movemento-5-estrelas
Os 5 Estrelas forman novo goberno en Italia co PD
A ultradereitista Liga pasa á oposición

Os 5 Estrelas forman novo goberno en Italia co PD

O avogado Giuseppe Conte será de novo primeiro ministro de Italia. Pero desta volta grazas ao apoio do Movemento 5 Estrelas -a organización que o propuxo no pasado mandato- e do Partido Democrático. A ultradereitista Liga, que gobernara cos estrelados, pasa á oposición. Salvini dinamitara o Executivo coa intención de ir a eleccións e superar os 5 Estrelas mais a súa táctica fracasou.