luis-bara
OPINIÓN

Terror en San Simón

Unha empresa privada autorizada pola Xunta de Galiza, a navieira Nabia, organiza na noite do xoves 31 de outubro unha “noite de terror” na Illa de San Simón para celebrar a festa do Samaín. Presentado como unha actividade lúdica e educativa, o evento inclúe unha cea nun dos...

Ons e as camisetas animan o Parlamento na véspera do debut de Caballero

Ons e as camisetas animan o Parlamento na véspera do debut de Caballero

O Parlamento comezou o penúltimo período de sesións da lexislatura con Gonzalo Caballero asumindo o liderado dos socialistas, sentado á dereita de Leiceaga, o ex candidato e o futuro candidato á presidencia da Xunta da man e a espera do cara a cara con Feixoo desta cuarta feira; comezou tamén coa estrea dun novo deputado no grupo agora chamado Común da Esquerda; e co PP facendo valer a súa maioría para desbotar as iniciativas da oposición. Todo dentro da normalidade. 
Todas as vidas de Juan Lago Collazo

Todas as vidas de Juan Lago Collazo

Esta é a historia dun rapaz de 20 anos, labrego e sindicalista, que soñaba na primavera galega do 36 cun mundo máis xusto. Que acabou sendo protagonista, sen querelo, de guerras e derrotas, de estadías en campos de internamento e exterminio nos que coñeceu todas as formas do espanto e da degradación humana. Esta é a historia de como sobrevivir ao horror e como sobrelevar a pesada carga do trauma e do pesadelo. Esta é unha dolorosa lección de vida e de dignidade, neste tempo no que as ideas herdeiras daquel fascismo volven percorrer Europa. Eis un extracto da información publicada ao respecto no número 362 do semanario en papel Sermos Galiza.
O BNG esixe coñecer todos os bens inmatriculados da Igrexa desde 1946

O BNG esixe coñecer todos os bens inmatriculados da Igrexa desde 1946

Atendendo á posibilidade de que fosen rexistrados de maneira ilegal templos dedicados ao culto, o BNG vén de presentar no Parlamento galego, a través do deputado Luís Bará, unha batería de iniciativas para coñecer a listaxe de “bens inmatriculados pola Igrexa católica entre 1946 e 1998”.

O BNG esixe un plan de transporte por estrada “dialogado cos concellos”

O BNG esixe un plan de transporte por estrada “dialogado cos concellos”

Os 28 anteproxectos de contratos para 1.206 liñas de autobús son para o BNG “resultado dun deficiente traballo de campo e conteñen numerosos erros e carencias”. Así o demostran, ao ver do deputado Luís Bará, as alegación presentadas polos concellos afectados. E con estes cos que o nacionalista pide “diálogo” de cara a elaborar un plan de transporte por estrada “adaptado á Galiza do século XXI”.
Bará anuncia un novo impulso para a "axenda galega"

Bará anuncia un novo impulso para a "axenda galega"

Luís Bará anunciou esta segunda feira que á volta das ferias o BNG vai relanzar a "axenda galega" en materia de transferencias, infraestruturas, enerxía, financiamento e memoria histórica. Un activismo que o parlamentar contrasta coa "parálise" da política do estado, da que responsabiliza a PP, PSOE e Podemos. Un impasse que estaría a prexudicar os intereses galegos, denuncia.
O BNG pide institucionalizar o Día da Galiza Mártir

O BNG pide institucionalizar o Día da Galiza Mártir

Que as institucións públicas galegas honren a memoria de Alexandre Bóveda e das vítimas da ditadura cada 17 de agosto. Que o Estado anule as sentenzas de morte ditadas por razóns políticas, ideolóxicas ou de crenzas. Iso é o que pide unha proposición non de lei que leva a asinatura do parlamentar do BNG Luís Bará e que se acaba de rexistar no Parlamento da Galiza.

