obras
Leccións e recreo entre cascallos

Leccións e recreo entre cascallos

Superado o primeiro mes de clase, colexios e institutos da Galiza arrastran do verán obras de remodelación e mantemento que dificultan o desenvolvemento da actividade lectiva. Non son os únicos, o arranque do curso fai abrollar as queixas das ANPA que se atopan con novas necesidades de reparación e grandes obras pendentes de execución.
De “malgasto bochornoso” a “investimento imprescindíbel”

De “malgasto bochornoso” a “investimento imprescindíbel”

Na campaña electoral de 2009, o daquela director da candidatura de Alberto Núñez Feixoo e secretario xeral do Partido Popular, Alfonso Rueda, utilizou como arma contra o bipartito a reforma levada a cabo na sede da Xunta en San Caetano. Segundo el, os catro millóns de euros investidos eran “propios do sultán de Brunei” e un “escándalo maiúsculo”. Dez anos despois, o hoxe conselleiro de Administracións Públicas cambia radicalmente de postura e defende a “necesidade” dun investimento máis de sete veces superior ao criticado. Eis un extracto da información publicada ao respeito no número 360 do semanario en papel Sermos Galiza.
Os “atentados contra o Patrimonio” que cobrarían os Franco

Os “atentados contra o Patrimonio” que cobrarían os Franco

Un dos obxectivos da familia, segundo o responsábel da inmobiliaria santanderina á que encargaron a venda das Torres, sempre foi “desfacerse dun inmoble cuxos gastos de mantemento o fan insufragábel”. Esa “insufragábel” cantidade –máis xuros– reclamaríana os Franco ás arcas públicas de prosperar a demanda para restituír a súa posesión ao Estado Español, pese a que expertos cuestionan a calidade e o respecto á legalidade de moitas das obras que alí realizaron ao longo dos anos. Eis un extracto da reportaxe publicada no número 358 do semanario en papel Sermos Galiza.

Unha manifestación denuncia os danos no Támega das obras do AVE

Unha manifestación denuncia os danos no Támega das obras do AVE

Un cento de persoas tomaron parte na mobilización organizada por Adega para denunciar o impacto das obras do AVE no Támega. “Cinco anos, cinco longos anos, son os que leva o río Támega a través das súas afluentes Cabras e  Cereixo, soportando agresións, sufrindo...

A cara B do AVE: mortos e precariedade
Sinistralidade

A cara B do AVE: mortos e precariedade

Un novo sinistro nas obras do AVE na Galiza deixaba a finais de novembro un operario ferido grave. Os 242 quilómetros construídos até o de agora desta infraestrutura no noso país custaron a morte de 7 traballadores e ducias de accidentes graves. Por que este índice tan alto? Respondémolo no Sermos Galiza 276.

Detrás das luces do éxito de Inditex

Detrás das luces do éxito de Inditex

Os ángulos mortos do imperio Inditex son cada vez menos descoñecidos: a explotación laboral en empresas provedoras situadas en afastados países ou a enxeñería financeira para eludir impostos son algúns deses ángulos. Mais hai outros que continúan a ser ignorados polo gran público e que afectan centos de galegos, como as condicións laborais na montaxe de tendas e almacéns da multinacional por todo o mundo. Eis un extracto da reportaxe publicada no semanario Sermos Galiza 259.

A veciñanza resiste e impide as obras na rotonda de Coia

A veciñanza resiste e impide as obras na rotonda de Coia

A veciñanza de Coia impediu, máis unha vez, o desenvolvemento das obras na rotonda do barrio vigués. Un forte dispositivo policial a primeira hora da mañá tentaba que a maquinaria comezase a traballar, o que finalmente non foi posíbel. 

O concerto do ano no país das bandas

O concerto do ano no país das bandas

A Banda Sinfónica da Federación Galega de Bandas de Música Populares estrea as obras gañadoras do certame de composición nun concerto que terá lugar no Auditorio de Galicia de Compostela o sábado 29 ás 21.00 horas. Estrearán Arieñium, de José Ignacio Blesa Llull, Camiños da Luz, de Santiago Fontes e Insomnio de Juan Manuel Eiras, as obras gañadoras no Certame que cada ano organiza a FGBMP.
Obras a catro mans nos andeis das librarías

Obras a catro mans nos andeis das librarías

O último premio Xerais chega aos andeis das librarías e alimenta a listaxe de obras de autoría compartida. Tonas de laranxa, a novela de Manuel Lourenzo Baleirón e a súa filla María Lorenzo Míguez, súmase aos poucos títulos da nosa literatura creados a catro mans.
Adif abre pistas entre castiñeiros protexidos nas obras do AVE en Laza

Adif abre pistas entre castiñeiros protexidos nas obras do AVE en Laza

A Sociedade Galega de Historia Natural alerta de que a ampliación da superficie dos traballos en 260.000 m2 ''non ten xustificación'', e exixen perante o Goberno español a paralización inmediata pola vía da urxencia. O LIC 'río Támega' e un castiñeiro catalogado como Árbore Senlleira están afectados
Colectivos e asociacións concentraranse contra as obras na Praza de España de Ferrol

Colectivos e asociacións concentraranse contra as obras na Praza de España de Ferrol

Entidades veciñais e asociacións de Ferrol concentraranse diante do Casa do Concello ás 19 horas como medida de protesta contra o que consideran unha "dilapidación de diñeiro público en obras innecesarias na Praza de España, antiga Porta Nova". presentaron unha proposta por rexistro que recolleron en forma de moción polos grupos municipais do BNG, EU e PSOE no Pleno de hoxe.