orzamentosestado2019
Caballero ataca Feixóo pola pinza do PP co bloque independentista contra os orzamentos

Caballero ataca Feixóo pola "pinza" do PP co bloque independentista contra os orzamentos

As peculiaridades da mecánica parlamentar levaron as emendas á totalidade aos orzamentos do estado a seren votadas conxuntamente. O efecto resultante é que PP, Cs, ERC e PDeCAT votaron en bloque contra as contas pactadas por PSOE e Podemos. O episodio permite a Gonzalo Caballero atacar o presidente da Xunta polo que cualifica de "pinza" do PP coas forzas independentistas.

O bloque independentista catalán emenda os orzamentos pactados por PSOE e Podemos
O adianto electoral, mais unha vez na axenda

O bloque independentista catalán emenda os orzamentos pactados por PSOE e Podemos

A ruptura está cantada e salvo xiradela imprevista de última hora os orzamentos de Pedro Sánchez, pactados con Podemos, non superarán o primeiro trámite, o da votación das emendas á totalidade. ERC e PDeCAT anunciaron esta segunda feira senllos vetos. O adianto electoral para este outono xa é un dato que se comeza a dar por amortizado nos cenáculos políticos e mediáticos madrileños.

Os orzamentos da aldraxe
Editorial Sermos330

Os orzamentos da aldraxe

Galiza é o territorio do Estado que soporta o maior recorte en investimentos nos orzamentos do Goberno de Pedro Sánchez: unha caída do 19%, 180 millóns menos que deixan a cantidade por baixo dos 760 millóns. O recorte nos orzamentos —que saíron dun pacto...

Villares pide unha negociación bilateral ao Goberno Sánchez se quere o apoio de En Marea aos orzamentos

Villares pide unha "negociación bilateral" ao Goberno Sánchez se quere o apoio de En Marea aos orzamentos

Villares ponse á frente da oposición da confluencia aos orzamentos do estado, pactados nas súas liñas mestras polo PSOE con Podemos. Cun discurso notoriamente máis duro que o empregado pola representación de En Marea en Madrid, o portavoz orgánico e parlamentar do partido instrumental pide "unha negociación bilateral" para mudar de "xeito substancial" as contas. A alteración dos orzamentos é condición sine qua non para teren o apoio de En Marea no Congreso.

 

O BNG tilda de labazada na cara das galegas e galegos os orzamentos do Goberno Sánchez
Anova critica tamén as contas, pactadas por Podemos

O BNG tilda de "labazada na cara das galegas e galegos" os orzamentos do Goberno Sánchez

Nunha avaliación de urxencia dos orzamentos do Estado para 2019 —proxecto pactado polo PSOE e Podemos—, a portavoz nacional do BNG cualificounos de "impresentábeis". As contas do Goberno Sánchez —que rexistan unha caída de 19 por cento no investimento no país— serían "unha labazada na cara das galegas e dos galegos". Pontón enfatiza que o proxecto conta co apoio de "En Marea e Podemos". Anova emitiu un comunicado crítico ao xulgar que os orzamentos carecen de "contundencia" á hora de defender as maiorías sociais "e os intereses de Galiza".

x