machismo
Portugal rexistra 18 asasinatos machistas no que vai de ano
Esixen implementar medidas transversais

Portugal rexistra 18 asasinatos machistas no que vai de ano

Otília Castro é a última vítima por feminicidio en Portugal. O seu compañeiro asasinouna o pasado domingo en Famalicão após ela ter apresentado denuncias por violencia machista. Van xa 18 feminicidios no que vai de ano. En 2018 rexistrouse un total de 28, oito máis que en 2017.

A oposición esixe o cese do secretario de Jácome polos seus chíos machistas e lgtbifobos
Machismo

A oposición esixe o cese do secretario de Jácome polos seus chíos machistas e lgtbifobos

O PSdeG esixe a demisión do secretario do alcalde de Ourense polo seus chíos machistas e lgtbifobos na súa conta de twitter. Félix Álvarez é o máximo cargo de confianza do alcalde ourensán Gonzálo Pérez Jácome e o seu posto está remunerado con cartos públicos. O rexedor quixo pedir desculpas cualificando o comentario de “non procedente” após as denuncias da oposición e peticións de cese.

Detidos tres homes por violencia machista na Galiza
Violencias machistas

Detidos tres homes por violencia machista na Galiza

O agresor que fuxiu após apuñalar a súa ex parella en Vimianzo foi localizado e detido nunha praia de Muxía. Na Coruña dúas mulleres alertaron a policía de que os seus maridos querían agredilas. Ambos homes tamén resultaron detidos.

O machismo continúa nos dicionarios

O machismo continúa nos dicionarios

Os dicionarios recollen o falar da sociedade. Porén, se a sociedade é machista, éo tamén a linguaxe? Debería a Academia dar exemplo e erradicar da nosa fala palabras e expresións que quedaron no pasado? Eis unha selección de palabras que continúan a arrastrar nesgos de machismo.

“O feminismo é un movemento atractivo porque demostra que o debate non ten por que ser excluínte”
Inma López Silva, escritora

“O feminismo é un movemento atractivo porque demostra que o debate non ten por que ser excluínte”

Ademais de novela, Inma López Silva (Compostela, 1978) practica unha sorte particular de ensaio: a medio camiño entre a análise crítica, a literatura memorialística e o texto de intervención. Chámame señora, pero trátame coma a un señor (Galaxia, 2019), a súa última obra, subtítulase Memoria persoal do machismo na cultura. “As escritoras podemos escribir un relato distinto. Debemos facelo”, afirma, “porque a literatura pode ofrecer alternativas a esta realidade que parece natural e inamovíbel, pero pode cambiar”. Eis un extracto da conversa publicada no número 334 de Sermos Galiza.

Malestar polo carácter machista da publicidade de Estrella Galicia

Malestar polo carácter machista da publicidade de Estrella Galicia

“La cerveza de los que tienen lo que hay que tener. Para los que tienen lo que hay que tener” ou “Tenemos lo que hay que tener”. Así reza a última campaña de Estrella Galicia con soportes publicitarios en locais hostaleiros do país e que está a espertar críticas polo sexismo que desprende.

OPINIÓN

Esquerda, xustiza e liberdade

Os problemas da esquerda veñen de interpretar a realidade deixándose levar por ideoloxías e crenzas fervorosas  e dar máis importancia a impor esas crenzas que a procurar xustiza. Acábase sacrificando o que máis habería que defender para gañar, dominar, demostrar e...

O alcalde de Vilanova de Arousa chama “chacha para todo” á presidenta da Deputación
Indignación nos partidos ante o silencio do PP

O alcalde de Vilanova de Arousa chama “chacha para todo” á presidenta da Deputación

Gonzalo Durán, alcalde Vilanova de Arousa polo Partido Popular, referiuse á presidenta da Deputación de Pontevedra como “chacha para todo do anciano alcalde de Vigo”. As reaccións políticas non se fixeron agardar. Os alcaldes socialistas da provincia esixen a súa expulsión do PP e En Marea, a súa dimisión.
 

Ducias de alumnas protestan contra o profesor machista da USC
Esixen a expulsión do docente

Ducias de alumnas protestan contra o profesor machista da USC

O vídeo do profesor de Económicas da Universidade de Compostela Luciano Méndez en que atacaba con dureza a muller vítima da Manada foi hoxe contestado por ducias de alumnas e alumnos. Concentradas perante o reitorado, na praza do Obradoiro, esixiron a expulsión do docente.
 

OPINIÓN

Se tocas a Iria, tócasnos a todas

O corpo de Iria, as normas de Iria.

 

Estes días saíu á luz a noticia. Iria Pinheiro, actriz e cantante en Os Modernos, denunciou a José Luis Viñas Ortas, director de “Con amor e compañía” e traballador de Ficción Producciones, por...

OPINIÓN

O fío das palabras

Coidado coas palabras (dixo), teñen fío, cortaranche a lingua, coidado. Así empeza un...

OPINIÓN

Os galegos e as galegas

É feminista dicer ¨os galegos e as galegas¨?  É mais xusto iso que dicer só ¨os galegos¨?  Ou, como todo o políticamente correcto, é censura, imposición, convención conformista e xesto que confire...