 

 

O BNG insta a Xunta a apoiar as seleccións deportivas nacionais e a súa participación internacional
Futbol gaélico

O BNG insta a Xunta a apoiar as seleccións deportivas nacionais e a súa participación internacional

O Bloque demandou no Parlamento Galego apoio económico por parte da Xunta para as seleccións galegas de fútbol gaélico. Para o deputado nacionalista Luís Bará a proxección e o éxito internacional que as equipas galegas teñen, fai que estas actúen como “embaixadoras do noso país” e desexou os mellores resultados para as seleccións nacionais de fútbol gaélico, a feminina e a masculina, que participarán a partir do 28 de xullo nos campionatos mundiais deste deporte.

Bará denuncia o CIS por silenciar o crecemento do BNG
Barómetro do CIS

Bará denuncia o CIS por silenciar o crecemento do BNG

O novo barómetro do CIS volve invisibilizar os datos electorais referentes o BNG considerándoos dentro do epígrafe “outros”. A pesar de que o CIS ten en conta os datos das forzas representativas, con ou sen presenza nas Cortes, o BNG non figura desagregado mentres si o fan os datos correspondentes a Galiza do PACMA e Vox.

Pontevedra inaugura un gran mural feminista que visibiliza as mulleres na historia
Memoria das mulleres

Pontevedra inaugura un gran mural feminista que visibiliza as mulleres na historia

O concello de Pontevedra loce un mural feminista de grandes dimensións que transforma o espazo público e racha coa memoria silenciada, visibilizando as mulleres na historia da cidade do Lérez. Unha obra de arte que pretende servir de encerado para ensinar unha historia que deixe de ser aprendida en gris para coñela cos lentes violetas.

A Xunta non quere bandeiras da Patria nos estadios
Responde ao BNG

A Xunta non quere bandeiras da Patria nos estadios

As bandeiras da Patria que amosan as afeccionadas e afeccionados nos encontros deportivos non gostan ao Goberno de Feixoo. Resultan, di, “incompatíbeis” co ideal defendido pola Xunta para os estadios.

O PP respalda o BNG para Galiza igualar o seu teito competencial a Euskadi e Catalunya

O PP respalda o BNG para Galiza igualar o seu teito competencial a Euskadi e Catalunya

Unha sorprendente votación tivo lugar esta cuarta feira no Pazo do Hórrreo. Submetíase a consideración unha proposición non de lei da autoría do deputado Luís Bará (BNG) que en esencia demandaba igualar o grao de autogoberno galego ao que desfrutan Euskadi e Catalunya. O PP votouna a favor, o que sen dúbida constitúe un novo aceno de Feixoo na súa política de marcar distancias co perfil anti-autonomista de Vox.

OPINIÓN

Se non che chega este mundo faite astronauta

A participación de Sabela Ramil no Reality OT é un fenómeno social e mediático de grande repercusión en Galiza (e tamén fóra). A súa decisión de cantar en galego e a escolla do repertorio é un sopro de ar limpo e fresco que nos pon diante do espello das...

OPINIÓN

Morrer por riba das nosas posibilidades

O deterioro do sistema sanitario público galego é unha realidade que cada día sofren tanto as profesionais que traballan no SERGAS como as persoas usuarias que están á agarda dunha cita médica, dunha intervención cirúrxica, dunha consulta en atención primaria ou pediátrica,...

OPINIÓN

Nunca Máis e a Dignidade Galega

O 1 de decembro é xa para sempre o Día da Dignidade Galega. Naquel domingo chuvioso de 2002, máis de 200.000 persoas asolagaban con paraugas e berros de carraxe a praza do Obradoiro de Compostela. Era a contundente resposta dun pobo que se erguía en pé de...

OPINIÓN

A Tentación da Liberdade

 

Queremos soñar grandezas para Galiza e facer realidade os soños

Luís Seoane

 

Nos pasados días asistimos a unha campaña infame de acoso e intimidación...

