libros
Dez libros para a canícula

Dez libros para a canícula

Tempo libre e tempo (atmosférico) favorábel. Esa teórica combinación habilita o verán para dedicar máis horas das usuais á actividade lectora. Velaquí dez obras recentemente publicadas que ben o merecen.

O adeus da libraría Queixume da Coruña
Da intrahistoria cultural do barrio da Sagrada Familia

O adeus da libraría Queixume da Coruña

Máis de catro décadas dedicada ao comercio do libro chegaron o pasado domingo, 7 de xullo, á súa fin. Unha festa na rúa Galerías Santa Margarida da Coruña foi a maneira en que a emblemática libraría Queixume despediu amizades e clientes. Música, teatro e palabras puxeron o colofón á aventura libreira no popular barrio da Sagrada Familia.

Os libros anegan as rúas de Carballo
Praza dos Libros do 11 ao 14 de xullo

Os libros anegan as rúas de Carballo

Catro xornadas dedicadas aos libros e danos colaterais -presentacións, sinaturas de autoras, concertos relacionados, obradoiros, pintura nos muros- conforman a Praza dos Libros de Carballo. Da quinta feira 11 de xullo ao domingo 14 no Xardín Municipal serán protagonistas.

A festa das librarías de Pontevedra
Do 5 ao 7 de xullo

A festa das librarías de Pontevedra

Trece librarías con sede en Pontevedra protagonizan a Festa dos Libros, “punto de encontro de escritoras e escritores, libreiros e libreiras, editoriais e amantes da lectura, espazo de descubrimento, de curiosidade, de aprendizaxe e de gozo”. Será do 5 ao 7 de xullo na emblemática praza da Ferraría.
 

Sobre filmar na lingua propia
Libro colectivo de análise do cinema en galego

Sobre filmar na lingua propia

A foresta e as árbores son oito ensaios de oito autoras diferentes que reflexionan sobre un feito cadora menos inusual: realizar filmes en lingua galega. Porque a foresta e o cinema en galego e as árbores son os filmes en galego. Coordinado pola catedrática e cineasta Margarita Ledo, o volume é o segundo número da colección Pantallas da editorial Galaxia.
 

Animais extraordinarios percorren o mundo
Álbum ilustrado sobre especies migrantes

Animais extraordinarios percorren o mundo

“A vida dos animais salvaxes non é fácil”, abre as súas páxinas Viaxeiros, o álbum ilustrado en que o biólogo Xulio Gutiérrez e o debuxante Nicolás Fernández investigan para divulgar “as especies que viaxan para sobrevivir”. Volume de gran formato, con detallistas debuxos e información contrastada, “reúne a experiencia migratoria” do lemming e da tartaruga boba, do salmón e das bolboretas monarcas.
 

'Máis Nunca Máis'
Presentación dun libro cos manifestos de Nunca Máis

'Máis Nunca Máis'

Así se titula o volume: Máis Nunca Máis. Edítano Difusora de Letras, Artes e Ideas e mais o colectivo Radio Buguina. Recolle textos e manifestos da órbita de Nunca Máis e Burla Negra, case 17 anos despois do afundimento e catastrófica xestión política do Prestige. Preséntase esta terza feira, ás 20 horas, na sala municipal do Palexco da Coruña.
 

Lecturas ao sol
Libros para un verán

Lecturas ao sol

O lugar común di que no verán hai máis luz e hai máis tempo. Hai máis acougo. De dalo por bo, o estío convértese na época perfecta para a lectura. Eis algunhas recomendacións literarias, maiormente recentes, para os meses con días máis longos.
 

Choiva de libros para Reis

Choiva de libros para Reis

Contan que en Islandia a xente pasa o Nadal asolagando aos seus seres queridos de libros. Unha tradición que seguramente apareza nos soños da maior parte das persoas relacionadas coa edición e a literatura galega pero que aínda precisará dalgún esforzo titánico para ser sequera levemente implantada no noso país. Ao mesmo tempo, porén, o recurso ao agasallo de libros nestas datas é relativamente frecuente, especialmente para a xente nova.

