lugo
O Lugo cesa o cuarto director deportivo en cinco anos
Cae Emilio Viqueira

O Lugo cesa o cuarto director deportivo en cinco anos

É un posto de alto risco o do director deportivo do Lugo. O clube comunicou esta terza feira o cesamento do titular do cargo, Emilio Viqueira. Cae tamén o seu adxunto, José Luis Deus. Viqueira é o cuarto director deportivo cesado na entidade branquivermella no transcurso dos últimos cinco anos.

Chuvia de reforzos nos equipos galegos no feche do mercado de inverno

Chuvia de reforzos nos equipos galegos no feche do mercado de inverno

O mercado de inverno futbolístico veu este ano farturento de noticias. Non é de estrañar: os equipos galegos están lonxe de conseguir os seus obxectivos e precisaban de reforzos nunha ventá, a de xaneiro, habitualmente pouco propicia para as boas operacións deportivas (outra cousa é o suculento negocio dos representantes). O Lugo é o clube que máis apostou no casino de xaneiro: 6 incorporacións, por tres do Celta e dúas do Dépor.

OPINIÓN

Nin bar nin var

O campo do CD Lugo non se caracteriza por ser unha caldeira. Os 3.000 de sempre non acostuman a levantar a voz. Tan só perden a cabeza por unha razón: as arbitraxes. Ás veces, o mellor que lle pode pasar ó conxunto albivermello é que lle toque un colexiado con ansia de...

OPINIÓN

Caos albivermello na liña 6

Seguir a un equipo de fútbol provoca moitas veces unha dor innecesaria. Cando decides ou sentes que es hincha dun club estás perdido. Comeza unha longa carreira vital na que o teu humor cambiará en función do resultado. E terás que dar moitas explicacións: ós teus pais, á...

Máis emoción que beleza nun derbi sen goles
Dépor-Lugo (0-0)

Máis emoción que beleza nun derbi sen goles

Postos a procurar un heroe, non hai dúbidas: Juan Carlos, o gardamallas do Lugo. Postos a subliñar unha decisión técnica dificilmente comprensíbel, tampouco: a suplencia de Quique González no Dépor. Postos a tirarmos conclusións do primeiro derbi galego da temporada, hai unha que se destaca sobre as demais: o Dépor non atravesa o mellor momento do curso e o Lugo é un combo serio e difícil de bater. Si, un combo capaz de sobrevivir nun campo como Riazor en inferioridade numérica.

OPINIÓN

Dez de dez

Non sei nin cando empezou esta temporada. Van 18 xornadas e semella que pasou un mundo. Demasiada dor e xiros para una afección acostumada a transitar pola Segunda nesta segunda época coma quen vai andar polo Río Rato. Relativa tranquilidade, iso si, no deportivo, porque no...

Un punto premia a resistencia do Lugo en Almería
60 minutos cun futbolista menos

Un punto premia a resistencia do Lugo en Almería

Non é nada doado o campo do Almería. O Dépor sobreviviu case de milagre, grazas a unha isolada acción do sempre talentoso Fede Cartabia. Pois ben, nese cenario hostil o Lugo selou un acto heroico: conseguiu un empate após xogar en inferioridade numérica durante 60 minutos.

OPINIÓN

Libertadores

O telexornal con maior audiencia da nosa terra abría o domingo coa previa dun partido entre dous equipos arxentinos que se celebraba a centos de quilómetros. Estaba por diante de calquera nova socieconómica local. A final da Copa Libertadores vendeuse como unha cita para a...

OPINIÓN

Nin gol, nin 'golo', nin 'goal'

Para explicar a singularidade das linguas en ocasións alúdese á multiplicidade de termos que teñen para expresar un determinado concepto. Aí está o galego e as mil formas que ten para a chuvia e ós seus fenómenos. Algo semellante ocorre co finés e a neve. E no polo oposto...

