novo-cinema-galego
A indagación sobre a memoria histórica de Eloy Enciso competirá en Locarno
Terceira longa do director da aclamada 'Arraianos'

A indagación sobre a memoria histórica de Eloy Enciso competirá en Locarno

Para percorrer os tortuosos camiños da memoria histórica en Galiza, Eloy Enciso viaxou aos límites da luz. Longa noite, a súa terceira longametraxe, explora a guerra e as súas consecuencias, o trauma e os alicerces da ditadura. Construído a partir da escrita de ficción e non ficción, con actores non profesionais, e unha “radical aposta estética”. o filme competirá polo Leopardo de Ouro no prestixioso Festival de Locarno (Suíza).
Sobre filmar na lingua propia
Libro colectivo de análise do cinema en galego

Sobre filmar na lingua propia

A foresta e as árbores son oito ensaios de oito autoras diferentes que reflexionan sobre un feito cadora menos inusual: realizar filmes en lingua galega. Porque a foresta e o cinema en galego e as árbores son os filmes en galego. Coordinado pola catedrática e cineasta Margarita Ledo, o volume é o segundo número da colección Pantallas da editorial Galaxia.
 

O primeiro filme de Álvaro F. Pulpeiro competirá no Festival de Xixón
'Nocturno' é cinema "lírico sobre o foro interno do mariñeiro"

O primeiro filme de Álvaro F. Pulpeiro competirá no Festival de Xixón

As singulares aliaxes de documental, cinema de poesía, ficción heterodoxa e arranxos pictóricos que caracterizan os mellores expoñentes do denominado Novo Cinema Galego continúan ofrecendo inesperados froitos. O debut de Álvaro F. Pulpeiro (Foz, 1990), Nocturno: Fantasmas de Mar en Porto, é un dos últimos. Competirá no Festival de Xixón o vindeiro novembro.
 

O Novo Cinema Galego adéntrase na ficción

O Novo Cinema Galego adéntrase na ficción

As lindes entre ficción e documental son tenues. O cinema contemporáneo esfórzase, hai tempo, en escapar dese binarismo. E o Novo Cinema Galego, a xeración de cineastas que colocou Galiza no mapa de festivais e críticos de todo o mundo, é consciente do movemento de marcos estéticos. Non obstante, entre os numerosos proxectos en marcha, filmes que se verán o ano que vén ou en 2019, abunda o cinema dramatizado, con actores. A ficción.

O Novo Cinema Galego a debate
Este 14S na USC

O Novo Cinema Galego a debate

Os éxitos de crítica e festivais do denominado Novo Cinema Galego foron acompañados, desde o inicio, dunha atenta pescuda teórica e académica. Esta quinta feira, 14 de setembro, a facultade de Filosofía da Universidade de Santiago acollerá a primeira das dúas xornadas consecutivas que cineastas, investigadoras, produtoras ou profesoras dedicarán a "pensar o Novo Cinema Galego".

OPINIÓN

Novo cinema galego

Creo que o máis interesante que pode acontecer con calquera manifestación cultural é a de xerar atracción fóra da propia contorna en que se produce. Refírome a suscitar o interese doutras persoas de lugares diferentes, con...

“Sós ante o imperio non se pode facer nada”
OLIVER LAXE, CINEASTA

“Sós ante o imperio non se pode facer nada”

Falamos con Oliver Laxe logo de gañar o Gran Premio da Semana da Crítica de Cannes, que o sitúa oficialmente como promesa mundial do cinema de autor. Cóntanos desde Tánxer, onde vive desde hai anos, a súa forma de ver o mundo e o cinema, o seu novo proxecto sobre identidade en Galiza, nos Ancares, que vai máis alá da sétima arte “porque teño moita necesidade de volver e de seguir enraizándome”. 

“A nivel creativo estamos no mellor momento”
ALBERTE BRANCO, DIRECTOR DA 1º ESCOLMA DE CINEMA GALEGO

“A nivel creativo estamos no mellor momento”

Mañá sexta feira comeza en Sarria a primeira Escolma de Cinema Galego, que incluirá unha ducia de proxeccións, tres coloquios, un concerto e un roteiro que se celebrarán Casa da Cultura até o domingo. Falamos co seu director, Alberte Branco.