obradoiro
As vacas volven ao Obradoiro contra a sanción ao gandeiro da Sionlla

As vacas volven ao Obradoiro contra a sanción ao gandeiro da Sionlla

Malia a forte chuvia mais coa protección dos soportais de Raxoi,  as vacas volveron á Praza do Obradoiro para reclamaren a retirada da sanción ao gandeiro da Sionlla por ter suxado as pistas co seu gando. As persoas participantes na concentración, convocada por BNG e Fruga, mostraban carautas de vacas. 

OPINIÓN

O 29N ocupamos o Obradoiro

Despois de meses de traballo, chega o día. Este sábado 29 de Novembro as Marchas da Dignidade manifestaranse en cinco columnas polas rúas de Compostela ata confluir no Obradoiro ás 12:00h, co obxectivo de realizaren unha das máis importantes mobilizacións dos últimos anos.

OPINIÓN

O 29 de novembro imos tomar o Obradoiro

O 29-N, último sábado do mes de novembro, a Columna Galega das Marchas da Dignidade dará continuidade á loita encetada coa participación na multitudinaria manifestación estatal do 22 de marzo e logo de arrodear con éxito o parlamento do Hórreo a principios deste verán.

Praza do Obradoiro secuestrada pola Troika

Praza do Obradoiro secuestrada pola Troika

Cargas policiais contra unha manifestación democrática. Esa é a resposta do Ministerio de Interior español a un protesto cívico, convocado polo nacionalismo galego, contra a presenza de Merkel en Galiza.

Un obradoiro de dous escritores para se adentrar na narración oral

Un obradoiro de dous escritores para se adentrar na narración oral

A literatura non só é escrita e, así, co fin de recoñecer e valorar a riqueza da oralidade, a Escola de Escritoræs da AELG ofrece en Lugo un Obradoiro de Narración Oral coordinado por Antonio Reigosa e Isidro Novo que bota a andar esta terza feira día 24 de setembro. 

O Obradoiro entoa o Grândola

O Obradoiro entoa o Grândola

Arredor de 800 persoas dánse cita na emblemática praza da capital galega para celebrar o 39 aniversario do 25 de abril. Os cravos vermellos coincidiron cunha protesta [email protected] [email protected] polas preferentes que seguiron o rexedor compostelán, Ángel Currás, á saída do concello

Bandeiras estreleiras contra o veto nos partidos do Obradoiro

Bandeiras estreleiras contra o veto nos partidos do Obradoiro

Contra o Real Madrid. O Obradoiro xoga este domingo día 16 contra o Real Madrid e para as 12.30 está convocada unha concentración diante do Fontes do Sar con bandeiras da patria para desafiar o veto nos partidos do equipo de baloncesto da capital galega.
Coas mans na masa
CURSOS DE COCIÑA DE 6 A 10

Coas mans na masa

Amasar galletas, facer pan ou enfornar galletas son actividades polas que devecen boa parte das crianzas. As Feiras do Libro que se celebran esta primavera e verán nas distintas cidades galegas programan cursos de cociña para as crianzas.