O fracaso da primeira investidura do presidente do Goberno español parece cada día máis difícil de evitar. A quinta xuntanza entre o presidente en funcións Pedro Sánchez e o líder de Podemos Pablo Iglesias rematou no mediodía desta terza feira con ruptura. O PSOE adivirte á formación de esquerdas: ou investidura en xullo ou “non haberá segunda oportunidade”.
Un "goberno integrador, plural, incluínte e non fechado como podería ser un goberno de coalición". Esa é novidosa fórmula que pretenden ensaiar PSOE e Unidas Podemos, segundo o relato que ofereceu esta terza feira Adriana Lastra, portavoz socialista no Congreso e vicesecretaria xeral do partido con máis escanos na cámara (123). Sánchez e Iglesias reuníronse esta mañá e, após constatar un alto grao de coincidencia programática, puxeron os alicerces do que pode ser o primeiro goberno con ministros de dous partidos distintos na historia do réxime político instituído en 1978.
O expresidente José Luis Rodríguez Zapatero impartiu a conferencia Diálogo e política en Compostela, presentada por Suso de Toro, na que asegurou que o conflito catalán non "o resolverán os tribunais", senón que só é posíbel resolvelo desde "a política e o diálogo". O exmandatario tamén descartou a repetición das eleccións xerais e confirmou que Pedro Sánchez será presidente “si ou si”.
O heterodoxo fundador de Podemos que en tempos fixo as beiras a un pacto con Carolina Bescansa para se desfaceren conxuntamente de Pablo Iglesias chega agora a un acordo con Manuela Carmena ás costas do seu partido. A iniciativa, apresentar a mesma marca —Máis Madrid— ás eleccións municipais na capital e e as autonómicas na comunidade. Racha así coa dinámica aberta polo aparato de Podemos, que xa acordara o número dous da lista con IU.
Oriol Junqueras transmitiu esta sexta feira a Pablo Iglesias, na súa entrevista na cadea de Lledoners, que ERC non apoiará os orzamentos pactados polo PSOE con Podemos salvo que desde o Goberno español se faga algún aceno aos presos independentistas cataláns. Así o comunicou, en funcións de portavoz de Junqueras, Joan Tardá, portavoz de ERC no Congreso. Iglesias dixo que a reunión con Junqueras fora ben, pediu a saída dos presos da cadea e afirmou: "O Goberno sabe o que ten que facer".
"Temos que decidir se queremos resignarnos a seguir vendendo leite; ou se apostamos por elaborar produtos que podan competir por calidade mais alá dás nosas fronteiras”, dixo Carolina Bescansa este sábado na Coruña no acto que serviu de pórtico á súa campaña nas primarias de Podemos Galicia. O seu rival é Antón Gómez-Reino, o congresista que dispón do apoio de Pablo Iglesias.
Aínda que cunha excepción, cando no discurso do debate sobre a moción de censura ao Goberno de Raxoi obviou Galiza, Luís Villares, portavoz de En Marea, di sentirse representado “en xeral” por Pablo Iglesias. Porén, prefire o deputado Miguel Anxo Fernán Vello, “quen si fixo valer a nosa condición de nación no discurso”.
Aparentemente superado o affaire do seu máster, Sánchez lida agora cun novo asunto con aspecto de escándalo: o copia e pega de fragmentos dunha conferencia dun diplomático no seu libro La nueva diplomacia de la economía española, do que é coautor o economista Carlos Ocaña. Sánchez usou ese texto sen citar a fonte. A estratexia defensiva da Moncloa pasa por falar de "erro involuntario". Ciudadanos pide a comparecencia do titular do executivo. Podemos non apoia a moción.
A continuidade dos máximos dirixentes de Podemos após o affaire do chalet dos 600 mil euros foi sancionada nunha consulta cunha participación superior á rexistada en Vistalegre II, o 38,57 por cento das persoas inscritas no partido morado. Dous terzos votaron a favor de Iglesias e Montero reteren os seus cargos -secretario xeral e portavoz do grupo parlamentar, respectivamente-, un terzo a prol da súa demisión. Que un terzo da túa militancia che exixa a renuncia é sinal dun desgaste significativo.
A consulta en curso axita as augas da confluencia galega. Desde os sectores críticos -a conta twitter @coidandounidade- acúsase a dirección de inflar o censo. Desde o aparato villarista avánzase que se as bases rexeitan a demisión de Quinteiro obterían a súa. Esta hipótese é moi pouco probábel, sendo que os segmentos partidarios da parlamentar de Podemos-Anticapitalistas defenden a abstención no referendo interno.
Concho, pois non teño nada de jet lag. Almorcei e ninguén berraba e, polo que levo percorrido de cidade, o nadal imponse claramente a esa “Cataluña que está que arde”, en palabras do propio taxista que me levou a coller o vóo en Santiago case de madrugada. Conste que pouco o nada lle interesou o suposto conflicto por estes lares, cadrou porque me preguntou se a viaxe era por traballo ou por pracer, mais unha vez que lle recoñecín que fifty-fifty amosou máis interese polo mini tamaño da miña maleta para tantos días que pola suposta “dimensión inconmensurábel” do que debera ser o duelo definitivo entre soberanistas e constitucionalistas.
22 de novembro. Unha iniciativa do BNG contra o artigo 155 pon en evidencia a división interna no seo do grupo parlamentar de En Marea a respeito da cuestión catalá. Deputados de Cerna e Anova preferiron ausentarse antes de secundar a abstención preconizada pola dirección da confluencia. 30 de novembro. Pablo Iglesias -no fragor da precampaña- anuncia que Podemos vai recorrer a aplicación do 155 perante o TC. O 22-N a súa xente no Parlamento galego perdeu a oportunidade de votar contra o despregamento dese artigo.
Podemos 15M, corrente crítica dentro da formación morada na Galiza, ve na defenestración de Albano Dante como líder de Podem unha réplica da caída en desgraza de Breogán Riobóo como secretario xeral galego. Dante abandonou a militancia de Podem nunha manobra coa que se adiantou ao seu seguro cesamento por parte da cúpula estatal.
Axigántase a fenda entre o secretario xeral de Podemos e o seu homólogo de Podem.
11 das 16 comisións de garantías "autonómicas" de Podemos piden á dirección central do partido que revoque os actuais Estatutos -por teren sido aprobados fóra de Vistalegre II- e que restitúa no seu posto a responsábel do órgao estatal encarregado de cumprir coa legalidade interna. Entre esas comisións "autonómicas" non figura a galega. Carmen Santos opina que os Estatutos si estarían "no marco do aprobado en Vistalegre".