maria-obelleiro
«Fálase de...», actualidade en foco
Ciclo de conversas

«Fálase de...», actualidade en foco

A AS-PG organiza o ciclo de conversas «Fálase de...», que durante os meses de novembro e decembro reunirá protagonistas e expertas en diversos temas de actualidade.
A Redacción de Nós Diario bota a andar
O XORNAL EN GALEGO EN PAPEL E NA REDE

A Redacción de Nós Diario bota a andar

O presidente do Consello de Administración de Sermos Galiza S.A, Xoán Costa, e da directora de Nós Diario, María Obelleiro dedicaron unhas palabras ao novo equipo de xornalistas do medio, que sairá á luz, tanto en papel como en dixital, o vindeiro 2 de xaneiro.

 

OPINIÓN

Construír a actualidade

Cando apareceu a televisión, prognosticábase que sería a fin da radio. Cando chegou a internet, dicíase que desaparecía a televisión. Cando irromperon os libros electrónicos, anunciábase a fin dos libros en papel. Mais nada disto aconteceu, como tampouco o xornalismo...

Sermos Galiza unifica as direccións do diario dixital e do semanario
María Obelleiro, directora

Sermos Galiza unifica as direccións do diario dixital e do semanario

O Consello de Administración de Sermos Galiza S.A. acordou a reunificación das direccións do diario dixital e do semanario. María Obelleiro, até o de agora directora do Sermos Galiza en papel, será a responsábel de ambos os soportes a partir desta sexta feira, 1 de febreiro.

OPINIÓN

300 números e seis anos de vida

O semanario Sermos Galiza saía á rúa o 8 de xuño de 2012. Foi entón cando o galego regresou aos quiosques cada semana. Seis anos após, Sermos suma xa 300 números, unha cifra que a leva a ser a publicación periódica en galego, e en papel, máis...

O apartheid sanitario na Galiza
Premio Johán Carballeira de Xornalismo

O apartheid sanitario na Galiza

Aínda que a lei contempla casos en que a atención sanitaria debe estar garantida tamén para persoas inmigrantes en situación administrativa irregular –asistencia ao embarazo, parto e postparto, coidados a menores ou tratamentos por enfermidade grave ou accidente-, as trabas impostas polo Sergas dificultan o cumprimento da normativa.