o-diario-galego
Editorial Sermos331: un diario para todas e todos

Editorial Sermos331: un diario para todas e todos

Chegamos ás 3.000 subscricións, o mínimo necesario para garantir a estabilidade económica do diario en galego e a súa independencia, mais non nos poñemos límites. Queremos ir alén desa cifra para afortalar un medio de calidade. O bo xornalismo é máis necesario que nunca,...

Sermos331: 3.000 voces álzanse para soster un diario en galego
Novo número do semanario na rúa e na nosa loxa

Sermos331: 3.000 voces álzanse para soster un diario en galego

3.000. Ultrapasada esa cifra, O Diario Galego verá a luz en 2019 e esa noticia —sen dúbida, unha nova moi boa para o espazo de comunicación deste país— ocupa toda a capa do Sermos331, xa na rúa e na nosa loxa. Son 3.000 voces que se alzaron en demanda dun xornal que conte o que pasa na Galiza e o mundo con óculos propios, non emprestados, en defensa exclusivamente dos intereses galegos.

Editorial Sermos 327: Un último esforzo para un diario en galego

Editorial Sermos 327: Un último esforzo para un diario en galego

Conclúe 2018, un ano que levou a Sermos Galiza por todo o país para presentar o proxecto para un diario en galego. Percorremos milleiros de quilómetros para chegar a milleiros de persoas co obxectivo de lograrmos facer do soño unha realidade. Desde o primeiro momento,...

"Acreditamos muito na informação própria"
Mário Ramires, diretor do i e do Sol

"Acreditamos muito na informação própria"

 

Conversamos com Mário Ramires, diretor dos meios portugueses i e do Sol, sobre jornalismo. Uma entrevista sobre o rol dos distintos espaços de comunicação, desde o digital até o papel.

Un sistema mediático en mudanza
Xornalismo

Un sistema mediático en mudanza

Os datos da evolución do ecosistema comunicativo nos últimos dez anos apuntan que sopran ventos que poden abrir espazos para unha reestruturación e cambio no sector das industrias culturais na Galiza, que leva máis de vinte anos nun proceso de renovación continua.

"A información bilingüe é un fracaso"
Martxelo Otamendi, director do diario "Berria"

"A información bilingüe é un fracaso"

O xornalista Martxelo Otamendi (Tolosa, 1957) é o director do diario vasco Berria. Estivo á fronte de Egunkaria até que a Audiencia Nacional española decretou o feche do maior estandarte da cultura euskaldun en 2003. Conversamos con el sobre as orixes e o funcionamento de Berria e sobre xornalismo.

Un Diario en Galego? Si, Grazas
Sobre Medios e Identidade

Un Diario en Galego? Si, Grazas

A lingua que nos representa é tamén a que nos expresa; é a lingua que unha sociedade teceu ao longo do tempo á par que se constituía como tal ao se facer consciente do territorio, do aproveitamento de recursos, de acordar certos valores, iso que dicía Saint Just, de sentirmos o mesmo sobre o ben e o mal. Xa que logo, a lingua galega non pode ficar á marxe dunha práctica que iguala, a da información; da liberdade para expresar opinión; do dereito a comunicar.

OPINIÓN

O extraordinario valor de ter un xornal en galego

Rexurde o optimismo por reconquistar unha cabeceira de xornal e tela diariamente nos quioscos, para superar diversas carencias polas que pasa a información nesta Galiza que vemos anulada a súa vontade e a súa voz, por medios informativos dependentes de intereses e poderes...

A onde chega esta semana Sermos O Diario Galego?
Actos de presentación

A onde chega esta semana Sermos O Diario Galego?

Allariz; Viveiro; Oleiros; Cangas; A Estrada; Carballo e Ribadavia acollerán esta semana os actos de presentación de Sermos O Diario Galego. Uns actos pensados para responder as dúbidas das persoas participantes e para recoller suxestións.

OPINIÓN

O alburgueiro

Gústame ler cada día a prensa en papel. É a forma de ler que coñecemos a xente...