maduro
Venezuela: “o coiro enxoito”
ANÁLISE

Venezuela: “o coiro enxoito”

O estudoso do exilio económico e político galego e especialista en Venezuela Xurxo Martiz achega nesta análise as chaves da crise que vive o país, cunha nova escalada na sabotaxe eléctrica. Esta semana o Goberno venezuelano denunciaba a ocupación “forzosa e ilegal” das súas sedes diplomáticas nos Estados Unidos. Eis un extracto da análise, publicada no número 339 do semanario Sermos Galiza.

Un futuro incerto para Venezuela
ANÁLISE

Un futuro incerto para Venezuela

A previsión de agravamento nos problemas de abastecemento de petróleo e, en consecuencia, a imperiosa necesidade de controlar os recursos enerxéticos, representan unha das causas da nova operación impulsada polos EUA en Venezuela. Eis un extracto da análise publicada no número 333 de Sermos Galiza.

A direita venezuelana non dá mobilizado toda a súa xente no simulacro de consulta

A direita venezuelana non dá mobilizado toda a súa xente no simulacro de consulta

Os organizadores do referendo opositor afirman que na consulta tomaron parte 7.186.170 persoas. Como era de agardar, dado que se trataba dunha iniciativa promovida pola direita, o resultado foi esmagadoramente contrario ao proxecto de Maduro de convocar unha Asemblea Constituínte, cunha percentaxe por volta de 95 por cento de votos negativos.

Os EUA continún sen recoñecer Maduro e Kerry fala de América Latina como "o noso patio traseiro"

Os EUA continún sen recoñecer Maduro e Kerry fala de América Latina como "o noso patio traseiro"

O Imperio non larga a presión sobre Venezuela. A Administración Obama teima en que non recoñecerán Maduro até se producir a recontaxe da totalidade dos votos. Os EUA son perfeitamente conscientes de que a legalidade venezolana non contempla esa hipótese. Onte, John Kerry, secretario de Estado, equivalente ao ministro de Asuntos Exteriores de Obama, referiuse a América Latina como "o noso patio traseiro". Entrementres, a OEA mudou de posición e xa recoñece a Maduro como presidente lexítimo.

Maduro dá por derrotado o "golpe de estado" e atribúe a Capriles a responsabilidade dos 7 asasinatos

Maduro dá por derrotado o "golpe de estado" e atribúe a Capriles a responsabilidade dos 7 asasinatos

Nicolás Maduro chamou ao pobo a “manter a paz” e non “caer en provocacións”, e deu por “derrotado o golpe de estado", mais, advertiu," van querer seguir a desestabilizar”. Maduro apela a Capriles a que "non sexa irresponsábel" e que pida aos seus seguidores que deixen de saír á rúa "con violencia". Segundo a fiscal xeral, xa son sete as persoas asasinadas por grupos de opositores desde o domingo. Os EUA aínda non recoñecen a vitoria de Maduro.

Margallo non se desculpará con Venezuela, mais xa recoñece Maduro como presidente

Margallo non se desculpará con Venezuela, mais xa recoñece Maduro como presidente

O ministro de Exteriores español, que apoiara a exixencia de Capriles dunha auditoría dos votos, di que as súas palabras foron malinterpretadas. Margallo recoñece agora a vitoria de Maduro, embora anuncia que non pedirá desculpas a Venezuela por unhas declaracións que claramente supuñan unha inxerencia nos asuntos internos dun país soberano.

Maduro acusa a Capriles de estar a preparar o ambiente propicio para un golpe

Maduro acusa a Capriles de estar a preparar o ambiente propicio para un golpe

Máxima tensión en Venezuela: o candidato da oposición pide aos seus siareiros que se concentren ante os organismos electorais, que fagan unha 'cacerolada', aliás de afirmar que hai militares presos “por defender a constitución”. O Exército chamou a respeitar a vontade democrática expresada polo pobo. O Parlamento de Venezuela pedirá investigación penal a Capriles para determinar a responsabilidade nos actos de violencia destas horas

Maduro salva o legado de Chávez pola mínima ante un Capriles que non recoñece a derrota

Maduro salva o legado de Chávez pola mínima ante un Capriles que non recoñece a derrota

O candidato da oposición afirma que os resultados “non son lexítimos” e exixe un novo reconto malia que os observadores internacionais avalan todo o proceso electoral. Maduro, que salva o legado de Chávez pola mínima, parabeniza o pobo pola participación, un 78%, e responde a Capriles que "non temos medo" nin "nada que ocultar". É de agardar que a oposición continúe coas súas estratexias de desestabilización de Venezuela. O exército xa anunciou que fará respeitar os resultados

Venezuela: ou chavismo ou involución

Venezuela: ou chavismo ou involución

Perto de 20 millóns de [email protected] elixen hoxe moito máis que un presidente: Maduro ou Capriles. O candidato socialista chamou a un apoio masivo nas urnas para seguir a construír a revolución bolivariana. O aspirante da oposición di que os comicios son a ocasión para cambiar a "desfeita"

Nicolás Maduro xura como presidente de Venezuela

Nicolás Maduro xura como presidente de Venezuela

O presidente da Asemblea, Diosdado Cabello procedeu a oficiar o xuramento do que xa é o presidente encargado de Venezuela e asegurou "facémolo agora, porque na demora está o perigo". O opositor, Henrique Capriles xunto con [email protected] [email protected] da Asemblea acusaron a Maduro de incumprir a Constitución e anunciaron que boicotearán o acto de investidura por consideralo "electoral".
Maduro construirá o seu liderado sobre o apelo á unidade do movemento bolivariano

Maduro construirá o seu liderado sobre o apelo á unidade do movemento bolivariano

A unidade das forzas revolucionarias e patrióticas é a nova palabra de orde en Caracas o día despois do falecimento de Hugo Chávez. Non só en beizos dos dirixentes venezolanos, tamén no de ilustres visitantes, como o líder boliviano Evo Morales. Maduro, xa ao mando, construirá o seu liderado sobre o apelo á integración de todas as correntes bolivarianas.
Maduro di ter dados de que a enfermidade de Chávez foi provocada polos "inimigos" de Venezuela

Maduro di ter dados de que a enfermidade de Chávez foi provocada polos "inimigos" de Venezuela

Cimeira de urxencia do directorio político-militar do movemento bolivariano no poder en Venezuela. Nicolás Maduro, vicepresidente, alertou o país de que a dereita venezolana conspira para provocar o caos e criar o caldo de cultivo que xustificase unha intervención estranxeira. Chamou a unha mobilización total das clases populares contra "os sectores anti-patria" que, dixo, intrigan para derrocar a Revolución. Maduro dixo ter dados de que a enfermidade de Chávez foi provocada polos "inimigos" de Venezuela. Vídeo no interior.