OPINIÓN

Entre atasco e atasco

O 2017, que xa é historia e recordos, deixou en xeral, e máis nas mulleres, un sabor acedado nos beizos. Por mor dunha serie de acontecementos lutuosos e, especialmente, polo xeito en que as institucións, os medios, a sociedade en xeral, deu en...

Como sería un mundo gobernado por mulleres? Eis algunhas respostas

Como sería un mundo gobernado por mulleres? Eis algunhas respostas

Como sería un mundo gobernado por mulleres? A pregunta lanzouna a compañía teatral Clásicos nunha hora e catro mulleres vinculadas aos ámbitos da cultura e da política tratarán de a responder no Centro Ágora da Coruña a próxima segunda feira (20.00 horas). Pilar García Negro, política e escritora; Andrea Jamardo, editora en Urco; Silvia Seixas, portavoz do BNG en Arteixo; e Eva Vieites, traballadora da Rede de Bibliotecas da Coruña, avanzan algunhas claves do debate. 

OPINIÓN

As mulleres son as máis machistas

Porque son as que educan aos seus fillos no machismo.

 

O outro día estaba nunha comida, un compromiso no que me tiven que sentar con xente descoñecida. Unha muller, que falaba de machismo e nun principio parecía bastante...

OPINIÓN

Que esperamos para reaccionar?

Tres mulleres asasinadas nun fin de semana encarnizado. Mulleres novas, con fillos, cunha vida por diante que tres malnacidos decidiron rematar. O pai dunha delas, nesta época na que todo o que sae das tripas chega a ser voz en Twitter ou en Facebook, escribiu na...

Machismo nos medios: charla en Bueu durante a entrega dos premios Johán Carballeira

Machismo nos medios: charla en Bueu durante a entrega dos premios Johán Carballeira

A editora e feminista Llerena Perozo reflexionará este domingo sobre o tratamento da muller na prensa, coincidindo coa entrega do premio de xornalismo ás gañadoras da XIV edición María Obelleiro, directora do semanario de Sermos Galiza, e Montse Dopico. “A idea nace como unha iniciativa pioneira que pretende dar a coñecer o mundo do xornalismo desde unha perspectiva de muller”, explica a concellaría de normalización lingüística.

IGUALDADE E ENSINO

Coeducar, combater o machismo nas aulas

Expertas defenden a escola como espazo estratéxico para desmontar as relacións de poder e para camiñar cara á igualdade. Mergullámonos na coeducación no Sermos Galiza en papel número 238. Eis un extracto da reportaxe.

"As mulleres non nacemos débiles, fannos débiles"
Sandra Lage, alumna que participou no proxecto "Son feminista"

"As mulleres non nacemos débiles, fannos débiles"

Sandra Lage ten 20 anos e é unha das alumnas do IES Politécnico de Vigo que participou no proxecto "Son feminista...", dirixido polas profesoras Carme Adán e Ana Ojea. Estuda o segundo curso do Bacharelato de Artes para persoas adultas e nesta conversa explícanos por que decidiu sumarse ao vídeo.

“Non se me pasa pola cabeza renderme”
Nélida Pisco

“Non se me pasa pola cabeza renderme”

Esta condutora de autobús leva desde 2009 a sofrer na empresa unha situación que a xustiza cualifica de acoso laboral. Desde que pediu a redución da xornada laboral para poder atender a súa primeira filla, que naceu cunha doenza conxénita e con necesidade de lactancia natural. 

Horas baixas de Donald Trump após o ataque ás mulleres

Horas baixas de Donald Trump após o ataque ás mulleres

Donald Trump, o candidato republicano á Presidencia dos EUA, atravesa o peor momento da súa campaña. Un vídeo con declaracións machistas rexistradas hai unha década está a saírlle caro ao aspirante a ocupar a Casa Branca. No seu partido érguense voces críticas.

OPINIÓN

Em resumo (II)

Em junho de 2015, Tim Hunt, Prémio Nobel de Medicina, demitiu do seu cargo no University College de Londres despois das críticas recebidas polos seus comentários machistas numha palestra em Corea do Sul. Hunt afirmara que com as...

“Hai que dar o debate sobre o feminicidio”
CARME ADáN, PARLAMENTAR DO BNG

“Hai que dar o debate sobre o feminicidio”

A portavoz parlamentar do BNG en materia de Igualdade, Carme Adán, vén de presentar unha iniciativa parlamentar na que propón a elaboración dun estatuto de vítima de feminicidio nun momento en que “as mulleres morren polo simple feito de ser muller”.

Mulleres no Sudán: baixo o xugo do machismo e a ignorancia

Mulleres no Sudán: baixo o xugo do machismo e a ignorancia

Supoñen case o 58% da poboación e carrexan sobre a cabeza o sustento familiar de moitos fogares. Mais as súas voces non se escoitan. O 90% son analfabetas e fican caladas ante a violencia, a guerra e os malos tratos amparados por unha sociedade patriarcal que as relega a un segundo plano. Aínda estando prohibida, a mutilación xenital é práctica habitual contra as nenas, en forma de ablación ou infibulación. Para as sudanesas, unha cousa é a lei e outra, ben distinta, a vida