OPINIÓN

Centenario do nacionalismo galego

Nós nomeámonos, de hoxe para sempre, nacionalistas galegos, xa que a verba "rexionalismo" non recolle todas as aspiracións nin encerra toda a intensidade dos nosos problemas. Con este limiar escribiuse o 17 e 18 de novembro de 1918, en Lugo, a acta fundacional do...

OPINIÓN

O Celta en Mos: do balón ao pelotazo

O pasado 15 de decembro de 2017, Mouriño, Feixóo e a alcadesa de Mos Lidia Arévalo anunciaban aos catro ventos o proxecto dunha grande cidade deportiva en Mos, nas parroquias de Pereiras e Tameiga, un equipamento de...

OPINIÓN

O galego na inxustiza

A xustiza española é unha institución rancia e reacionaria, que rezuma clasismo e machismo. No seu cerimonial e nos seus ritos, compórtase como un corpo elitista, distante e autoritario. Vixiante do mantemento do statu quo, despregou todo o seu arsenal represivo na resposta...

OPINIÓN

A Galiza que puido ser

A conmemoración da Declaración Nazonalista de Lugo do 18 de novembro de 1918, considerada a acta fundacional do nacionalismo galego, ponnos diante dunha historia de amor, de compromiso, de loita, de xenerosidade e de construción colectiva. Un percurso cheo...

OPINIÓN

Veleno nacionalista

Jean Claude Juncker, líder dunha Unión Europea en crise de identidade e lexitimidade, lanzou a proclama: “O nacionalismo é un veleno”. En verdade a expresión foi un pouco máis longa: “O patriotismo é virtude, a cerrazón nacionalista é un veleno...

OPINIÓN

Pontevedra

Vivimos nunha sociedade que santifica o vehículo privado, convertido en símbolo de liberdade, autonomía persoal e éxito social. Un poderoso lobby empresarial presiona para condicionar as políticas públicas, destinando grandes sumas de diñeiro a campañas de marketing e...

OPINIÓN

O decoro e o decorado

Os dez anos que pasaron desde o comezo da grande recesión que principiou coa creba de Lehman Brothers foron un tempo de xigantescas mutacións no político, no económico e no social. O xigantesco tsunami ideolóxico que debaratou dereitos e...

OPINIÓN

Populocalismo

O centralismo fixo moito mal ao noso país. Xa o deixou claro Celso Emilio: Nunca virá de fóra remedio ou esperanza. No goberno, na política, na cultura, na identidade, as visións centralistas asumen a idea de que Galiza non pode valerse por si...

OPINIÓN

Vintecinco

O 25 de xullo, Día da Patria Galega, é unha xornada de festa e de reivindicación. Celebramos nesta data as loitas que nos precederon, o sangue derramado por homes e mulleres valentes e xenerosas, a dor e o amor que nos deixaron en herdanza, a fortaleza das...

OPINIÓN

Monarquía non, grazas

A monarquía constitucional española carece de lexilimidade democrática. Sabido é que Juan Carlos de Borbón foi proclamado como herdeiro polo Ditador Francisco Franco e que el mesmo se convertiu en gardián das esencias franquistas e da...

OPINIÓN

UE, militarismo e xenofobia

O nacionalismo galego tivo desde as súas orixes unha decidida vocación europeísta, internacionalista e solidaria. Esa é a herdanza recibida do galeguismo aberto ao mundo que practicaban Plácido Castro, Lois Tobío ou...

OPINIÓN

Meirás: torres máis altas caeron

A loita pola recuperación das Torres de Meirás é un símbolo para a esperanza. Nos albores deste século un grupo de persoas valentes e teimudas puxeron en pé unha reivindicación que co tempo comezaría a dar o seu froito. No combate pola memoria do pasado...

OPINIÓN

República galega

O 27 de xuño de 1931 proclamábase en Compostela a República Galega. Foi un estadio efémero da historia de Galiza, mais a semente dun tempo que haberá de chegar para que a nosa terra conquiste a verdadeira liberdade.

 

Porque unha Galiza ceibe e...

