parlamento-galego
Houdini contra unha oposición que busca líder

Houdini contra unha oposición que busca líder

A estrea de Gonzalo Caballero como líder socialista na sesión de control ao Presidente da Xunta remata coa ilusión de que, a un ano das galegas, existe unha alternativa ben cimentada ao goberno popular. Feixoo avanzou as liñas de ataque que despregará durante o último curso da lexislatura contra esa coalición necesaria da oposición.
O BNG reitera a necesidade dun Plan galego de control dos fitosanitarios

O BNG reitera a necesidade dun Plan galego de control dos fitosanitarios

Facer un estudo entre a poboación de risco, continuado no tempo, estabelecendo as analíticas nos períodos de aplicación e nos de descanso para contrastar é a primeira medida a implementar nun futuro Plan galego e control, uso e diminución dos produtos fitosanitarios, que o deputado nacionalista Xosé Luís Rivas defendeu na comisión de Agricultura. 
En Marea, BNG e villaristas critican o nomeamento "bipartidista" da valedora do pobo
O pleno de designación, a vindeira cuarta feira

En Marea, BNG e villaristas critican o nomeamento "bipartidista" da valedora do pobo

O nomeamento da nova Valedora do Pobo, Dolores Fernández Galiño, abre unha fenda na oposición. En Marea, BNG e villaristas criticaron esta sexta feira o que consideran un pacto bipartidista para designar a sucesora de Milagros Otero, quen se viu obrigada a demitir ao ser salpicada por un escándalo de nepotismo. O pleno para a designación de Fernández Galiño terá lugar a próxima cuarta feira.

 

A maioría do grupo Podemos-EU-Anova, partidaria dunha portavocía rotatoria

A maioría do grupo Podemos-EU-Anova, partidaria dunha portavocía rotatoria

Unha portavocía "compartida" é a perspectiva máis probábel que se abre perante o grupo que, xa sen a formación de Villares no seu seo, partillarán no Parlamento galego Podemos, Esquerda Unida e Anova. A nova escadra no Pazo do Hórreo non se estreará no pleno desta semana, ao non se ter consumado aínda a constitución do grupo mixto.

Feixoo deixa en suspenso o xiro autonomista do PPdeG
Ataca o nacionalismo pola queima de ambulancias

Feixoo deixa en suspenso o xiro autonomista do PPdeG

Unha década despois de chegar a Monte Pío, Feixoo continúa a exercer como xefe da oposición. É o rol no que realmente se sente cómodo. Oposición ao bipartito (2005-2009), ao goberno Zapatero (2004-2012) e ao executivo Sánchez (xuño de 2018-actualidade). A sesión de control ao presidente da Xunta desta cuarta feira volveu pór de manifesto que a táctica favorita de Feixoo é o contragolpe. Pontón pediulle o cesamento do conselleiro de Sanidade e o titular do goberno galego contra-atacou deslizando unha suposta connivencia do nacionalismo coa queima de ambulancias.

OPINIÓN

No ecuador da lexislatura

O azar quixo que se rexistrara unha práctica coincidencia entre os 100 días do goberno de Pedro Sánchez e os dous anos da última vitoria de Feijoo nos comicios ao Parlamento galego. Aparte de outras diferenzas, hai unha que resulta moi...

"Había moita xente que agardaba un acto como este"
Luís Bará, parlamentar do BNG que rachou unha foto de Felipe VI

"Había moita xente que agardaba un acto como este"

Un acto simbólico -un deputado do BNG rasga no Parlamento unha fotografía de Felipe VI- voltou a pór o PP perante o espello. Nel reflectiuse o rosto dun partido que na práctica non asume a recente sentenza do Tribunal Europeu de Dereitos Humanos en virtude da cal a liberdade de expresión até ampara a queima de imaxes dos monarcas. O PP forzou a máquina para sancionar Luís Bará, o protagonista do lance. É un home de talante templado e de firmes conviccións: "Estamos nun momento en que cómpre facer xestos de radicalidade democrática".

Pontón fala da "neolingua" de Montoro

Pontón fala da "neolingua" de Montoro

O PSdeG concorda co BNG en que a efeitos práticos a débeda das comunidades autónomas si que será parcialmente condonada. Esa quita deixará fóra Galiza, pois o goberno galego preferiu financiarse preferentemente na banca privada, alegou Ana Pontón. En Marea, por súa parte, denunciou a sumisión de Feijóo.

Eleccións autonómicas: hai 31 anos
UNHA ESCOLMA DO PAPEL

Eleccións autonómicas: hai 31 anos

Outubro de 1981: primeiras eleccións ao Parlamento Galego. Uns anos antes, non moitos, fóranse definindo as alternativas partidarias españolas e galegas. Con máis dificultade as nacionalistas,...

OPINIÓN

35 anos de Parlamento galego

35 anos de Parlamento galego

No pasado mes de Decembro, o Parlamento galego cumpriu 35 anos de vida. A envergadura da cifra convida a facer algunhas reflexións sobre as luces e as sombras dunha institución que ten moita importancia no desenvolvemento...