 Poemas atravesados de baleas
Eduardo Estévez espalla o seu universo cunha obra en múltiples formatos

Poemas atravesados de baleas

A balea é un animal mitolóxico. Mais materia e mito son, por veces, dificilmente distinguíbeis. E as baleas existen. O poeta Eduardo Estévez (Buenos Aires, 1969) viunas na Patagonia, navegou entre elas, sentiunas falar. Agora atravesan o seu último libro, de baleas (Caldeirón), no que regresa ás orixes do seu labor como lector e escritor de poesía. “A certa tradición cultural arxentina que tiña esquecida”, engade.

Entre libros e crianzas: propostas literarias
Literatura

Entre libros e crianzas: propostas literarias

Eis un popurrí de lecturas recomendadas por diferentes persoas que se manteñen vinculadas ao mundo da Literatura Infantil e Xuvenil. Conversamos con María Couceiro, libreira na Libraría Couceiro en Compostela; Verónica Pousada, investigadora en Literatura Infantil e Xuvenil galega; e Laura Amigo, especialista en Psicoloxía Infantil. Deixamos un extracto da información publicada no Sermos Galiza 270.

Cae un 44 por cento o número de libros publicados en galego
Entre 2008 e 2015

Cae un 44 por cento o número de libros publicados en galego

No período que abrangue desde os anos 2008 ao 2015, o número de libros publicados en galego sufriu unha queda do 43,80 por cento. Perdéronse máis de mil títulos en só sete anos. Son dados do informe O libro e a edición na Galiza, que difundiu esta cuarta feira o Observatorio da Cultura Galega do CCG.

Irmás Cartoné, libros para “xente de a pé”

Irmás Cartoné, libros para “xente de a pé”

Nin son irmás, nin se apelidan Cartoné, nin publican libros en tapa dura. Carlos Valdés e Celia Recarey promoven o selo Irmás Cartoné dedicado á tradución dos libros dos que gustan.  Están a distribuír o seu cuarto título, Nunha pensión alemá de Katherine Mansfield. Dan ideas “para xente de a pé”. 

OPINIÓN

Os tres libros que abren o canto final de Manuel María

A recente e acertadísima decisión da Real Academia Galega de dedicarlle o vindeiro Día das Letras Galegas a Manuel María será, sen dúbida ningunha, unha magnífica oportunidade para redescubrirmos a figura inmensa do poeta e, ademais, para redescubrirmos o país a través da súa amplísima obra e da súa biografía, que non se poden comprender, nin a unha nin a outra, sen o seu inquebrantábel compromiso co proceso histórico do nacionalismo galego desde comezos dos anos cincuenta do pasado século.

Libros con... para conmemorar o 23 de abril

Libros con... para conmemorar o 23 de abril

“Berbiriana” é o nome da libraría máis nova da Galiza. Abriu as súas portas hai apenas unha semana na Coruña e ofrece libros con... grolos.  Achegámonos neste Día do Libro ao novo establecemento que segue a estela de Linda Rama na Coruña, Numax en Compostela ou Mishima en Vigo. 

A AGE interésase pola presenza dos libros nos medios

A AGE interésase pola presenza dos libros nos medios

A Asociación Galega de Editores interésase pola presenza dos libros e a lectura nos medios de comunicación e a ese tema dedícalle o seu simposio anual. Catorce profesionais do xornalismo participarán no encontro. 

Unha semana para "comer libros" en Lugo

Unha semana para "comer libros" en Lugo

Obradoiros para centros de ensino, alumnado de infantil, primaria e primeiro de secundaria, pola mañá e actividades pola tarde compoñen o programa desta nova edición do encontro lector que leva por título “Cociñando contos”. 

OPINIÓN

Libros da Frouma: "CaRa inversa"

En 1998, no prelo da compostelá Follas Novas Edicións, editábase o primeiro libro da colección de poesía Libros da Frouma. Dende aquelas datas ata este mesmo comezo de verán —en que saíu o seu derradeiro volume— publicáronse nela un total de setenta obras de poesía en galego.

