oliver-laxe
'O que arde' chega a Galiza este outono
O aclamado filme de Laxe estréase o 11 de outubro

'O que arde' chega a Galiza este outono

Austera e poética, profunda e singular, a última obra do cineasta Oliver Laxe rodouse nos Ancares, protagonízana en galego actrices non profesionais, conta a historia dun pirómano que sae de prisión e reencóntrase coa súa nai e no último Festival de Cannes levou un dos premios gordos: o do Xurado da sección oficial Un Certain Regard. Este outono O que arde (2019) chegará ás pantallas galegas.
Oliver Laxe: "Neste filme gañei en claridade sen perder escuridade"

Oliver Laxe: "Neste filme gañei en claridade sen perder escuridade"

'O que arde', terceira longametraxe de Oliver Laxe (París, 1982), retrata un tempo, un lugar, rostros. Luz, árbores. O lume. Amador sae de prisión despois de condenado por incendiario e atopa a súa nai, Benedicta. Viven nunha aldea dos Ancares. Un mundo que retrocede e unha maneira de habitar que se extingue. Pero o filme tamén celebra o que respira. Agradece o dado. Por vez primeira, o festival de Cannes acolleu unha proxección en lingua galega. E distinguiuna co Premio do Xurado da sección 'Un Certain Regard'. É a súa terceira obra galardoada no certame francés. Sermos conversa con Laxe, aínda de regreso a Galiza desde a Costa Azul francesa. Eis un avanzo da entrevista publicada no Sermos 349.

Oliver Laxe estrea en Cannes a súa homenaxe ao rural galego
Longa ovación do público ao primeiro filme en galego do festival

Oliver Laxe estrea en Cannes a súa homenaxe ao rural galego

O cineasta Oliver Laxe chegou a Cannes acompañado dos dous protagonistas de O que arde, o seu último filme. Benedicta Sánchez e Amador Arias son actores non profesionais e encarnan esta historia rodada no monte galego e en galego. A terza feira, 21 de maio, estreouse na sección Un Certain Regard e colleitou unha ovación de varios minutos das máis de mil asistentes.
 

 'The New Yorker' escolle 'Mimosas' entre os mellores filmes de 2017
O semanario cualifícaa de “road movie' metafísica”

'The New Yorker' escolle 'Mimosas' entre os mellores filmes de 2017

O crítico estadounidense Richard Brody leva case 20 anos escribindo para o semanario The New Yorker. Importante analista da obra de Jean-Luc Godard, contra final de ano elabora listas cos mellores filmes da tempada. Na última, publicada a pasada sexta feira, hai presenza galega: Mimosas, dirixida por Oliver Laxe (París, 1982) e producida pola coruñesa Zeitun Fims.
 

'Mimosas', o premiado filme de Oliver Laxe, en DVD
A edición inclúe un diario de rodaxe no Atlas marroquino

'Mimosas', o premiado filme de Oliver Laxe, en DVD

A segunda longametraxe de Oliver Laxe (París, 1982) confirmou a súa traxectoria ascendente como unha das olladas principais do cinema europeo contemporáneo. Mimosas (2016) obtivo recoñecenentos aquí e acolá e en Cannes levou o Gran Premio da Crítica. Pasou polas salas de cinema de todo o Estado e parte do continente. Agora ve a luz a súa edición en DVD.
 

O Novo Cinema Galego a debate
Este 14S na USC

O Novo Cinema Galego a debate

Os éxitos de crítica e festivais do denominado Novo Cinema Galego foron acompañados, desde o inicio, dunha atenta pescuda teórica e académica. Esta quinta feira, 14 de setembro, a facultade de Filosofía da Universidade de Santiago acollerá a primeira das dúas xornadas consecutivas que cineastas, investigadoras, produtoras ou profesoras dedicarán a "pensar o Novo Cinema Galego".

OPINIÓN

Mimosas, novos tempos e antigos valores 

Novos tempos, antigos valores reza o lema dun dos máis fieis grupos de seareiros do Deportivo da Coruña, os Old Faces. Se pasan polo Paseo de Ronda da Coruña poderán velos no seu local. Os de sempre seguen aquí,...

CRÍTICA DE CINEMA DAS SEXTAS FEIRAS

Mimosas, entre o cinema de autor e os ecos de David Lean

 

MIMOSAS

(Galiza, Marrocos, Francia, Qatar 2016, 96 min.) 

Dirección: Oliver Laxe

SINOPSE

A última vontade dun venerado sheikh é ser enterrado xunto aos seus antepasados nas remotas...

OPINIÓN

Mimosas: estado de inocencia

 “La belleza de una estirpe que vuelve al hogar”

Georg Trakl (tradución de J.L. Reina Palazón)

 

Imposíbel ubicar as coordenadas...

Que facer esta fin de semana
Que facer?

Que facer esta fin de semana

Oliver Laxe, o galardoado cineasta galego, estará este sábado no Teatro Principal para estrear na Galiza o seu premiado filme, Mimosas. O sábado, FEST-NOZ, foliada bretoa con música e danza tradicionais, sidra e doce típico.

Cinema

Oliver Laxe, Premio Cidade de Ourense do 21ºOUFF

O cineasta Oliver Laxe, fillo de emigrantes galegos nado en París en 1982, é o Premio Cidade de Ourense da vixésimo primeira edición do OUFF, un recoñecemento ao seu labor de creación e ao espallamento do cinema galego alén do país.

“Sós ante o imperio non se pode facer nada”
OLIVER LAXE, CINEASTA

“Sós ante o imperio non se pode facer nada”

Falamos con Oliver Laxe logo de gañar o Gran Premio da Semana da Crítica de Cannes, que o sitúa oficialmente como promesa mundial do cinema de autor. Cóntanos desde Tánxer, onde vive desde hai anos, a súa forma de ver o mundo e o cinema, o seu novo proxecto sobre identidade en Galiza, nos Ancares, que vai máis alá da sétima arte “porque teño moita necesidade de volver e de seguir enraizándome”. 

Oliver Laxe gaña o premio da Semana da Crítica en Cannes

Outra boa nova que nos trae o Novo Cinema Galego. O director galego Oliver Laxe vén de acadar o primeiro premio (Grand Prix Nespresso ) da 55ª edición da Semana da Crítica do Festival de Cannes 2016 coa súa segunda longametraxe, 'Mimosas', un filme rodado en Marrocos.