mvmdialetras2018
A asociación Eira da Xoana celebra “as mulleres nas letras”
Sábado 19 de maio en Ramil, Agolada

A asociación Eira da Xoana celebra “as mulleres nas letras”

O Día das Letras Galegas dedicado a María Victoria Moreno está servindo, tamén, para reivindicar o papel das mulleres na literatura e na cultura. A iso dedicará a asociación Eira da Xoana a xornada do vindeiro sábado, 19 de maio, na súa sede en Ramil (Agolada).
 

As vidas de María Victoria Moreno
Todos os rostos da escritora do Día das Letras 2018

As vidas de María Victoria Moreno

A cuarta muller á que a Real Academia Galega dedica o Día das Letras Galegas naceu na Extremadura española, optou politicamente polo galego e fixo da docencia e a escrita para a infancia os eixos dunha vida a prol dunha cultura en liberdade. Un feixe de libros repasan a súa obra e biografía. Eis un extracto da reportaxe publicada no Sermos Galiza 296.

A nana do bolígrafo
Texto sobre María Victoria Moreno escrito pola súa filla

A nana do bolígrafo


Esta é miña nai, Maria Victoria Moreno. Escollín esta fotografía porque é das que recollen a súa forma de ser: unha muller    
dedicada 

ao 
ensino...

María Victoria Moreno e o compromiso coa lingua
Fina Casalderrey reivindica a faceta activista da escritora

María Victoria Moreno e o compromiso coa lingua

“Aínda que non escribise, só polo que fixo ate 1973, polo seu maxisterio, o seu compromiso coa lingua, María Victoria Moreno xa merecería o Día das Letras”. Eis o primeiro que sinala a escritora e académica Fina Casalderrey (Xeve, 1951) cando é preguntada pola autora de Anagnórise: “Foi unha gran descoñecida, porque entre as súas prioridades non estaba a conquista dos escaparates”.

A Pontevedra de María Victoria Moreno

A Pontevedra de María Victoria Moreno

Os escenarios de vida dunha escritora axudan a explicar a súa obra. E viceversa. Algo así defende a xornalista Montse Fajardo, autora de O escalón de Ulises. A Pontevedra dos afectos de María Victoria Moreno, a mestra que escribía libros (Concello de Pontevedra). “Intentei pescudar na súa vida e ao pescudar na súa vida, comprendes moi ben a súa obra”, di Fajardo.
 

María Victoria Moreno e a problemática cultural galega
Ánxela Gracián publica unha biografía novelada

María Victoria Moreno e a problemática cultural galega

Cando María Victoria Moreno chegou como profesora ao Lugo de 1965 atravesou unha derrega. “Galiza enteira amosouse aos meus ollos, na súa problemática e na súa lingua”, chegou a dicir anos despois. A Ánxela Gracián, autora da biografía novelada Doce cartas a María Victoria Moreno, aínda a conmove este “compromiso”.
 

María Victoria Moreno e o Lorca galego
A faceta filolóxica da escritora

María Victoria Moreno e o Lorca galego

Entres os múltiples labores aos que se entregou María Victoria Moreno tamén se atopa a análise literaria. Unha acabada mostra dela recóllea É a lúa que baila... María Victoria Moreno e a lírica dos Seis poemas galegos de Federico García Lorca (Galaxia), que responde con exactitude ao seu título. A escritora párase nun dos poemas en galego do andaluz e traza xenealoxías, mecanismos e paisaxe.
 

A profesora que escribía para a infancia
Biografía de María Victoria Moreno

A profesora que escribía para a infancia

Pioneira da literatura infantil e entregada á causa docente. Eis os eixes sobre os que construír calquera achegamento biográfico a María Victoria Moreno. Tamén o realizado por Isabel Soto e Xavier Senín, de susbtítulo Sementadora de futuro (Xerais, 2018), quen abordan outras variadas facetas da protagonista do Día das Letras 2018.
 

Os Bolechas coñecen María Victoria Moreno

Os Bolechas coñecen María Victoria Moreno

Son talvez os máis famosos personaxes dos libros infantís galegos. Dezasete anos de idade, 1.700.000 exemplares distribuídos, máis de 550 títulos, Os Bolechas -creados por Pepe Carreiro- entran agora en contacto coa autora homenaxeada nas Letras Galegas, María Victoria Moreno. E fano en papel e en vídeo.
 

María Victoria Moreno, “escritora total”
Biografía da homenaxeada no Día das Letras

María Victoria Moreno, “escritora total”

Ningún ámbito relacionado coa literatura foi alleo a María Victoria Moreno. Escritora en xéneros diversos, editora, libreira, tradutora, profesora. E aínda así, considera a súa biógrafa Montse Pena Presas, “unha grande descoñecida”. A tirala desa zona de sombra pode contribuír o Día das Letras Galegas deste ano, que a Academia dedica á autora de Anagnórise (1988).