palabras-con-memoria
Quen anda revolvendo?, por Ramiro Torres
Palabras con Memoria

Quen anda revolvendo?, por Ramiro Torres

arriel.- (Ademais de significados xa rexistrados) Pola liña, de a feito.

Lugar de escoita.- Vilalba.

Fonte.- Vanessa Hermida Carballeira. Enviada desde o Centro de Día de Abadín.

 

barrilar.- Estragar, destrozar,...

Bebendo nas palabras

Bebendo nas palabras

arrancadeira.- Última consumición da noite.

Lugar de escoita.- O Courel.
Fonte.- Dun vocabulario courelao.

 

aureta/oureta.- Auga.

Lugar de escoita.- Comarca de Bergantiños.
Fonte.- Alberte...

A lingua tamén come
Palabras con memoria

A lingua tamén come

arrocho.- (Á marxe de significados máis comúns) Parte da empanada onde se xuntan a masa da parte de abaixo coa de arriba formando unha especie de rolo.

Exemplo: “Non me gusta o arrocho da empanada, que non ten zaragallada.”
Lugar de escoita.-...

Sentimentos encontrados
Palabras con Memoria

Sentimentos encontrados

augar.- (Á marxe de significados máis comúns) Devecer por algo intensamente, especialmente por un produto gastronómico.

Exemplo: “O rapaz auga pola marmelada de cereixas”

Lugar de escoita.- Escudeiros (Ramirás).

Fonte.- Xoán Carlos Domínguez...

Traballando nos eidos
Palabras con memoria

Traballando nos eidos

Adouvo.- Baloco, terrón.

Exemplo: “Fomos á horta e estaba toda chea de adouvos do que choveu.”
Lugar de escoita.- Aldeas de Ribón e Son en Navia de Suarna.
Fonte.- Aldeas de Ribón e Son en Navia de Suarna.

...
A Terra fala, por Ramiro Torres
palabras con memoria

A Terra fala, por Ramiro Torres

cantán.- Pedra grande.

Lugar de escoita.- Muxía.

Fonte.- Proxecto Buxerana de Muxía.

 

chapuceira.- (Ademais de significados xa recollidos) Charco de pouco tamaño.

Exemplo: “Cando iamos á escola,...

Sentimentos encontrados
palabras con memoria

Sentimentos encontrados

augar.- (Á marxe de significados máis comúns) Devecer por algo intensamente, especialmente por un produto gastronómico.

Exemplo: “O rapaz auga pola marmelada de cereixas”

Lugar de escoita.- Escudeiros (Ramirás).

Fonte.- Xoán Carlos...

Se non te abrigas, logo non digas...[por Isidro Novo]
PALABRAS CON MEMORIA

Se non te abrigas, logo non digas...[por Isidro Novo]

Cachorreira.- Dise que ten cachorreira a persoa que ten catarro e non lle para de pingar o nariz. Mormeira.

Lugar de escoita.- Cuntis (Pontevedra)

Fonte.- Andrés Lombardía C.

Outros apuntamentos.- Sinala a fonte a posibilidade de...

Palabras con Memoria

Supoñamos que estamos en inverno, de Isidro Novo

ben deitar de.- Expresión que co verbo conxugado é case sinónimo de “menos mal que”. Exemplo: “Co frío que facía, ben deitei de traer abrigo”.

Lugar de escoita.- Mariña luguesa.

...
Eucaliptos e piñeiros en medrar son os primeiros
PALABRAS CON MEMORIA

Eucaliptos e piñeiros en medrar son os primeiros

Alcolitreira. Eucaliptal.

Lugar de escoita. A Pobra do Caramiñal.

Fonte. Caxatolino Vilasoa Boo.

 

Candea. (Ademais de significados xa rexistrados). Folla seca de piñeiro.

Lugar de...

Cando a vida ama é amábel, por Isidro Novo
Palabras con memoria

Cando a vida ama é amábel, por Isidro Novo

aconloar.- Afagar.

Exemplo: “O tratante era experto en aconloar a xente denantes de pechar o trato”.

Lugar de escoita.- Escudeiros – Ramirás (Ourense)

Fonte.- Xoán Carlos Domínguez Alberte.

...
Dereitos e tortos, virados e revirados [por Isidro Novo]
PALABRAS CON MEMORIA

Dereitos e tortos, virados e revirados [por Isidro Novo]

Acelindrar.- Poñer dereito, endereitar.

Exemplo: Voute acelindrar como non fagas o que eu che mando.

