micos
Mico [por Henrique Harguindey]
Como dicilo?

Mico [por Henrique Harguindey]

É frecuente, en distintas linguas, a partir de voces como mi, miá, miañ, miñá, mix, mic, etc.  construír palabras relacionadas co gato e as súas accións, palabras onomatopeicas que evocan os sons emitidos por este animaliño. Por exemplo, en galego, miar, miañar, miadela, miadura e a propia denominación familiar que usamos para o gatiño : mico, mica  (ou micho, micha).