paro
O persoal das auxiliares de Endesa nas Pontes vai á folga
Esixen o mantemento dos postos de traballo

O persoal das auxiliares de Endesa nas Pontes vai á folga

Traballadoras e traballadores das subcontratas da central de Endesa nas Pontes farán folga a cuarta feira 21 de agosto para esixir a adopción de medidas dirixidas a evitar que a diminución da produción afecte os postos de traballo. ​
Pasou o Nadal, volve o paro

Pasou o Nadal, volve o paro

Aumentou en 5.505 persoas en xaneiro. Decembro supuxo un 'parón' no incremento do paro que se levaba rexistrando desde xullo. A Seguridade Social perdeu nese mes case 14.000 persoas afiliadas. Os sindicatos denuncian o "deterioro" do mercado laboral galego.

Axentes forestais e ambientais continúan co paro indefinido

Axentes forestais e ambientais continúan co paro indefinido

Os axentes forestais e medioambientais continúan co paro indefinido, agás o persoal de Conservación da Natureza. O comité greve abandonou a mesa de negociación ante o que considera que é falta de propostas da Xunta.

 

“A administración non presenta...

O paro rexistrado descende en xullo en 6.653 persoas en Galiza

O paro rexistrado descende en xullo en 6.653 persoas en Galiza

O paro rexistrado nas oficinas de desemprego descendeu en xullo en Galiza en 6.653 persoas, o que supón 3,91% de baixada, por riba da media española (0,86%). Así, agosto empezou no país con 163.412 persoas rexistradas no desemprego, case 18.500 menos que en xullo do ano...

A peor herdanza  da crise
Paro de longa duración

A peor herdanza da crise

A metade das persoas rexistradas como desempregadas na Galiza levan máis dun ano nesta situación. Son as paradas e parados de longa duración, un colectivo que no noso país anda nas 90.000 persoas, máis que toda a poboación que habita en cidades como Ferrol ou Pontevedra.  Ao tempo, a Xunta recorta en programas e fondos para formar persoas no desemprego.

O paro rexistrado baixa en 2.812 persoas

O paro rexistrado baixa en 2.812 persoas

O paro rexistrado baixou en Galiza en 2.812 persoas, undescenso de 1,5%, de novo por baixo da media española, que foi de 2,53%, un punto superior. Na comparativa interanual (abril de 2018 fronte abril 2017), o descenso no desemprego rexistrado baixou en 22.338 persoas. Isto...

“Hai xurisprudencia suficiente que di que por un ingreso puntual non se pode quitar o paro”

“Hai xurisprudencia suficiente que di que por un ingreso puntual non se pode quitar o paro”

O Servizo Público de Emprego (SEPE) está a cancelar as prestacións de desemprego a persoas en paro polo feito destas non declararen no prazo legal un ingreso puntual ou mínimo obtido mentres reciben o subsidio. Unha decisión con efectos moi graves (perda do dereito á prestación) para a persoa afectada, que en moitos casos non sabe que está a ser obxecto dunha resolución da administración que pode reverter nos xulgados. O avogado Rodríguez Feixóo leva algúns destes casos.

Perder a prestación de desemprego por unha noite de camareira

Perder a prestación de desemprego por unha noite de camareira

A xurisprudencia leva uns anos deixando claro que non se pode penalizar coa retirada da prestación de desemprego a unha persoa por non declarar esta un ingreso puntual ou mínimo obtido mentres é beneficiaria desa prestación. Porén, o Servizo Público de Emprego continúa a penalizar estas casos, cando non se declaran, coa retirada da prestación, obrigando as persoas afectadas a iniciar un longo proceso xudicial.

OPINIÓN

Forza de traballo sen forza

Hai titulares ben ridículos. Alguén chamou a atención sobre este da semana pasada: “A recuperación económica non se nota en 70% dos fogares”. E preguntábase si se pode nomear como “recuperación” o...

As sextas feiras ao sol: a historia continúa

As sextas feiras ao sol: a historia continúa

Quince anos despois de Los lunes al sol mostrar con extrema crueza o drama do paro, unha performance do BNG simbolizou na mesma Ría de Vigo en que se rodou o filme que miles de persoas continúan no desemprego, produto das políticas neoliberais e centralistas do Partido Popular. Ana Pontón, no barco da travesía fílmica entre Cangas e Vigo, estivo acompañada de dúas persoas en paro e unha terceira cun traballo precario. Un storytelling puro e duro. Tres historias reais contra a propaganda.

O paro de longa duración asáñase na mocidade

O paro de longa duración asáñase na mocidade

Uns 34.500 mozos galegos levan máis de doce meses inscritos como buscadores de emprego. Son máis que todos os habitantes do décimo concello galego máis poboado, Oleiros. Sete de cada dez deses mozos non teñen ningún tipo de cobertura por desemprego.

OPINIÓN

O suspenso histórico de Núñez Feijóo

O economista Marcelino Fdz. Mallo é unha das cabezas mellor amobladas deste País. E ven de nós presentar unha serie de dados estatísticos (a fonte é o INE estatal) a respecto do emprego na Galicia e no Estado, comparando a primavera do...

O emprego cultural descendeu en 2015 segundo o CCG

No último ano rexistráronse en Galiza 27.800 empregados no ámbito cultural, 800 menos que en 2014, segundo os datos Enquisa de Poboación Activa (EPA) extraídos polo Observatorio da Cultura Galega, dependente do Consello da Cultura.