Está a ser a unha das grandes sensacións do campionato. Aos seus 30 anos, promedia 0,77 goles por partido, o mellor rexisto da súa carreira. A súa cláusula de rescisión é de 40 millóns de euros. Pouco diñeiro nun mercado que após a aterraxe de Neymar en Franza vive un delirio inflacionario. O Celta é consciente de que Aspas está outravolta baixo o foco dos principais magnates do mercado futbolístico.
Sermos Galiza inicia a publicación dunha serie de perfís dos principais candidatos e candidatas á presidencia da Xunta de Galiza. Unha coletánea que enceta debullando no currículum de Xoán Bascuas, candidato de Compromiso por Galicia. Nos próximos días verán a luz as reseñas dos cabezas de lista de Ciudadanos, En Marea, PSdeG, BNG e PP.
É difícil aceptar que nunha sociedade como a galega, onde a identidade foi preservada polas clases populares, haxa persoas que se reivindican nacionalistas, e despois non teñan como un obxectivo central a eliminación da...
O pasado 5 de xaneiro fixéronse 80 anos do pasamento de Ramón Valle-Inclán, pero a súa obra non se libera, segundo a lei, até o 1 de xaneiro do ano seguinte. Cóntanolo o actor, director e dramaturgo Cándido Pazo, quen afirmou que este será o ano da “desamortización valleinclanesca”, aludindo á prohibición dos seus descendentes de representalo en galego, euskara e catalán.
Conversamos con Anxela López, unha das protagonistas do documentario Yes, we fuck (Si, nós fodemos)
A Asociación galega de enfermaría familiar e comunitaria rexeita o decreto que limita a indicación de medicamentos entre @s [email protected] e denuncia que se fixo "de costas" ao colectivo e mesmo ás consellarías territoriais.
[ACTUALIZADA ÁS 20.58] Na terceira rolda de votación da asemblea nacional da CUP en Sabadell, ambas as opcións, a do "si" á investidura de Artur Mas e a do "non" ficaron en táboas, con 1.515 votos cada unha. Este resultado ten lugar após impoñerse na segunda volta o "non" por 1.512 votos (49,70%) ao "si", que obtivera 482 apoios, un 48,71%.