oseira
O campo de concentración do mosteiro de Oseira
Campos do terror

O campo de concentración do mosteiro de Oseira

Cando visitemos o mosteiro de Oseira non atoparemos nada que nos indique que foi reconstruído polos presos políticos confinados alí após o golpe militar de xullo de 1936. Lembramos os días en que este centro relixioso do Císter se reconverteu en campo de concentración, así como as condicións de vida daqueles demócratas que, privados de liberdade, acometeron a súa restauración. Eis un extracto da reportaxe publicada no número 356 do Sermos Galiza.
Gumersindo Salinas: De asasino en Oseira a verdugo en Vigo

Gumersindo Salinas: De asasino en Oseira a verdugo en Vigo

Era da mesma feitura cun Francisco  González “O Rabioso”, a facer mal entre as xentes de ben de Vigo ou dun Florentino González Vallés, a sementar morte por Lugo, A Coruña ou Donostia e tamén dun Victoriano Suanzes Suanzes, o home do saco para os bos de Asturias e...

Historia da Oseira rebelde
Presentación esta cuarta feira en Ourense

Historia da Oseira rebelde

Un dos máis terríbeis e significativos episodios da Restauración en Galiza saldouse con sete persoas asasinadas polas forzas de seguridade do Estado. Foi o 22 de abril de 1909, ás portas do mosteiro de Oseira, no Concello de Cea. É un dos capítulos do monográfico A rebeldía galega contra a inxustiza, editado por Sermos Galiza, e que esta cuarta feira se presenta no café cultural Auriense, de Ourense ás oito do serán.