nadal
Tradición e adulteración do Belén na Galiza
EIRA DAS MOURAS

Tradición e adulteración do Belén na Galiza

A tradicional instalación que representa un nacemento nunha nevarenta noite estrelada e de agoiros felices expresa o estado da cuestión cultural (ou acultural) dun pobo, cos conseguintes tinos ou desatinos, os feísmos que son efectos con causa. Así o advirte o arqueólogo e museólogo Felipe-Senén nunha nova entrega de Eira das Mouras. En todas esas montaxes, agrega, reina a inxenuidade, o instinto, o paradoxo, a desproporción e certa maxia, cuestións que forman parte da Teoría da Arte e de Galiza. Eis un extracto da peza, publicada no número 328 de Sermos Galiza.

Un Nadal de noso

Un Nadal de noso

Cantares de Reis, Apalpador, bacallau con coliflor, o Natarego ou tizón de Nadal... Tradicións que se manteñen a través do tempo e que van da man con outras que se recuperan após períodos de esquecemento e ostracismo.

Canta co Apalpador. Agasalla un diario en galego!
O Apalpador da ilustración salta ao vídeo

Canta co Apalpador. Agasalla un diario en galego!

Non hai moitos anos, coincidindo co día de San Silvestre, nas aldeas do Courel preparábanse para a visita do Apalpador. Viña sempre tras a celebración familiar da Noite Vella. As nenas e os nenos marchaban axiña para a cama e cando aínda non lles dera tempo a prender no sono, baixaba o carboeiro da devesa para apalparlles a barriga, deixarlles unha presa de castañas e desexarlles un ano novo cheo de fartura. Desde antigo, o rito facíase cadrar co solsticio de inverno. Hoxe perdura como expresión cultural propia. O Apalpador de Leandro Lamas que ilustra esta reportaxe no semanario salta ao vídeo! VÍDEO NO INTERIOR.

Un Nadal azul para un diario en galego
CAMPAÑA NAS REDES

Un Nadal azul para un diario en galego

3, 2, 1… comeza a conta atrás para acadarmos as últimas presubscricións que permitan facer realidade un diario en papel en galego e con este obxectivo iniciamos esta cuarta feira unha intensa campaña nas redes sociais. E é que a presubscrición á única opción diaria que haberá nos quiosques en galego é a mellor opción para agasallar neste Nadal azul!

Para un Nadal de noso

Para un Nadal de noso

Cantares de Reis, Apalpador, bacallau con coliflor, o tizón de Nadal... Tradicións que non se perderon van da man con outras que se están a recuperar.

Argumentos para unhas festas sustentábeis

Argumentos para unhas festas sustentábeis

Planificar as compras, apostar no comercio local, evitar embalaxes excesivas ou mercar produtos frescos, do país e etiquetados en galego son algunhas das accións que podemos levar a cabo, sexamos ou non crentes, para gozar dunhas festas respectuosas co medio ambiente

Rocanrolando o Nadal
ROCK E OUTRAS LERIAS

Rocanrolando o Nadal

Chega o derradeiro mes do ano e non hai roqueiro, por moi duro que sexa, que poida fuxir do nadal. O noso crítico, Isidro Rajo, ofrécenos dez propostas alonxadas das tradicionais panxoliñas. 

OPINIÓN

Un Nadal no contexto da confusión

A precariedade social aumenta á medida que a cidanía procura novos horizontes dentro dun sistema que está callando como cultura de desigualdade e subsistencia. O problema non é só ser pobres, senón indiferentes coa realidade existencial que nos rodea.

OPINIÓN

A cadea consumista de Nadal

Os estímulos consumistas aceleran, por estas datas, a propagación dunha escandalosa e atraínte escenografía comercial de proverse dunha serie de artigos que non precisamos. Mais o escaparate o temos dentro da casa, nas pantallas televisivas, que nese bombardeo reiterado de imaxes atractivas e calculadas que posibilitan que o anzol nos enganche ao consumismo. Outras veces teñen un carácter inocente e, incluso, fraternal e caritativo. 

OPINIÓN

Consumo consciente e responsábel, tamén no Nadal

As expresións da crise económica, política, medioambiental e social en todo o planeta son cada vez máis visibles: todos os días achamos mostras na nosa contorna ou nos medios de comunicación do inxusto reparto da riqueza e o xigantesco aumento da pobreza ou dos efectos que o actual desenvolvimento insostíbel ten para a natureza.