manuel-maria
“O traballo local das asociacións culturais é fundamental, mais precisamos de coordinación nacional”
Alberte Ansede, secretario da Fundación Manuel María

“O traballo local das asociacións culturais é fundamental, mais precisamos de coordinación nacional”

Chega unha nova edición do Convivio da Cultura Galega á carballeira de Santa Isabel, en Outeiro de Rei. A Casa-Museo Manuel María chama a participar del todas as galegas e galegos e entidades culturais que queiran acudir a esta xornada lúdica e festiva para celebrar a cultura galega e avanzar na coordinación do traballo de base que realizan as distintas asociacións culturais da Galiza. Sermos Galiza conversa con Alberte Ansede, secretario da Fundación Manuel María, entidade organizadora do evento, que decorrerá este sábado, día 13.

Lugo mantén o mural cos versos de Manuel María que o PP considera “independentismo”
O Goberno desatende o rogo do PP

Lugo mantén o mural cos versos de Manuel María que o PP considera “independentismo”

O Concello de Lugo acolleu esta cuarta feira unha reunión da Comisión de Desenvolvemento sostíbel, Urbanismo e Medio ambiente que tratou o rogo presentado polo Partido Popular para que o Goberno municipal actuase contra o mural que recolle uns versos de Manuel María sobre os Mártires de Carral. Urbanismo comunicou que a pintura tiña permiso e que non a borrarán.

O teatro completo de Manuel María, en Foz
Presentación do volume o 31 de xaneiro

O teatro completo de Manuel María, en Foz

As 33 obras de teatro escritas por Manuel María están, desde hai uns meses, dispoñíbeis nun só volume. Encargouse de recompilalas e editalas a profesora Pilar García Negro. De publicaras, a casa museo do escritor, localizada en Outeiro de Rei. Esta quinta feira, ás 20.30, García Negro e o secretario da fundación Manuel María presenta esta obra dramática completa en Foz.
 

María Peinado: “Parecíanos moi necesario volver a achegar 'Farsa de Bululú' ao público galego”
Gañadora do I Certame Manuel María de Proxectos Teatrais

María Peinado: “Parecíanos moi necesario volver a achegar 'Farsa de Bululú' ao público galego”

A compañía Teatro da Ramboia foi a gañadora do I Certame Manuel María de Proxectos Teatrais. O proxecto presentado pola compañía —formada por María Peinado, Fran Lareu, Anxo García e Germán Gundín— toma como base un texto de Manuel María O meu mundo non é deste reino ou Farsa de Bululú, unha parodia sobre a ditadura franquista. 

 

“No teatro de Manuel María hai unha vontade de pedagoxía social moi importante”
María Pilar García Negro, profesora da UDC e escritora

“No teatro de Manuel María hai unha vontade de pedagoxía social moi importante”

María Pilar García Negro (Lugo, 1953) vén de recoller nun volume editado pola Fundación Manuel María as 33 obras de teatro que deixou o prolífico escritor. Ademais, a profesora da Universidade da Coruña (UDC) e escritora vén de ser recoñecida co diploma ad honorem no marco da XVII Asemblea da Asociación de Mulleres Investigadoras e Tecnólogas (AMIT) polos seus estudos sobre Rosalía de Castro e pola súa traxectoria feminista. Conversamos con ela ao respecto. Eis un extracto da entrevista, publicada no número 318 de Sermos Galiza.

Festa no lugar onde escribía Manuel María
TODO PRONTO PARA O CONVIVIO DA CULTURA GALEGA

Festa no lugar onde escribía Manuel María

Trinta e seis asociacións culturais de base escolleron, por quinto ano, a carballeira de Santa Isabel, en Outeiro de Rei, para compartir e celebrar o seu traballo. Organizado pola Casa Museo Manuel María, o Convivio da Cultura Galega será o sábado, 14 de xullo. Eis un extracto da reportaxe publicada no número 304 de Sermos Galiza.

Teatro para celebrar Manuel María
'Luás de Outono' no Rosalía de Castro da Coruña

Teatro para celebrar Manuel María

Este mes fai 13 anos que morría un dos poetas máis populares de Galiza, Manuel María Fernández Teixeiro. E como cada cabodano, a fundación que acolle a casa natal do escritor en Outeiro de Rei celebra a súa memoria co festival Lúas de Outono, no teatro Rosalía de Castro da Coruña. Esta cuarta feira, ás 20.30 horas do serán, a compañía Lucecús representará A verdadeira historia do poeta Manuel de Paderna.  
 

