nicolas-maduro
Maduro acusa Trump de tentar provocar fame en Venezuela coa conxelación dos seus activos

Maduro acusa Trump de tentar provocar fame en Venezuela coa conxelación dos seus activos

Donald Trump asinou esta segunda feira unha orde executiva para conxelar todos os activos venezuelanos en solo norteamericano. A reacción de Nicolás Maduro foi acusar o presidente norteamericano de intentar provocar a fame masiva no seu país con técnicas de terrorismo económico. O líder chavista estima en máis de 20.000 millóns de dólares o monto dos valores venezuelanos bloqueados nos EUA e en Europa.
Maduro dá por derrotada “a escaramuza golpista”

Maduro dá por derrotada “a escaramuza golpista”

O presidente de Venezuela Nicolás Maduro dá por derrotada “a escaramuza golpista que pretendeu encher de violencia” o país. Así o comunicou a través das redes sociais e nunha intervención televisada. Mentres, Leopoldo López escapou á embaixada española e 25 militares que apoiaron o movemento, á do Brasil de Bolsonaro.
 

Venezuela ve operacións de falsa bandeira na queima dos camións con "axuda humanitaria"
A oposición colombiana dá a razón a Maduro

Venezuela ve operacións de falsa bandeira na queima dos camións con "axuda humanitaria"

Alguén prendeu lume a vehículos cargados de alimentos e medicamentos na ponte fronteiriza Simón Bolívar entre Colombia e Venezuela. Chavistas e opositores intercambian acusacións sobre a autoría dos ataques. Para Caracas, a queima dos camións é unha operación de falsa bandeira cun único obxectivo: dar aos EUA unha escusa para enviar tropas contra o país caribeño.

China, contraria á entrada "forzada" da "axuda humanitaria" en Venezuela
Beijing continúa a respaldar Maduro

China, contraria á entrada "forzada" da "axuda humanitaria" en Venezuela

O choque xeopolítico de Venezuela mantén dun lado os EUA e doutro, Beijing e Moscova. Esta sexta feira, un portavoz do Ministerio de Asuntos Exteriores chinés advertiu a Washington que a introdución "forzada" de "axuda humanitaria" en solo venezuelano podería desencadear un conflito violento. Beijng gabou a "calma" e a "contención" mostradas até agora por Maduro.

Editorial Sermos332: Democracia, soberanía, Venezuela

Editorial Sermos332: Democracia, soberanía, Venezuela

Hai todas as razóns do mundo para condenar o golpe en curso en Venezuela. As razóns da democracia, da legalidade internacional e da defensa da soberanía, do dereito de todo pobo a resolver os seus asuntos sen inxerencias externas. E só hai unha razón para se posicionar cos...

Washington recrúa o golpe ao conxelar os fondos da petroleira estatal venezuelana

Washington recrúa o golpe ao conxelar os fondos da petroleira estatal venezuelana

A economía venezuelana é basicamente a produción e a exportación de petróleo. Washington cobiza o control dos inmensos recursos do país caribeño e acaba de dar un novo paso na dirección de cortar o oxíxeno que aínda mantén con vida o movimento bolivariano. A Administración Trump decidiu esta segunda feira conxelar os fondos que a petroleira estatal venezuelana PDVSA ten no país estadunidense. Son por volta de 6.100 millóns de euros.

Guerra prefire a ditadura de Pinochet ao goberno de Maduro

Guerra prefire a ditadura de Pinochet ao goberno de Maduro

Para Guerra, os gobernos de Pinochet (1973-1990) en Chile e Maduro en Venezuela son ditaduras horríbeis, dixo, mais a que acabou pola forza das armas co goberno do socialista Allende tería tido unha eficacia no terreno económico da que carecería o executivo bolivariano. Con este discurso Alfonso Guerra, en tempos líder da suposta ala esquerda do PSOE, coloca o listón da ocorrencia reaccionaria moi alto até para Vox.

OPINIÓN

Cerco a Venezuela

No proceso de descomposición e de enormes contradicións internas en que se encontra o sistema capitalista neoliberal veremos xurdir acontecementos no planeta de signo diverso: migracións masivas, guerras neocoloniais na periferia do sistema capitalista, intervencións nos...