OPINIÓN

Que non escampe a chuvia en Lugo 

"Nunca choveu que non escampara é un dito tópico". A resignada asunción sobre que cando as nubes descargan nada vai ser posible. Só queda agardar a que a natureza deixe de estourar para volver á rutina. As malas xeiras mudan na calma e a tempestade sempre vai marcar os...

OPINIÓN

O Lugo somos nós

Podería facer un artigo doado logo da última derrota contra o Albacete. A enésima nunha tempada escura para o CD Lugo. Podería falar con distancia de todos os erros cometidos, da falla de gol, de certos xogadores sen alma… Podería eu e calquera afeccionado albivermello,...

Seis voces sobre o ronsel da Asemblea Nacionalista de Lugo

Seis voces sobre o ronsel da Asemblea Nacionalista de Lugo

Cen anos despois, a Asemblea Nacionalista de Lugo que decorreu entre o 17 e o 18 de novembro, ponse de actualidade. Con motivo do centenario, consultamos a estudosas e estudosos que implicacións tivo na Galiza de 1918 e anos posteriores e como é posíbel manter o legado que as persoas participantes do encontro deixaron plasmado no Manifesto de Lugo.

Os cen anos da Asemblea Nacionalista de Lugo
I Asemblea Nacionalista

Os cen anos da Asemblea Nacionalista de Lugo

Fanse exactamente 100 anos da Asemblea de Lugo, que significa o nacemento do nacionalismo galego en sentido estrito. A liña política definida polas afiliadas e afiliados das Irmandades da Fala representa un salto cualitativo nas reivindicacións nacionais de Galiza. Ao fin, non se trata dunha mudanza simplemente terminolóxica, senón do abrente dunha nova etapa na loita pola liberación nacional do país.

O nacionalismo organizado fai 100 anos
Asemblea Nacionalista de Lugo

O nacionalismo organizado fai 100 anos

Con motivo do centenario da I Asemblea Nacionalista, o historiador Justo Bermandi insire no contexto histórico a transición do rexionalismo ao nacionalismo galego e dá conta das achegas do programa político aprobado, que perseguía, explica, a construción social da nación galega en clave democrática e socialmente progresiva.

Demasiado castigo para o Lugo

Demasiado castigo para o Lugo

Un grande gol de Borja Galán decidiu o Lugo-Alcorcón no Anxo Carro. Non se puido estrear con vitoria na súa casa o novo treinador dos albi-vermellos, Alberto Monteagudo. O Lugo puxo máis e mereceu máis.

OPINIÓN

A guillotina trouxo a revolución

Pasar da máis fonda depresión á tímida esperanza, atravesando por unha destitución, apupos e moito frío, é posible. Como? Sendo o CD Lugo da presente temporada. Un club abaneado polos continuos trocos na dirección deportiva e no banco que esta pasada fin de semana convocou...

"Alguén imaxina un #onosoderbi en Dubai?"

"Alguén imaxina un #onosoderbi en Dubai?"

Representantes das federacións de peñasdo Celta de Vigo, Deportvo da Coruña, CD Lugo e SD Compostela compareceron na capital galega para denunciar "un modelo de fútbol que non nos representa" e pedir aos seus respectivos clubs que se posicionen publicamente contra a pretensión da Liga.

Un Lugo con medo a perder consegue empatar en Tenerife
Festival de centrocampismo no Heliodoro Rodríguez López

Un Lugo con medo a perder consegue empatar en Tenerife

Centrocampismo a esgalla, especulación co balón, medo a perder por ambas partes, contención. Con esas premisas o normal é que o choque entre dúas equipas da zona baixa da táboa acabe con empate sen goles. Ao Lugo bastoulle oficio defensivo para cazar un punto perante un rival ao que ben puido ter batido de ter sido algo máis ambicioso.

