é súa e, ao tempo, perténcelle”. Así resume a editorial Chan da Pólvora o novo libro de Miriam Reyes (Ourense, 1974), unha das poetas ibéricas de maior relevo e que agora se estrea en galego. Esta quinta feira en Compostela e a sexta en Vigo presenta a obra.
 

O 'Como nos venden a moto' de Manuel Monge
O activista publica un libro sobre “verdades silenciadas” na política

O 'Como nos venden a moto' de Manuel Monge

Unha frase de Noam Chomsky serve como disparador ao profesor, sociólogo e activista Manuel Monge: “É responsabilidade dos intelectuais dicir a verdade e expoñer as mentiras”. Con esa palabra de orde deseñou o seu novo libro, Guía para non perderse en política. 120 realidades silenciadas, que Edicións Laiovento vén de colocar nas librerías.

“Un nacionalismo de centro dereita permitiría pactar con alguén máis que o PSOE”
Salvador Soutullo, escritor

“Un nacionalismo de centro dereita permitiría pactar con alguén máis que o PSOE”

Salvador Soutullo (Barcelona, 1965) é fillo da emigración. Centos de artigos testemuñan a súa aposta na escritura como medio de intervención nos asuntos públicos. Xunta en Palabra de Patriotas (Acega Edicións, 2018) conversas con algúns dos vultos máis sobranceiros do nacionalismo de esquerdas: Bautista Álvarez, Xosé Manuel Beiras, Camilo Nogueira, Antón Arias Curto, Francisco Rodríguez e Ana Pontón. Xa presentou o libro en Compostela, acompañado de Ana Pontón, e o vindeiro novembro farao en Vigo con Antón Árias Curto. E promete un segundo volume, probabelmente para o Día da Patria de 2019. Eis un extracto da entrevista publicada no número 315 de Sermos Galiza.

Memorias do último criado
'Lágrimas en silencio' recolle a vida de Cándido López

Memorias do último criado

1953, lugar de Pardaces, parroquia da Peregrina, concello de Santiago de Compostela. Cándido López Lorenzo ten seis anos. “Un día estando aí só apareceu un irmán e levoume con el para unha aldea que se chama Pardaces. Eu choraba, pero iso non me servía de nada. Era para axudarlle a facer o que me mandaran, axudarlle coas vacas, coller cousas para un lado e levalas para outro. Aí comezou un gran calvario para min”.
 

Lois Peña Novo e o soño do desenvolvemento (I)
Análise

Lois Peña Novo e o soño do desenvolvemento (I)

Con motivo da publicación da obra Lois Peña Novo: o soño do desenvolvemento de Galicia (Instituto de Estudos Chairegos), o seu autor, o profesor Manuel Roca Cendán, recupera para Sermos Galiza as principais achegas de quen foi o principal estudoso da economía galega no primeiro terzo do século XX. Eis un extracto da primeira parte da análise, publicada no número 294 de Sermos Galiza.

Marx contra os marxistas
Reeditado en galego o libro da cubana Paquita Armas

Marx contra os marxistas

Cada xeración vive a historia en presente. Mais nos anos de Karl Marx (Tréveris, 1818 - Londres, 1883) sobre a terra, esa historia parecía entrar nun feroz remuíño. O capital desenvolvíase violento e vigoroso en Inglaterra. Francia coñecía unha revolución a cada tanto, Comuna incluída. Bismarck gobernaba Alemaña e na América do Norte comezaba a Guerra de Secesión.

"A perda de facturación desde o inicio da crise foi moi forte e Xerais notouno moitísimo"
Fran Alonso

"A perda de facturación desde o inicio da crise foi moi forte e Xerais notouno moitísimo"

A Fran Alonso (Vigo, 1963) correspóndelle a tarefa de suceder o histórico Manuel Bragado á fronte de Edicións Xerais de Galicia. Escritor en todas as frontes -acaba de publicar un libro de poemas dirixido á mocidade, Street Poems-, Alonso promete liñas de renovación e que a nave dunha das máis emblemáticas editoriais galegas “continúe navegando”. “Parece un reto moi humilde pero é fundamental”, di a Sermos Galiza.
 

O libro: a Xunta forza a treboada perfecta
O Consello da Cultura constata a redución do sector

O libro: a Xunta forza a treboada perfecta

A treboada perfecta abateuse sobre o libro na última década. Á crise económica sumouse a brutal redución de partidas orzamentarias destinadas ao sector pola Xunta. Así o constatan os datos recabados polo Consello da Cultura Galega no seu informe Datos da edición en Galicia. 2006-2016.
 

