mesa-pola-normalizacion-linguistica
O PP “tomará en consideración” o manifesto da Mesa pola pluralidade lingüística
A entidade reúnese cos populares e co BNG

O PP “tomará en consideración” o manifesto da Mesa pola pluralidade lingüística

O PP “tomará en consideración” e estudará, tanto no grupo parlamentario como no partido, o manifesto pola pluralidade lingüística Liberdade, igualdade, democracia, entre cuxos impulsores se atopa A Mesa pola Normalización Lingüística. A entidade reuniuse esta segunda feira cos populares e co BNG e, en datas vindeiras, farao con En Marea.
 

Fronte común para promover as linguas propias das nacións sen Estado
Promoven A Mesa e oito entidades do Estado

Fronte común para promover as linguas propias das nacións sen Estado

“A diversidade lingüística, o seu recoñecemento e o seu exercicio, non son un capricho. Son unha necesidade para vivir con dignidade colectiva nunha sociedade plural, democrática e xusta que non admita o odio”. Eis o inicio do manifesto pola pluralidade lingüística que promoven A Mesa e oito entidades do Estado e que a entidade galega presentou esta cuarta feira en Pontevedra.
 

A Mesa ironiza sobre a imposición do galego no Día dos Enganos

A Mesa ironiza sobre a imposición do galego no Día dos Enganos

Unha campaña de carteis “que se repartirán por diferentes localidades de Galiza” serviralle á Mesa pola Normalización Lingüística para denunciar a “imposición do galego”. Eis a proposta da asociación para o Día dos Enganos, que se celebra o 1 de abril.
 

Queremos Galego convoca unha protesta contra a sentenza do Supremo
Seis de marzo fronte ao Concello de Lugo

Queremos Galego convoca unha protesta contra a sentenza do Supremo

“Sentenza ideolóxica” e “prexuízos políticos”´definen, ao ver da plataforma Queremos Galego e da Mesa pola Normalización Lingüística, a sentenza coa que o Tribunal Supremo rexeitou o recurso do Concello de Lugo contra a sentenza do Superior que anulaba parcialmente a ordenanza de normalización da cidade. Por iso, Queremos Galego convoca unha concentración o vindeiro 6 de marzo, cuarta feira.
 

“Que xustiza hai nunha sentenza que mantén a exlusión histórica do galego?”
A Mesa denuncia “prexuízos ideolóxicos” no Supremo

“Que xustiza hai nunha sentenza que mantén a exlusión histórica do galego?”

“A sentenza do Tribunal Superior agora ratificada polo Supremo ataca elementos da política de normalización da lingua completamente asumidos e apoiados maioritariamente polo pobo galego. Utiliza prexuízos ideolóxicos e políticos subministrados pola extrema dereita”. Con esta contundencia se expresa Marcos Maceira, presidente da Mesa pola Normalización Lingüística.