A noite de San Silvestre
Resgatamos un texto de Manuel María para despedírmonos de 2016

A noite de San Silvestre

Sermos quer despedir 2016 da mellor maneira, coa publicación un texto do grande poeta nacional Manuel María (1929-2004), un dos protagonistas indiscutíbeis do ano na súa condición de escritor homenaxeado co Día das Letras Galegas. Rendemos este modesto tributo grazas á xenerosidade da Fundación Manuel María que disponibilizou para este diario un texto publicado polo autor de Muiñeiro das Brétemas en 1997.

Adeus Ano Castelao, adeus Ano Manuel María
SENLLOS ACTOS DE PECHE EN PONTEVEDRA E NA CORUÑA

Adeus Ano Castelao, adeus Ano Manuel María

A vindeira semana pechan oficialmente con dous senllos actos os anos Manuel María e Castelao,  que capitalizaron boa parte dos esforzos culturais deste 2016.

Teatro para conmemorar o 87º aniversario do nacemento de Manuel María
A cargo de Lucecús

Teatro para conmemorar o 87º aniversario do nacemento de Manuel María

A Fundación Manuel María de Estudos Galegos vai festexar o 87 aniversario do nacemento do autor a quen este ano se lle dedican as Letras Galegas. Farao este sábado, na Casa-Museo de Outeiro de Rei, cunha xuntanza anual de amigos e amigas da fundación e coa representación da obra A verdadeira historia do poeta Manuel de Paderna, de Lucecús.

IDEADA POR UN ALUMNO DE 1º DE BACHARELATO

Manuel María tamén en App

Parece que non hai lugar das nosas vidas ao que non cheguen as aplicacións de móbil. E semella que non as hai máis oportunas e actuais do que esta. Unha App sobre Manuel María

Tres notas de Carlos Callón para o Día das Letras 2016
VÍDEO-COLUMNA

Tres notas de Carlos Callón para o Día das Letras 2016

Na súa vídeo-columna desta semana, Carlos Callón recoméndanos dous volumes sobre Manuel María e fai unha reflexión en voz alta sobre unha anécdota recente da súa vida persoal, ilustrativa de o galego estar moi lonxe de ser unha lingua oficial no propio país.

Outeiro de Rei, epicentro deste 17 de maio
ACTIVIDADES POR TODO O PAÍS

Outeiro de Rei, epicentro deste 17 de maio

A Casa de Hortas, hoxe sede da Fundación Manuel María de Estudos Galegos, acolle mañá 17 de maio o acto oficial das Letras. E por todo o país se suceden actividades: manifestación de Queremos Galego en Compostela; concerto de Milladoiro dedicado a Manuel María na Coruña, o Festiletras en Ponteceso...

"Non imos permitir que se siga lexislando contra o galego"
ANA PONTóN, NUN ACTO NA HONRA DA FIGURA DE MANUEL MARíA

"Non imos permitir que se siga lexislando contra o galego"

A portavoz nacional do BNG insistiu na necesidade de defender a lingua, nun acto organizado para honrar a figura de Manuel María, no que leron e repartiron polos comercios locais, un poemario onde se recollen os versos do poeta a Compostela.

Entrevista a Néstor Rego no Sermos195

Na serie de entrevistas políticas que vimos publicando no semanario, a conversa desta volta é con Néstor Rego, secretario xeral da UPG. O argumento básico, o congreso que este partido, integrado no BNG, realizará en Pontevedra o domingo 22 de maio. Todo no Sermos195, na rúa esta quinta feira.

Callón recomenda ler "Manuel María, buscando un país"
UN LIBRO DO COLABORADOR DE SERMOS MANUEL VEIGA

Callón recomenda ler "Manuel María, buscando un país"

Na súa serie de vídeo-columnas sobre Manuel María, o grande poeta nacional ao que se rende tributo o Día das Letras Galegas 2016, Carlos Callón recomenda esta segunda feira a leitura dun volume de Xerais asinado polo ensaísta, xornalista e colaborador de Sermos Manuel Veiga sob o título de "Manuel María, buscando un país".

O Galo presenta o libro-DVD sobre Manuel María de Margarita Ledo

O Galo presenta o libro-DVD sobre Manuel María de Margarita Ledo

O Galo acolle a sexta feira 29 de abril a presentación do libro-DVD 'Manuel María: 'Eu son fala e terra desta terra', da cineasta Margarita Ledo Andión. A presentación terá lugar na libraría Cronopios de Compstela e intervirán, ademais da autora da fita, a xornalista Carme Vidal. 