As editoras celebran que a Xunta recúe e acepte as súas esixencias
Cultura si estará nas feiras internacionais

As editoras celebran que a Xunta recúe e acepte as súas esixencias

A Xunta estará finalmente nas cinco feiras internacionais do libro en que viña participando con posto propio. Así llo comunicou vía carta á Asociación Galega de Editoras (AGE), que onte valorou “positivamente” que a Consellaría de Cultura “reconsiderase a súa renuncia”.
 

'Os nomes do terror' e o xornalista Daniel Salgado, finalistas na Gala do Libro Galego

'Os nomes do terror' e o xornalista Daniel Salgado, finalistas na Gala do Libro Galego

O primeiro libro sobre os nomes e os enderezos dos criminais fascistas do 36, Os nomes do terror -de autoría colectiva e editado por Sermos Galiza- é finalista na Gala do Libro Galego na nova categoría de divulgación. O redactor de Sermos Galiza Daniel Salgado opta ao premio de xornalismo cultural. Os gañadores se darán a coñecer o 19 de maio.
 

A edición de libros en galego volve caer
Publícanse máis libros en castelán

A edición de libros en galego volve caer

Os datos acabados de publicar polo Instituto Nacional de Estatística (INE) ofrecen unha nova foto da redución do sector do libro en galego. En 2016 editáronse en Galiza 751, unha baixada do 5,7% respecto do 2015.
 

As editoriais esixen á Xunta que regrese ás feiras internacionais
Xuntanza co secretario xeral de Cultura

As editoriais esixen á Xunta que regrese ás feiras internacionais

A Asociación Galega de Editores (AGE) quere que a Xunta volva estar presente nas feiras internacionais do libro. Así o expresaron nun comunicado emitido despois de se reunir co secretario xeral de Cultura Anxo Lorenzo a petición deste último.
 

Cultura considera que só ten “interese para o país” a feira do libro de Bos Aires
Remite os editores aos subsidios do Igape

Cultura considera que só ten “interese para o país” a feira do libro de Bos Aires

A Consellaría de Cultura vén de remitir unha carta á Asociación Galega de Editores (AGE) en que lles comunica a súa decisión de se borrar de catro das cinco feiras internacionais do libro en que viña participando. Para o departamento que encabeza Román Rodríguez, só ten “interese para o país” a feira de Bos Aires.
 

“O culpábel só é o que mata, non a vítima nin a súa contorna”
Entrevistamos Montse Fajardo

“O culpábel só é o que mata, non a vítima nin a súa contorna”

Ao seu pesar, Eva, Mariluz, Tina, Ana, Irene, Marga e Begoña son as protagonistas de Invisibles, un libro impulsado polo Concello de Pontevedra e escrito pola xornalista Montse Fajardo que recolle os relatos destas mulleres maltratadas a mans das súas parellas. Unha obra necesaria que pon o foco sobre os agresores. Entrevistamos a súa autora no Sermos275. Eis un avanzo da conversa.

Os nomes dos verdugos por fin
Novo libro de Sermos Galiza

Os nomes dos verdugos por fin

Está a piques de saír do prelo Os nomes do terror. Galiza 1936: os verdugos que nunca existiron, o primeiro achegamento sistemático ao estudo dos represores na Galiza que racha con este tabú nos traballos da memoria histórica e pon en negro sobre branco os nomes, as causas e as metodoloxías usadas polo terror.

O sector editorial galego segue a minguar

O sector editorial galego segue a minguar

O Ministerio de Educación e Cultura vén de publicar o seu informe anual "El sector del libro en España" que novamente vén de poñer en manifesto a falta de gromos verdes neste eido en Galiza, rexistrando un descenso do 3,1% en 2015 con respecto ao ano anterior. Pola contra, catalán e vasco amosan relevantes incrementos. 

110 anos do himno de Pondal
SERMOS-248

110 anos do himno de Pondal

Alén do centenario do pasamento do poeta bergantiñán, este 2017 lémbranos tamén que hai 110 anos que se interpretaba por primeira vez de forma oficial o himno de Galiza na Habana. Foi un 20 de decembro de 1907 no Centro Galego por iniciativa de Xosé Fontenla Leal. Porén, a letra orixinal do poeta non é a que chegou aos nosos días e se oficializou en 1984. E agora, por mor destas efemérides, regresan os intentos de restaurala. Eis un extracto da reportaxe que sobre este asunto publicamos no Sermos 248.