manipulacion
O director xeral da CRTVG di agora que a entrevista cancelada con Sés foi “adiada”
No Parlamento de Galiza

O director xeral da CRTVG di agora que a entrevista cancelada con Sés foi “adiada”

“Adiar non é o mesmo que cancelar”. Con esta afirmación, o director xeral da CRTVG Alfonso Sánchez Izquierdo negou en sede parlamentaria o veto á cantante Sés na Televisión de Galiza por vestir ela unha camiseta co lema Defende a Galega. Non aclarou se este adiamento inclúe a realización e emisión da entrevista comprometida e finalmente “adiada”.
 

Quinta presentadora da TVG represaliada por protestar, denuncia o comité
Marga Pazos é relegada a tarefas de locución

Quinta presentadora da TVG represaliada por protestar, denuncia o comité

Marga Pazos, presentadora e redactora de informativos na TVG, vén de ser relegada a funcións de locutora. Segundo o comité de empresa da CRTVG, “é outro caso de grave represalia a unha traballadora pola súa significación pública en defensa da independencia dos medios públicos galegos”. É a quinta presentadora represaliada por motivos semellantes.
 

A maioría do persoal da CRTVG reclama que se arquive o expediente a Tati Moyano

A maioría do persoal da CRTVG reclama que se arquive o expediente a Tati Moyano

Máis de medio milleiro de sinaturas de traballadoras e traballadores da CRTVG reclaman á dirección do ente público o “inmediato arquivo” do expediente disciplinario aberto contra a presentadora Tati Moyano. “Cómpre proceder á súa rehabilitación pública e profesional”, afirma o comité intercentros nun comunicado.
 

O Colexio de Xornalistas defende os #VenresNegros do persoal da CRTVG
12 semanas consecutivas de protestas contra a manipulación

O Colexio de Xornalistas defende os #VenresNegros do persoal da CRTVG

O Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia emitiu un comunicado en que considera “pertinentes” as protestas do persoal da CRTVG contra a manipulación informativa. Fíxoo esta sexta feira, e coincidiu co décimo segundo #VenresNegro consecutivo na compañía pública.
 

Ameazas de despedimento a unha xornalista da CRTVG que reivindicou pluralidade
Denuncia do comité de empresa

Ameazas de despedimento a unha xornalista da CRTVG que reivindicou pluralidade

A dirección da CRTVG vén de abrir un expediente sancionador por “falta moi grave” a unha presentadora da compañía. O motivo explícito, a súa participación nunha gala benéfica contra o cancro. O motivo real, segundo o comité de empresa, “unha represalia irracional porque a presentadora dimitiu dos seus labores no telexornal en protesta polo control informativo”.
 

Así se manipula  na CRTVG

Así se manipula na CRTVG

“Técnica da compensación” para amolecer o impacto das noticias sobre corrupción. Inflacción de voces dun mesmo signo político. Modificación unilateral das informacións. Marxinación nas escaletas de asuntos contrarios a determinado partido. Inestabilidade laboral das e dos xornalistas que cobren “temas delicados”. Eis as formas de adulterar a materia informativa nos medios públicos de comunicación. Deixamos aquí un extracto da reportaxe publicada no Sermos Galiza número 303.

#VenresNegroTVG: Persoal da TVG concéntrase contra a manipulación

#VenresNegroTVG: Persoal da TVG concéntrase contra a manipulación

Traballadoras e traballadores da TVG concentráronse esta sexta feira na entrada principal á CRTVG vestidos de negro para demandar a independencia dos medios públicos e denunciar a censura e manipulación. Un protesto no que tamén se pide o Consello de Informativos para a...

Máis do 60% d@s xornalistas da CRTVG denuncia manipulación

Máis do 60% [email protected] xornalistas da CRTVG denuncia manipulación

O comité de empresa do ente público presentou 345 sinaturas perante as catro forzas políticas con representación parlamentar reclamando a creación dun Estatuto profesional e dun Consello de informativos que velen pola imparcialidade e a veracidade das novas que se emiten na televisión e na radio galegas