O exército mantense leal a Maduro, quen rompe relacións diplomáticos cos EUA
China condena a "intrusión" norteamericana

O exército mantense leal a Maduro, quen rompe relacións diplomáticos cos EUA

Nada hai decidido en Venezuela neste momento e todos os escenarios están postos sobre a mesa, sendo que o golpe aínda non foi totalmente abortado. Mais hai un dato relevante: a Forza Armada Nacional Bolivariana (FANB) mantense leal a Maduro, embora semanas atrás houbo movimentos pre-golpistas en sectores, aparentemente moi minoritarios, do exército. Mentres tanto, Caracas decidiu rachar relacións diplomáticas cos EUA, claros patrocinadores do atentado contra o goberno venezuelano lexítimo.

OPINIÓN

Podemos ser optimistas, neste momento?

Hai algunhas semanas, o vicepresidente de Bolivia, Álvaro García Linera, afirmou que os gobernos de dereita ou de extrema dereita que estaban a formarse en Sudamérica, nomeadamente o de Bolsonaro en Brasil, non ían durar. Hai menos tempo, a...

Maduro sae ileso dun intento de atentado
Acusa a Colombia

Maduro sae ileso dun intento de atentado

[ACTUALIZADA ÁS 14,49h] Nicolás Maduro, saíu ileso tras ser vítima dun intento de atentado mentres pronunciaba un discurso en Caracas durante o 81 aniversario da Garda Nacional Bolivariana. O presidente de Venezuela acusa a Colombia do ataque, perpetrado con drons.

OPINIÓN

En Venezuela non houbo fraude

Os resultados das presidenciais deste 20M en Venezuela parécense moito máis ao desenlace desexado pola oposición direitista e pro-norteamericana -participación por debaixo de 50 por cento do eleitorado- do que ao ambicionado polo Gran Polo Patriótico de Nicolás...

Maduro consegue un novo mandato de 6 anos nunhas eleccións boicotadas pola oposición

Maduro consegue un novo mandato de 6 anos nunhas eleccións boicotadas pola oposición

Aos seus 55 anos, Nicolás Maduro -líder do Gran Polo Patriótico, conglomerado chavista liderado polo Partido Socialista Unido de Venezuela- obtivo este 20M a súa reelección como presidente ao se impor con clareza nunhas eleccións presidenciais boicotadas pola dereita extremista e pro-norteamericana. A participación foi moi baixa, apenas o 46 por cento do eleitorado. Maduro conseguiu 67,7 por cento dos sufraxios, face o 21,1 de Henri Falcón (Avanzada Progresista).

OPINIÓN

Venezuela: A festa da democracia que non será televisada

O vindeiro 20 de maio celébranse eleccións presidenciais, a consellos municipais e lexislativos estatais en Venezuela. Achéganse entre o silencio dos medios de comunicación do estado español; os que difundían a actualidade política de Venezuela diariamente desde a óptica da...

Caracas responde aos EUA: "Non suspenderemos as eleccións do 20M. É a nosa soberanía"

Caracas responde aos EUA: "Non suspenderemos as eleccións do 20M. É a nosa soberanía"

Boicotadas polos sectores máis estremistas e pro-Washington da dereita, as eleccións do próximo 20M en Venezuela representan un test para medir o apoio popular ao goberno de Nicolás Maduro. As frontes de batalla para o chavismo son múltiples: á guerra coa oligarquía do país -que sabota todas as iniciativas do poder executivo- súmanse as cada día máis intensas presións diplomáticas dos EUA.

OPINIÓN

Venezuela: reciprocidade hispánica

A "ameaza" de reciprocidade do ministro español de exteriores, desde Davos, á declaración do embaixador español en Venezuela como persona non grata pode converterse nun boomerang de dimensións tan grandes coma o encontro entre...

Suspenden acto sobre Venezuela en Marín por ameazas

Suspenden acto sobre Venezuela en Marín por ameazas

Estaba prevista a participación como convidados da cónsul xeral de Venezuela en Galiza, e o galego Farruco Sesto, arquitecto e poeta e ministro durante o goberno de Hugo Chávez. A organización non podía garantir a integridade física dos asistentes