Manuel María e a tribo incomprensíbel
A VÍDEO-COLUMNA DE CARLOS CALLóN

Manuel María e a tribo incomprensíbel

Desta volta Carlos Callón pon o foco sobre a figura de Manuel María, o grande poeta nacional ao que este ano vai dedicado o Día das Letras 2016.

A obra de Manuel María escóitase en todo o país
DíA DO LIBRO

A obra de Manuel María escóitase en todo o país

Centos e centos de persoas ao longo do país conmemoran o Día do Libro lendo Manuel María nas actividades impulsadas pola Fundación que leva o seu nome. E non só lendo. Nestes actos tamén se interpreta Manuel María con música e con maxia, así como con representacións teatrais de pezas dramáticas.

Lectura pública de Manuel María para o 23 de abril

Lectura pública de Manuel María para o 23 de abril

A Fundación Manuel María promove a lectura pública da obra do escritor para o 23 de abril, Día do Libro, a través da actividade “Manuel María, na túa voz”. Haberá actos en todas as cidades do país e tamén en centros galegos do exterior. 

A Mesa celebra 30 anos cun concerto arredor de Manuel María
PRESENTACIÓN DO CD 'A VOZ DO VENTO'

A Mesa celebra 30 anos cun concerto arredor de Manuel María

Esta sexta feira A Mesa pola Normalización Lingüística celebra 30 anos cun concerto en Compostela de Fran Amil e a Tribo Incomprensíbel, que interpretarán os temas do libro-cd 'A voz do vento' con temas de Manuel María.

“Manuel María é o grande persoeiro da nación galega na segunda metade do XX”
XOSÉ ESTÉVEZ, HISTORIADOR

“Manuel María é o grande persoeiro da nación galega na segunda metade do XX”

Xosé Estévez (Quiroga, 1943), profesor de Historia da Universidade de Deusto e colaborador de Sermos, está en Galiza para ofrecer un par de relatorios sobre a relación do poeta chairego e o val de Quiroga, lugar ao que se sentía moi unido. Ademais aproveitamos para preguntarlle polas relacións entre o País Vasco e Galiza, sobre o que ten publicado moitos libros e promovido outras tantas actividades de irmanamento entre ambos os dous pobos. 
 

PARA OS MÁIS NOVOS

A Mesa homenaxea Manuel María co libro-disco 'A voz do vento'

Xa está nas librarías 'A voz do vento', o libro-cd que vén de editar a Mesa pola Normalización Lingüística con poemas de Manuel María, cancións e ilustracións. Hoxe sábado 12 preséntase na Casa-Museo do escritor chairego. 

Foz homenaxea a Manuel María 
SALETA GOI ESTARÁ PRESENTE 

Foz homenaxea a Manuel María 

A Casa da Cultura “Poeta Manuel María” de Foz acollerá o vindeiro 18 de marzo un acto de homenaxe e lembranza ao autor que lle dá nome coincidindo co 50 aniversario do seu libro “Versos frolecidos en louvanza a Foz”.

Presentan novo libro+DVD sobre Manuel María

Presentan novo libro+DVD sobre Manuel María

A produtora Nós presenta a vindeira quinta feira en Numax (Compostela) un libro-DVD titulado 'Manuel María: eu son fala e terra desta miña terra', no que recupera un documental sobre o autor asinado por Margarita Ledo e un libro. 

Obxectivo de 2016: vincular o centenario das Irmandades co ano de Manuel María
II CONVIVIO DA CULTURA GALEGA

Obxectivo de 2016: vincular o centenario das Irmandades co ano de Manuel María

As asociacións culturais de base acordaron os tres principais fíos cos que tecerán as actividades de 2016: vincular o centenario das Irmandades da Fala coa designación de Manuel María como homenaxeado do Día das Letras Galegas; estabelecer relacións entre as vilas do país e as Irmandades da Fala e Manuel María e editar unha publicación co corpo central do manifesto das Irmandades.

A Academia agoira un ano exitoso coa "gloriosa" elección de Manuel María
IMPONSE EN 2º VOLTA A CARVALHO CALERO

A Academia agoira un ano exitoso coa "gloriosa" elección de Manuel María

Tras a desfeita provocada pola polémica elección de Filgueira Valverde, a Real Academia Galega presenta como "gloriosa" e "eficaz" a designación de Manuel María como homenaxeado do Día das Letras de 2016. A Academia, que tivo que votar en segunda volta entre Manuel María e Carbalho Calero, anunciou que o poeta nado en Outeiro de Rei foi elixido por unha ampla maioría.