mauthausen
Os 108 galegos mortos en Mauthausen
O Ministerio de Xustiza publica os seus nomes

Os 108 galegos mortos en Mauthausen

Cento oito nomes. Eis o rastro dos galegos mortos no campo de concentración de nazi de Mauthausen-Gusen, en Austria. O Ministerio de Xustiza publicou o rexistro no Boletín Oficial do Estado desta sexta feira, 9 de agosto. Os galegos figuran entre o total de 4.427 vítimas nadas no Estado español.
72 anos da liberación de Auschwitz: Os galegos presos e mortos nos campos de exterminio nazis

72 anos da liberación de Auschwitz: Os galegos presos e mortos nos campos de exterminio nazis

O 27 de xaneiro de 1945 o exército vermello liberaba o campo de concentración de Auschwitz-Birkenau, no sur de Polonia. Desde 2007 nesa data conmemórase o Día internacional en memoria das vítimas do holocausto. Unha data para ter presente o horror dos campos de exterminio nazis onde foron asasinadas millóns de persoas. Entre elas, máis dun cento de galegos: en Mauthausen, Dachau e Sanhsenhausen.

Memoria de Mercedes Núñez ao se faceren 50 anos da Amical de Mauthausen

Memoria de Mercedes Núñez ao se faceren 50 anos da Amical de Mauthausen

Hai 50 anos da foi creada en Barcelona a Amical de Mauthausen, a primeira asociación de recuperación da memoria histórica en todo o Estado español, que tiña como obxectivo botar luz e reivindicar os dereitos das persoas deportadas nos campos de concentración nazis. Cunha dura experiencia no campo de mulleres de Ravensbruck, Mercedes Núñez foi a primeira delegada na Galiza da Amical e dedicou os últimos anos da súa vida a defender a memoria dos deportados galegos desde a súa residencia de Vigo.