OPINIÓN

ENCE, política forestal e portas xiratorias

A prórroga por 60 anos da concesión de ENCE nas marismas de Lourizán foi unha decisión política do goberno Rajoy tomada en xaneiro de 2016, pola porta de atrás e con moitas zonas escuras. Trátase dun exemplo de libro da corrupción en B do poder político,...

OPINIÓN

Terra minada

Galiza sofre un modelo económico de explotación e expolio dos seus recursos naturais, de extracción de materias primas que son abondosas na nosa Terra e que son obxecto da cobiza de empresas foráneas. É unha das consecuencias da dependencia política, da falta de capacidade...

Un bosque contra o esquecemento

Un bosque contra o esquecemento

Máis dun centenar de persoas asistiu na mediodía do pasado sábado ao acto inaugural do Bosque da Memoria, sementado polo colectivo “A Regaduxa, memoria histórica de Vilaboa” ás portas do cuartel de Figueirido en memoria de todos os presos alí retidos tras a súa conversión en cárcere franquista en 1938, así como das súas familias e da xente da contorna de Pontevedra que lles prestou apoio.

OPINIÓN

Rachar a foto do xefe do estado

Son  persoa de orde e, xa que logo, non gosto de queimar bandeiras, rachar fotos ou asubiar himnos como medios de expresión política. Existen mellores vías para comunicar o desacordo coa deriva recentralizante e autoritaria do Estado.

 

Mais si...

"Había moita xente que agardaba un acto como este"
Luís Bará, parlamentar do BNG que rachou unha foto de Felipe VI

"Había moita xente que agardaba un acto como este"

Un acto simbólico -un deputado do BNG rasga no Parlamento unha fotografía de Felipe VI- voltou a pór o PP perante o espello. Nel reflectiuse o rosto dun partido que na práctica non asume a recente sentenza do Tribunal Europeu de Dereitos Humanos en virtude da cal a liberdade de expresión até ampara a queima de imaxes dos monarcas. O PP forzou a máquina para sancionar Luís Bará, o protagonista do lance. É un home de talante templado e de firmes conviccións: "Estamos nun momento en que cómpre facer xestos de radicalidade democrática".

Luís Bará racha unha foto de Felipe VI na tribuna do Parlamento galego
O PP contra-ataca rompendo unha do BNG con Otegi

Luís Bará racha unha foto de Felipe VI na tribuna do Parlamento galego

O pasado 14 de marzo, o Tribunal Europeu de Dereitos Humanos sentenciou que a queima de fotos de membros da Casa Real é unha práctica amparada pola liberdade de expresión. Esta terza feira, o parlamentar do BNG Luís Bará rachou unha instantánea do monarca durante a defensa dunha iniciativa visando derrogar a 'lei mordaza'.

Luís Bará pide cambios na lei para que Meirás sexa devolto ao pobo galego
Debate en La Sexta Noche

Luís Bará pide cambios na lei para que Meirás sexa devolto ao pobo galego

“Nos pensamos que hai que cambiar a lei, e como se fixo con moitas incautacións ilegais que se produciron durante a ditadura franquista, promover a devolución dese ben que foi espoliado, roubado ao pobo galego, e que se converta nun ben público que poida ser gozado libremente”, dixo Luís Bará onte no programa La Sexta Noche no que foi entrevistado en relación á toma simbólica do Pazo de Meirás.

"É dramático o das rías como auténticas foxas comúns"
Luís Bará, escritor

"É dramático o das rías como auténticas foxas comúns"

A memoria histórica volve resgatar Luís Bará (Vilaboa, 1965) para o mundo da cultura e da súa paixón, a literatura. Deputado e concelleiro, vén de publicar a súa opera prima Non des a esquecemento, un libro escrito a medias entre o xornalismo e a literatura no que recupera historias da represión nas que tira de fíos tecidos na memoria oral ou dos arquivos, pero sen esquecer nunca o compoñente emocional daqueles días de barbarie. Entrevistámolo no 244 do Sermos Galiza. Aquí un extracto da conversa.