malia
Nunca Máis apelará ao Supremo malia a ''potente desconfianza'' na xustiza española

Nunca Máis apelará ao Supremo malia a ''potente desconfianza'' na xustiza española

A plataforma explica que cómpre esgotar todas as vías para que Galiza "non fique desamparada". Para se manteren no proceso xudicial e co ollar posto no Tribunal de Estrasburgo, o primeiro chanzo é o recurso de casación perante o Tribunal Supremo. Apelan á "solidariedade" da cidadanía para sufragar o custo das apelacións e convocan manifestacións para o 1 de decembro na Mariña e nas sete cidades.

O PP tomba a iniciativa coa que o BNG quería mudar a Lei de Augas

O PP tomba a iniciativa coa que o BNG quería mudar a Lei de Augas

O grupo maioritario da Cámara, o Partido Popular, tombou unha iniciativa do BNG para mudar a Lei de augas. A formación nacionalista argumentou que se trata dunha lei "recadatoria" e "inxusta". A vice-voceira do BNG, Ana Pontón, lembrou os asasinatos de Nebra en 1916 para exemplificar a "inxustiza" da política fiscal do PP.

O hospital público de Conxo non recibiu [email protected] do accidente de Angrois, malia que houbo translados á privada

[email protected] do CHUS denuncian a falta de coordinación e de medios no hospital clínico, namentres o de Conxo mantivo pechados 4 dos 8 quirófanos e varias plantas como traumatoloxía, cirurxía ou medicina interna. É o máis próximo ao lugar do sinistro e alí presentáronse profesionais cualificados para atender @s [email protected] Non chegaron. O Sergas preferiu [email protected] a un centro privado

Urdangarín tenta desvincular o Rei malia as probas de Torres

Urdangarín tenta desvincular o Rei malia as probas de Torres

Máis de trescentas persoas manifestábanse diante do xulgado de Palma á espera da entrada do xenro do Borbón. Iñaqui Urdangarín tentou na segunda declaración diante do xuiz desvincular o Rei dos seus negocios contra as probas apresentadas polo seu socio Diego Torres que o situaban como "xefe" do entramado de Nóos.
A Xunta desoe as propostas da oposición e non gravará as rendas máis altas

A Xunta desoe as propostas da oposición e non gravará as rendas máis altas

Nin reforma fiscal nin novo modelo de financiamento para Galiza. Cumprimento do défice e máis austeridade. Esas son as premisas que marcarán a política orzamentaria do goberno de Núñez Feijóo para 2013. Así o debullou a conselleira de Facenda nesta cuarta feira en que encetou o proceso lexislativo dos Orzamentos da Xunta.
Palestina: máis soberana malia a ocupación de Israel

Palestina: máis soberana malia a ocupación de Israel

Palestina converteuse esta quinta feira en estado observador das Nacións Unidas. Após un longo e angosto camiño o pobo palestino tomará parte da organización internacional e poderá interpor demandas perante a Corte Penal Internacional.
Feijóo cualifica de “histórica” a súa segunda maioría absoluta malia a crise

Feijóo cualifica de “histórica” a súa segunda maioría absoluta malia a crise

“Non é habitual que nunha crise como esta un goberno reciba un apoio como o que temos obtido” sinalou o presidente en funcións Alberto Núñez Feijóo.  Agradeceu  á cidadanía a súa segunda maioría absoluta e cualificou o triunfo de “histórico”. Dixo que o PP gañara "limpa e claramente" e, despois dunha campaña en que apenas coincidiron, afirmou que ter "o goberno responsable" de Rajoy axudou a aumentar a confianza dos galegos e galegas. Aplaudia así a xestión de Rajoy como non fixo nos quince días anteriores.