Lugar de escoita.- A Estrada, Vigo, etc.

Fonte.- Manuel Cabada Castro.

 

Andavía.- (Ademais de...

Do mundo vexetal, moito ben e pouco mal [por Isidro Novo]
PALABRAS CON MEMORIA

Do mundo vexetal, moito ben e pouco mal [por Isidro Novo]

Camborcia.- Caniborcia, caniborcio, canafrecha, canabrazos. Planta umbelífera que pode producir inflamacións e bochas na pel.

Lugar de escoita.- Sabucedo (A Estrada).

Fonte.- Manuel Cabada Castro.

Outros apuntamentos.- Engade a...

Todo ou parte aínda é da nosa aldea [por Isidro Novo]
PALABRAS CON MEMORIA

Todo ou parte aínda é da nosa aldea [por Isidro Novo]

Arrecadar.- (Ademais de significados xa rexistrados). Frear o carro coa parella de bois ou vacas. Tamén ten o significado de tatexar.

Lugar de escoita.- O Courel.

Fonte.- Dun vocabulario courelao.

 

Arrecadén.-...

Xente comedora, logo e arestora
PALABRAS CON MEMORIA

Xente comedora, logo e arestora

Anacra.- Nécora.

Lugar de escoita.- Santa Cruz – Oleiros (A Coruña)

Fonte.- Cristóbal Ramírez.

 

Babuxo.- Mollo espeso que se xunta coa pataca desfeita dun guiso ou estofado.

Lugar...

Daquela maneira tamén é unha maneira de facer
PALABRAS CON MEMORIA

Daquela maneira tamén é unha maneira de facer

Cebolear.- Facer algo rapidamente, sen poñer moito interese no seu remate.  

Exemplo: “ “Non ten ganas de facer boa letra, sempre cebolea cando escrebe”.

Lugar de escoita.- Burela.

Fonte.- Mario Ferreira...

Aquí nada de ratos: soamente cans e gatos
PALABRAS CON MEMORIA

Aquí nada de ratos: soamente cans e gatos

Chacurro.- Can.

Lugar de escoita.-  Bergantiños e noutras zonas da Galiza rural.

Fonte.- Alberte Suras.

Outros apuntamentos.- É moi posíbel que derive da xiria dos canteiros. Nalgures tamén se utiliza para...

Palabras con memoria

Todo dentro do ámbito doméstico

alada.- (Á marxe doutros significados e coa dúbida de se é con h ou non) Vertedoiro ou pía para lavar a louza.

Lugar de escoita.- A bisbarra do Barbanza.

Fonte.- Constantino Prego .

...
Palabras con memoria

Arredor da nosa fauna

buis!.- Bois! Voz coa que se guía e anima a vaca aboiada para que a monte o boi.

Exemplo: “Buis, buis!”

Lugar de escoita.- San Martiño (Vilaboa do Morrazo)

Fonte.- Sé Anxo Rosales...

En calquera vila hai un exemplar de cada
PALABRAS CON MEMORIA

En calquera vila hai un exemplar de cada

Nun mundo tan diverso, cada quen é como é
PALABRAS CON MEMORIA

Nun mundo tan diverso, cada quen é como é

Estruleque.- Persoa, preferentemente cativa, amiga de fedellar, graciosa e ocorrente.

Lugar de escoita.- O Courel.

Fonte.- Dun vocabulario courelao. 

 

Esturcias.- Persoa que fala sen xeito e incluso conta mentiras,...

Palabras con Memoria

Para xente, xentiña e xentalla, elixide a que vos valla

Cimprón.- (Ademais de significados xa rexistrados) Maleducado, persoa que insulta a xente decontino.

Lugar de escoita.-  Teixeira -O Courel.

Fonte.- Dun vocabulario courelao.

 

Curripia.- Moza presumida e...

Palabras con Memoria

Conxuncións copulativas

Achedar.- (Á marxe doutros significados) Gozar sexualmente. 

Exemplo: “Seica tivera ganas de casar para se fartar de achedar a parella”.

Lugar de escoita.- Escudeiros –Ramirás (Ourense)

Fonte.- Xoán...

PALABRAS CON MEMORIA

Maneira de ser dalgunha xente

Chenca/o.- (Ademais de significados rexistrados) Dise da persoa pusilánime, hipersensíbel, queixosa, que sempre pensa no peor e que quere suscitar compaixón, porque, segundo a súa visión, sempre ten peor sorte que...

