lume
Os lumes avanzan pola Amazonia
Bolsonaro culpa as ONG

Os lumes avanzan pola Amazonia

A peor vaga de lumes dos últimos anos está destruíndo a Amazonia mentres o presidente do Brasil, o ultradereitista Jair Bolsonaro, culpa as ONG de causaren a catástrofe ambiental. A NASA divulgou imaxes realizadas polos seus satélites onde se aprecia o alcance dos lumes. A esquerda denuncia Bolsonaro por eliminar todas as políticas ambientais presentes na Constitución.

OPINIÓN

Lost in Paradise. Galifornia está aí…(e III)

Se na anterior entrega desta série argumentamos sobre a irresponsabilidade do goberno Feijóo en política forestal e cambio climático, ao rexeitar modificacións da súa liña tradicional en materia de xestión do medio rural, nesta ocasión trataremos de soster a acusación de...

Dignidade laboral contra o lume

Dignidade laboral contra o lume

 

Cunha previsión de até 43º na Arnoia (Ourense), a meirande parte da poboación vivirá temperaturas extremas cunha mala calidade do aire provocada polos ventos que chegan do norte de África cargados de area e po. É neste contexto no que deben traballar axentes medio ambientais, cunhas condicións laborais que dificultan o labor de extinción. Os Axentes forestais manteñen unha greve indefinida desde o día 1 mentres os axentes medio ambientais a adian até a reunión coa Xunta, na próxima segunda feira.

Lume [por Henrique Harguindey]
COMO DICILO?

Lume [por Henrique Harguindey]

A produción e o control do lume foi unha das máis gandes conquistas da humanidade. A partir dese momento puido cociñar e comer quente, combater o frío, protexerse ante ataques de depredadores e realizar outros labores esenciais na vida das...

Lume no teatro, por Xoán Costa

Lume no teatro, por Xoán Costa

Na noite do 3 ao 4 de xaneiro de 1867, na Coruña, un incendio destrúe o Teatro Principal, hoxe, e desde 1909, Teatro Rosalía. En 1868 comezan as obras de reconstrución que lle dan o aspecto que agora coñecemos, sobre todo na...

OPINIÓN

Lei de acompañamento: lume forestal, dano colateral

O Partido Popular ,en solitario ,vai  a aprobar no Parlamento Galego a Lei de Acompañamento para os orzamentos xerais da Xunta de Galiza. Mediante esta lei ,de case lectura única, modifica en profundidade diversas leis vixentes. E modificaas ,non somentes...

A Mariña tamén arde

A Mariña tamén arde

Varios incendios afectaron a unha área posta como exemplo de cultivo ordenado de eucalipto.

Dúas visións antagónicas no Parlamento sobre a vaga de lumes

Dúas visións antagónicas no Parlamento sobre a vaga de lumes

O director xeral de Ordenación e Produción forestal explica a vaga de lumes en base a dúas circunstancias: ventos do sur xeralizados en toda Galiza e aumento da actividade incendiaria. Desde a oposición critican que non admita responsabilidades nas políticas forestais e para o rural desenvolvidas nestes anos, así como que non asuma que esta tipoloxía de lumes veu para ficar se non se cambia o modelo de monte.

O lume ameaza o casco urbano de Vigo

O lume ameaza o casco urbano de Vigo

[EN ACTUALIZACIÓN] Once focos fican activos na cidade, principalmente en varias parroquias do cinturón periurbano. Desde hai horas prodúcense desaloxos de vivendas con carácter preventivo. Non se ten constancia de danos humanos. Dúas persoas fican baixo custodia policial en Comisaría por estaren, presuntamente, relacionadas cos lumes. Ás 2:40h o alcalde, Abel Caballero, aseguraba que todos os focos "urbanos" estaban controlados e na súa maioría extinguidos. Só fica un lume importante activo, na zona de Roteas en dirección a Nigrán, e varios focos no ámbito rural. 

O incendio de Verín arrasou de 1.200 hectáreas

O incendio de Verín arrasou de 1.200 hectáreas

O forte vento e os seus cambios de dirección complicaron as tarefas de extinción que a propia Xunta cualifica de “complicadas”. O lume estabilizouse a última hora da mañá desta sexta feira. A quinta, declarouse o Nivel 2 de alerta pola proximidade do lume ás casas no lugar de Queirugás. Vídeo no Interior.

Terra queimada: 1,6 millons de hectáreas
Desde 1968 ardeu unha superficie equivalente a 55% do país

Terra queimada: 1,6 millons de hectáreas

En ningún territorio do Estado español a incidencia dos lumes é tan poderosa como na Galiza. Éo agora, no presente, mais tamén é así desde hai máis de 40 anos, cando comezou a sistematizarse o estudo destas catástrofes e principiou o proceso de análise estatística nun marco supranacional. A conclusión é un segredo a voces: Galiza sofre como ninguén as consecuencias dos incendios. Eis un extracto do publicado no Sermos Galiza 252.