Por un Lugo libre e inclusivo

Por un Lugo libre e inclusivo

En maio deste ano naceu a plataforma Lugo Sen Mordazas. O seu obxectivo é paralizar a entrada en vigor da Ordenanza de Seguridade e Convivencia, que o Goberno local quere aprobar co apoio do PP e Ciudadanos. Asociacións, colectivos, partidos, sindicatos e cidadanía suman forzas contra unha ordenanza que discrimina e criminaliza os colectivos da cidade con maior risco de exclusión. A cultura, popular e autoxestionada, é a súa principal ferramenta. Eis un extracto da reportaxe publicada ao respecto no número 314 de Sermos Galiza.

O Lugo nunca tivo opcións ante o Oviedo

O Lugo nunca tivo opcións ante o Oviedo

O Lugo foi inferior ao Oviedo en practicamente todos os rexistros do xogo. A escadra de Javier López tentouno de todos os xeitos, mais nin con xogo curto nin longo, nin con posesión nin con contras, foi quen de facerlle dano á equipa asturiana. 

O Lugo sofre un castigo excesivo fronte ao Málaga
(1-2)

O Lugo sofre un castigo excesivo fronte ao Málaga

Os de Javi López estreáronse na Liga perante un dos grandes da segunda división, o recentemente descendido Málaga. Fixérono nun partido emocionante que os lugueses botaron a perder en tan só cinco minutos.

O blues contemporáneo conquista Lugo
Esta fin de semana, o Blues Museum

O blues contemporáneo conquista Lugo

Na densa oferta de festivais de música no verán galego hainos de varias tipoloxías. Politizados, de menú variado, inclinados ás bandas galegas, con nomes de eco internacional, veteranos, abertos a outras artes ou estilisticamente monográficos. A esta última categoría pertence o Blues Museum, que esta fin de semana celebra en Lugo a súa segunda edición.
 

Que está detrás da crise de Lugonovo?

Que está detrás da crise de Lugonovo?

Primeiro a dimisión de Santiago Fernández Rocha, candidato a alcaldía e portavoz municipal de Lugonovo, tras ser cuestionado internamente pola falla de firmeza na oposición ao PSOE e...

Tres candidaturas disputan a secretaría xeral do PSOE en Lugo

Tres candidaturas disputan a secretaría xeral do PSOE en Lugo

Xa hai data para as primarias do PSOE lugués. Os máis de 2.000 militantes socialistas están chamados a elixir o vindeiro 3 de decembro un novo secretario xeral que poña fin a interinidade do partido, dirixido por unha xestora após a dimisión hai 2 anos de Xoán Carlos González Santín.

Lugo é pedrista: gañou Besteiro
Vitoria de Sánchez con 68,6 por cento dos votos

Lugo é pedrista: gañou Besteiro

Lugo é pedrista. A incontestábel vitoria de Pedro Sánchez nas primarias celebradas na provincia de Lugo deixa claro cales son as simpatías da militancia socialista.

Lugo perde 48 liñas de transporte de viaxeiros por estrada
Quebra o modelo de concesión privada e prácticas oligopolistas

Lugo perde 48 liñas de transporte de viaxeiros por estrada

A provincia de Lugo non interesa ás empresas de transporte interurbano por estradas. A sentenza de marzo de 2016 que anulaba a polémica decisión da Xunta de Galiza de prorrogar as concesións das liñas de trasporte por estrada está ser aproveitada polos empresarios do sector para desfacerse daqueles traxectos menos rendíbeis.

Lugo, nin a 30

Lugo, nin a 30

O goberno de Lugo segue pagando grandes cantidades de diñeiro a empresas involucradas no Caso Pokemon por contratos xa caducados.

UNHA MOZA APARECEU ASASINADA NA MAñá DO SáBADO

Investigan un posíbel asasinato machista en Lugo

[ACTUALIZADA O 10.04.2016 ÁS 15h] Unha moza de 24 anos, Tatiana V.A., apareceu morta nun coche en Lugo na mañá do sábado. Investígase agora se a morte violenta representa un novo caso de asasinato machista.