PALABRAS CON MEMORIA

Diversos continentes sen tocar a xeografía

Calleiro de Noia.- É unha sobremesa pobre que se fai para aproveitar o pan vello e para realizala utilízase o calleiro dun animal.

Lugar de escoita.- Comarca de Noia.

Fonte.- Andrés Lombardía Crespo.

 

...
PALABRAS CON MEMORIA

Útiles sen moito prestixio

Achifánfano.- Variante de chintófano, trebello ou artefacto descoñecido para quen o nomea.

 

Lugar de escoita.- Gondaísque (Terra Cha)

Fonte.- Antonio Eimil.

 

 

...
PALABRAS CON MEMORIA

Enxoval da infancia

Acocorar.- (Á marxe doutros significados) Agarimar, adormecer no colo unha criatura. Exemplo: “Todas as noites acocoraba a filla cunha canción dos seus avós”.

Lugar de escoita.- Escudeiros – Ramirás (Ourense)

...
PALABRAS CON MEMORIA

Os aburridos apampan e os apampados aletargan

Acatimado/a.- (Ademais de significados rexistrados). Aburrido/a. 

Exemplo: Xa estamos acatimados de que chova.

Lugar de escoita.- Zona de Navia de Suarna (recollida en Castañedo).

Fonte.- Berta Fdez. Otero/Endl Navia de...

PALABRAS CON MEMORIA

Cada cousa no seu tempo, se o ídem o permite

Amizar.- (Ademais do uso máis coñecido) Conxúgase ao falar do tempo cando este vai de mal para ben. 


Exemplo: “Semella que o tempo amizou un pouco”.

Lugar de escoita.- A zona de Boimorto.

...
Palabras con memoria

En porrancho ou vestidos, cinco xuntos repetidos

Agulleteiro.- (Ademais de significados xa rexistrados) Zona do zapato onde están os amallós.
Lugar de escoita.- O Courel
Fonte.- Dun vocabulario courelao.

Calzupos.- (Ademais doutros significados xa...

PALABRAS CON MEMORIA

Toda a xente tenta levar a auga para o seu prado

Acaneirar.- Facer regos nos prados para facilitar o regadío por todo o prado. Cómpre facelos cunha sacha e dereitiños.
Lugar de escoita.- Canices- Piñor- Cea
Fonte.- Antonio Moure Narón.

...
Quen facer tenta, necesita ferramenta
PALABRAS CON MEMORIA

Quen facer tenta, necesita ferramenta

Azoso/a.- Cómodo/a, referido a calquera útil ou instrumento que serve axeitadamente para o seu cometido. 

Exemplo: “Este raño non me é azoso; dáme esoutro do mango máis longo”. Tamén...

Palabras con Memoria

Quen ata e desata, que teña conta co que trata

Biorto.- (Ademais de significados xa rexistrados) Corda feita coa palla do palleiro logo de rematado este.

Lugar de escoita.- Carbeiral- Bardaos (San Sadurniño)
Fonte.- Avelino Sanjurjo Beceiro. (Xeriátrico...

PALABRAS CON MEMORIA

Dos nosos límites máis achegados e comúns

Abrazadeira.- (Deixando a un lado significados comúns). Cando se fai unha parede de pedra, chámaselle así á que se coloca enriba do corte das dúas da fileira anterior, matando o corte. A súa función é...

PALABRAS CON MEMORIA

Dende a última á primeira levan algo de madeira

Escarafolar.- (Ademais de significados rexistrados). Quitar capas de terra ou de madeira.

Lugar de escoita.- A Pobra do Brollón e comarca.

Fonte.- Orcelina Parada Cortiñas.

Androlla.- (Ademais de significados xa...

PALABRAS CON MEMORIA

Expresións que has de coñecer se por aquí te vas mover

Alba non alba.- Expresión utilizada para marcar unha puntualidade matinal taxativa e que quizais puidese ser traducida por “non ben raie o día”, Exemplo: “Mañá, alba non alba, todos preparados para marchar.”

...
PALABRAS CON MEMORIA

De xógaras, xogas, xogatas e xogantíns

Bicha (a).- (Ademais de significados xa rexistrados). O as de bastos, no xogo de cartas.

Lugar de escoita.- Sta. Mariña (Covelo).

Fonte.- Sé Anxo Rosales González.

Cheíñas.-(Variante de...

PALABRAS CON MEMORIA

En procura de gozos, as mozas e os mozos

Estreamos no diario dixital a sección Palabras con Memoria, da autoría da web (aelg.gal) da Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega, coordenada por Isidro Novo. Até o de agora acompañábanos no semanario Sermos Galiza.