mina
Van xa dous anos de loita contra a mina de Touro-O Pino
Defensa da terra

Van xa dous anos de loita contra a mina de Touro-O Pino

Vinte e catro meses en pé leva a veciñanza de O Pino e Touro contra o proxecto mineiro de extracción de cobre anunciado en 25 de agosto de 2017 no Diario Oficial da Galiza. Desde entón puxéronse en marcha diversas accións en defensa do medio e da poboación, desde manifestacións e roteiros reivindicativos a iniciativas parlamentares, recollidas de sinaturas, elaboración de informes e estudos e apresentación de denuncias.

ContraMINAcción ve plaxio no informe que desbota o impacto ambiental de San Fins
Pide retirar a condición de profesor emérito ao seu autor

ContraMINAcción ve plaxio no informe que desbota o impacto ambiental de San Fins

A rede ContraMINAcción, integrada por unha vintena de colectivos, denuncia que o informe dun equipo da USC no que a concesionaria da mina de San Finx e a Dirección Xeral de Enerxía e Minas se apoian para desbotar o impacto ambiental da explotación está "repleto de plaxios de traballos doutros autores que se manipulan sen pudor". 

Mesa de voto não abre en Montalegre como protesto contra a mina

Mesa de voto não abre en Montalegre como protesto contra a mina

Finalmente a mesa de voto abriu. Passava das 10 horas mas, para além dos votos, resta a intenção da Associação Montalegre com Vida: “Estamos a fazer um voto de protesto, ou seja, recusamos votar porque não concordamos com aquilo que o nosso Governo está a fazer com a nossa terra. Se é este tipo de desenvolvimento que eles querem para o Interior, nós não concordamos”

OPINIÓN

Traxedia, solidariedade e valores en tempos de redes (anti)sociais

Cando escribo estas liñas, resoan con forza os ecos dunha nova que mantivo en vilo a todo o país: o rescate do meniño Julen Roselló dun pozo en Totalán (Málaga) a mans da Brigada de Salvamento Mineiro. Un suceso que, por desgraza, rematou do xeito máis triste, deixando sen...

A receita da empresa da mina de Touro: suprimir os ríos
Denuncia de ADEGA

A receita da empresa da mina de Touro: suprimir os ríos

Explotaciones Gallegas, S.L., que desde hai anos extrae áridos da vella mina de Touro, propón suprimir os ríos para acabar coa contaminación dos cursos fluviais causados polos lixiviados da antiga explotación. Denúnciao a Asociación Ecoloxista ADEGA, que cualifica de “delirante” este último capítulo no “culebrón mineiro de Touro”.

A balsa da antiga mina de Touro desborda cara a un afluente do Ulla
CONTAMINACIÓN

A balsa da antiga mina de Touro desborda cara a un afluente do Ulla

Novo desbordamento na balsa de Bama da antiga mina de Touro malia un ano de reiteradas denuncias por parte da Plataforma Mina Touro O Pino Non e de, cando menos, dúas multas. A entidade advirte de que a balsa verteu cara a un afluente do río Ulla após desbordar.

Milleiros de persoas, ao berro de “Esta mina ímola parar”
Manifestación multitudinaria

Milleiros de persoas, ao berro de “Esta mina ímola parar”

“Feixóo, escoita, o pobo está en loita” ou “Esta mina ímola parar” foron algúns dos lemas que saíron da gorxa dos varios milleiros de persoas -60 mil, segundo a organización- que no mediodía do domingo, 10 de xuño, colapsaron as rúas compostelás e encheron a Praza do Obradoiro contra a mina de Touro-O Pino.

VIDEO

Non á mina! | Spot 10 de xuño #MinaTourooPinoNON

Os veciños e veciñas de Touro, O Pino, do Ulla e da Ría de Arousa explican as afectacións que suporía para eles a construción deste novo proxecto de megaminaría. Tamén falan Serafín González, da Sociedade Galega de Historia Natural; Xoán Doldán, profesor da USC; Isabel Risco,...
Clamor contra a mina de Touro

Clamor contra a mina de Touro

Veciñanza de Touro e O Pino, directamente atinxida polo plan de reabrir as minas de cobre, mais tamén doutras comarcas de Galiza mobilizáronse este domingo para rexeitar un proxecto que, denuncian, vai xerar prexuízos sociais, económicos e ambientais. Máis de 2.500 persoas participaron na mobilización.

A veciñanza contra a mina de cobre
Manifestación o 25F

A veciñanza contra a mina de cobre

A empresa quere explotar unha mina a ceo aberto, de case 700 hectáreas, para extraer cobre de forma intensiva, día e noite, durante os próximos quince anos. Miles de veciñas e veciños opóñense a que se retome a actividade mineira, que deixou no pasado unha importante pegada ecolóxica na zona aínda sen resolver e que ameaza o futuro da comarca. Hai convocada para este domingo, día 25, unha manifestación-tractorada no Concello de Touro. Eis un extracto da reportaxe publicada no Sermos Galiza 285.