Os libros saboréanse en Carballo

Os libros saboréanse en Carballo

Do 5 ao 9 de maio, o Pazo da Cultura de Carballo ábrese para acoller a novena edición da Semana do Libro e a Lectura que ten como lema “Cociñando contos”. Máis de 2.500 [email protected] achegaranse estes días aos libros e o goce de ler.

OPINIÓN

#EnGalegoLeo

Benquerida e sempre estrañada avoa:

Andamos neste tempo revolto de muda estacional que ti sempre clasificabas como  entretempo, acaído tanto para a primavera como para o outono, e que sempre me parecía que debía ser a nosa terceira estación galega de tránsito cíclico entre o verán e o inverno.

Os museos “liberan libros” polo Día Internacional

Os museos “liberan libros” polo Día Internacional

O Museo Fundación Eugenio Granell, o CGAC, o Marco, o de Peregrinacións ou o de Belas Artes da Coruña son algúns dos centros de arte que participan nunha acción internacional de bookcrossing no Día Internacional do Libro. 

As Anpas defenden o “empréstimo universal” dos libros de texto

As Anpas defenden o “empréstimo universal” dos libros de texto

O empréstimo universal xunta “a gratuidade do ensino, o aforro económico institucional e a transmisión de  e valores formativos de reutilización e solidaridade”, din desde as ANPAS fronte ás propostas da Consellaría de creación de banco de libros ou de axudas a quen máis o precisa. 

Dous libros galegos no podio mundial da literatura infantil e xuvenil

O IBBY apuntou con tiro certeiro.  Dúas obras editadas en Galiza que contan xa con distintos premios incorpóranse as súa listaxe de honra. Son Palabras de auga, de Marcos Calveiro (Xerais) e a edición de Kalandraka con tradución de Carlos Acevedo dos Contos por teléfono de Rodari. 

Un feixe de libros para coñecer e cociñar cogomelos

Un feixe de libros para coñecer e cociñar cogomelos

A afección de ir ao monte por eles aumenta ano a ano. Agroman por toda parte e cada vez están máis na moda. Procuramos un feixe de libros para coñecelos e cociñalos. Estamos no tempo dos cogomelos. Tres con receitas e dúas guías, unha biblioteca esencial para se achegar aos froitos do monte. 

Wert pón remedio aos recortes: que nais e pais baixen os libros de internet

Wert pón remedio aos recortes: que nais e pais baixen os libros de internet

O ministro de Educación desafógase no programa de variedades que presenta Ana Rosa Quintana. Denomina  ''escándalo social'' as protestas contra os recortes no ensino público e di que ''un dos maiores dramas do Estado español é que a maioría dos parados non teñen estudos''. As presidentas das Federacións de Anpas de Lugo e da Coruña cadran en que as súas declaracións ''incitan á ilegalidade''
Catro días de pan e libros en Carballo

Catro días de pan e libros en Carballo

O Xardín Municipal de Carballo ofrece, ao longo de catro xornadas, alimento para o corpo e a mente: é a sexta edición de Praza dos Libros, coincidindo coa feira tradicional de produtos da terra. Concertos, teatro, conta contos, presentacións de libros ou actividades para [email protected] integran o programa.
@s 'fill@s do silencio' volven a San Simón

@s '[email protected] do silencio' volven a San Simón

300 persoas --as que caben no barco-- conmemoraron na illa, como cada 15 de xullo desde hai sete anos, o Día da Memoria. Música, flores, pombas e palabras procuraron recordar no sentido etimolóxico do termo: traer, máis unha vez, ao corazón
Libros “a toda mecha” en Compostela

Libros “a toda mecha” en Compostela

As editoriais de Compostela andan aceleradas. Teñen un feixe de novidades e queren facelas públicas por conxunto e sen demora. Por iso idearon o “Express Literario” que se desenvolverá o día 26 ás 20 horas na praza Salvador Parga.
Libros para ver na tele
OQO E O SEU MODELO 360º

Libros para ver na tele

Con letra e imaxe a historia está contada. E se con iso se contrúe un libro, son tamén os elementos para un curta de animación. A editorial Oqo alédase do éxito da súa dimensión audiovisual. Para ver os seus filmes, abonda entrar na web da TVG.