OPINIÓN

Xogar con lume

Os hábitos democráticos haberían quitar a crise dos lumes do debate político para analisar o ocorrido e pedir as responsabilidades que procedesen tan logo rematase o perigo da vaga. Mais cúmprense nestas datas dez anos da crise de agosto...

O lume queima máis de 600 hectáreas na fin de semana
ARDEN 250 HA EN REDE NATURA

O lume queima máis de 600 hectáreas na fin de semana

Os incendios seguen a asolar o país. No que vai de fin de semana, e segundo os datos provisionais da Consellaría de Medio Rural, xa son máis de 600 as hectáreas calcinadas, 250 delas en espazo protexido Rede Natura, en Manzaneda.

Para que o Lume Novo non queime o medio ambiente

 

A asociación ecoloxista Adega está a dar unhas recomendacións para que as fogueiras que na noite de San Xoán non prendan máis do previsto para que a festa sexan só para queimar os meigallos. Varias son os consellos...

Ilegales: “A vida é lume”
CRÍTICA DE ROCK E OUTRAS LERIAS

Ilegales: “A vida é lume”

En realidade nunca se foron. Voltan os Ilegales e o noso crítico estaba ben atento ao seu retorno.

Un dragón bota lume na rede

Un dragón bota lume na rede

Unha “Dragalpedia” e unha “Topoteca” son os primeiros chanzos do Proxecto Dragal, a expansión da historia do dragón creada pola escritora Elena Gallego Abad á rede. Unha serie televisivas e un cómic serán os posteriores pasos dun proxecto didáctico no que están a colaborar máis de 500 mozos e mozas e 40 ensinantes e que ten como obxectivo darlle vida ao patrimonio inmaterial esquecido. 

OPINIÓN

Uma realidade, uma reflexão: lume ao heteropatriarcado, sem mais demora

O que a escritora feminista Pamela Sobrinho reflicte no seu texto “Cada vez mas estupros, por quê?” é extrapolável às nossas ruas e quintairos.

Semelha que nos últimos tempos a realidade impõe se com crueza, que as situações de vulnerabilidade são cada vez maiores.

Cando o lume arrasa o agro

Cando o lume arrasa o agro

O incendio que devastou o Monte Pindo levou por diante boa parte das terras empregadas por [email protected] da zona para as súas explotacións horto-frotícolas. Desde a cooperativa Raínha Lupa (Quilmas, Carnota) denuncian que "se o goberno da Xunta non fai unha verdadeira política de prevención de lumes" traxedias coma as do Pindo "volverán repetirse cíclicamente".

OPINIÓN

Lume e cinzas

Desta maneira e diante diso, as ( e os) e xa cos aguantes nos límites, coas paciencias e soportares ao raiar de se saíren de nai , collen e din que así non, e fan o que se debe. Daquela no explícito que marcan os manuais faes dirixentes , “ as e os de sempre” son chamados de todo e sinálanos culpables de moito máis aínda. Elas e eles , así llelo queren transmitir ás súas parroquias, son quen fomentan a tolería do desgoberno, a sinrazón e sen cortarse nada investidos de non se sabe, afirmar que elas e eles actuado así na rúa e no Parlamento feren o ser puro e limpo do esencial democrático. Que así non pode ser e que hai que tomar medidas. Vamos, e digámalo claro, que elas e eles nas súas intervencións, ao ir das verdades, son quen lles molestan. Fanos pruir nos escanos e poñer a nervios nos despachos. Elas e eles, esas e eses,“ as e os de sempre”. Claro, mirade vós, mismamente porque non queren que nada se peche en falso e pola contra esixen ( e na luz para todas e para todos) que cada quen apande co que debe . pois os do goberno en Galicia ( e derivacións) teñen moito e ben cualificado co que apandar.

Baltar fillo non pon a “man no lume” polo seu pai

Baltar fillo non pon a “man no lume” polo seu pai

Baltar fillo non pon a man no lume polo seu pai, procesado pola xustiza. O presidente da Deputación fixo do programa de Jordi Évole “Salvados” trending topic co cenit cando confesou que compriría agardar a xustiza para dilucidar a inocencia ou culpabilidade de seu pai, tamén seu antecesor. 

OPINIÓN

Lume en mao comum

A gente do C.S. A Revolta do Berbês começou no passado Ano Velho a recuperar e investigar a tradiçom do lume novo. A reactivaçom da roda cíclica do tempo tradicional ritualiza-se amiúde com lume. O mais conhecido é o da cacharela de San Joám no solstício de verao, mas também os há no inverno, na estrutura simbólica em que aparece o lume novo, o toro de Natal e o Apalpador, quando a luz vence a noite.

Un lume aínda activo queima 300 hectáreas en Manzaneda

Estimacións provisionais da propia Xunta falaron esta mañá de 50 hectáreas. Controlado o lume no concello de Riós, que atinxiu 30 hectáreas. Permanece tamén activo outro incendio no concello lugués do Saviñao que superou xa as 20 hectáreas.