De como a riqueza de Touro vai camiño de acabar agochada no Caribe
INVESTIGACIÓN

De como a riqueza de Touro vai camiño de acabar agochada no Caribe

Dos catro grandes accionistas de Atalaya Mining, a multinacional que agora pretende reabrir a mina de Touro, tres aparecen nos Paradise Papers con filiais nas Illas Virxes Británicas, Bermuda e Delaware Bahamas, estados sen riqueza mineira pero que son algúns dos paraísos fiscais máis famosos. Eis un extracto da información publicada ao respeito no semanario Sermos Galiza.

Touro: desta vez non
REAPERTURA DA MINA

Touro: desta vez non

Desta volta as veciñas e veciños da antiga mina de Touro están avisados e fóronse organizando para resistiren. Saben que o que queda despois da mina é terra perdida e máis lixo. Nos anos oitenta, cando fechara a vella explotación, empezaron en mirar para o campo. E queren seguir vivindo del nunha paisaxe que ameazan os intereses dunha gran compañía e certa conivencia das autoridades.

“O da mina en Touro é un primeiro paso dun proxecto máis amplo”
Xoán Louzao

“O da mina en Touro é un primeiro paso dun proxecto máis amplo”

O proxecto para recuperar a explotación mineira en Touro leva semanas mobilizando á veciñanza da comarca, consciente do forte impacto desta actividade. Falamos con Xoán Louzao, concelleiro do BNG en Touro e un dos rostros desta loita veciñal. “Tras a mina de Touro está unha multinacional que non ten ningún interese aquí que non sexa extraer o cobre e vendelo a quen máis pague”.

OPINIÓN

#Sermos239: Galiza, o espolio sen fin

Unha nova ameaza pesa sobre a comarca de Ordes. Após a presión da veciñanza tombar o proxecto de vertedoiro de residuos industriais e de construción na parroquia de Lesta, unha empresa norueguesa, Erimsa, pretende extraer seixo en terreos de...

“O que pide a miña nena é que non se humille a ninguén máis en Casas Novas por falar galego”
NAI DUNHA CRIANZA GALEGO-FALANTE DISCRIMINADA

“O que pide a miña nena é que non se humille a ninguén máis en Casas Novas por falar galego”

Os ataques por falar galego foron tan fortes que a nena abandonou o campamento de verán en Casas Novas, malia o moito que lle gustan os cabalos. A empresa, da familia de Amancio Ortega, devolveulle os cartos. A nai da nena, que prefire reservar a súa identidade, cóntanos como viviron a represión polo uso do galego no centro hípico. 

"Había xente pedindo a miña cabeza"
PILAR NEIRA, EX-SELECCIONADORA DE FúTBOL PRAIA FEMININO

"Había xente pedindo a miña cabeza"

Conversamos con Neira após serlle comunicado o seu cesamento. "Cónstame que houbo presións da Xunta", afirma.

“A miña preocupación polo galego é un combate político contra a lingua que nos intenta eliminar”
VITOR VAQUEIRO, ESCRITOR

“A miña preocupación polo galego é un combate político contra a lingua que nos intenta eliminar”

Con Palavras a Espártaco o escritor Vítor Vaqueiro inaugura un camiño novo logo de máis de trinta e cinco anos de escrita. Non só muda a normativa oficial pola reintegracionista senón que, tamén por esa razón, vése na obriga de mudar de editorial, desde Galaxia na que publicou  por vez primeira en 1980  Informe da gavilla a Através no que agora ve a lus este novo libro, escrito desde a ira e o desexo de vinganza diante a inxustiza dos nosos tempos, á maneira dun contemporáneo Espártaco.

“A miña quere ser unha voz poscolonial que fala contra a hexemonía"
THAMIZHACHI THANGAPANDIAN, ESCRITORA TAMIL

“A miña quere ser unha voz poscolonial que fala contra a hexemonía"

De nome T. Sumathy mais coñecida como escritora comoThamizhachi Thangapandian é unha das principais poetas da literatura támil e unha voz que se ergue contra o cánon imposto, a glogalización literaria e na defensa da palabras das mulleres, en especial, das comunidades rurais de Támil Nadu. Visita a Galiza no marco do proxecto REACTIV_ARTE de Implicadas no Desenvolvemento no que colabora. 

Ledicia Costas: “A miña aposta por vivir da literatura está moi meditada”
AUTORA DE "ESCARLATINA, A COCIÑEIRA DEFUNTA": 6 MIL LIBROS VENDIDOS EN 5 MESES

Ledicia Costas: “A miña aposta por vivir da literatura está moi meditada”

De Escarlatina. A cociñeira defunta publicáronse tres edicións en cinco meses. 6.000 libros. Varias críticas coincidían á hora de definir como “un clásico” a novela gañadora do último premio Merlín que non tardou en se incorporar a lista de honra do Ibby. Estes feitos felices súmanse a outra noticia non menos singular: a autora abandona o oficio de avogada e aposta en vivir da literatura.