patriagalega2018
OPINIÓN

Um 25 de julho em Compostela

Cada vinte e cinco de julho repete-se o mesmo esquema de celebração em Santiago de Compostela. Por uma parte uma celebração religiosa, de caráter muito formal, à que acodem as autoridades políticas e religiosas mais elevadas, e na que se lhe faz uma oferenda ao apóstolo na...

Día da Patria Galega 2018
FOTOS

Día da Patria Galega 2018

Eis as instantáneas que nos deixa o Día da Patria Galega no 50 aniversario do ano en que o día nacional da Galiza asumiu esta denominación.

O BNG enche A Quintana medio século despois da recuperación do Día da Patria Galega
“Somos a única alternativa seria e real”, afirma Ana Pontón

O BNG enche A Quintana medio século despois da recuperación do Día da Patria Galega

Dúas efemérides marcaron este Día da Patria Galega para o BNG. A primeira, o medió século transcorrido desde que un grupo de nacionalistas organizados na UPG penduraron, en 1968, unha faixa na Alameda compostelá: “Viva Galiza ceibe e socialista”. A segunda, os 30 anos da organización xuvenil do Bloque, Galiza Nova. Ambas as dúas balizaron o discurso de Ana Pontón na Praza da Quintana.
 

A Quintana ateigada

A Quintana ateigada

E aínda hai miles que tentan chegar a un dos espazos de maior potencia simbólica do nacionalismo galego.

 

OPINIÓN

A patria dos buscadores de trabes de ouro

Falava aquel humilde e sabio rianxeiro, tan douto en teatros de farsas e fantoches, de que a nosa enfermidade, o mal dos galegos, era ese sorriso encolleito de ombreiros que algúns coidavan que era o noso talento. E se preguntava aquel escritor antifeixista se...

OPINIÓN

Vintecinco

O 25 de xullo, Día da Patria Galega, é unha xornada de festa e de reivindicación. Celebramos nesta data as loitas que nos precederon, o sangue derramado por homes e mulleres valentes e xenerosas, a dor e o amor que nos deixaron en herdanza, a fortaleza das...

Toda a axenda política deste 25X
A programación dun sempre intenso 25X

Toda a axenda política deste 25X

Compostela voltará a ser o epicentro da celebración do Día da Patria Galega este ano. Tan só o PSdeG –en Rianxo–, IU –en Mugardos– e Podemos –en Sarria– optan por levar os seus actos fóra da capital. As reivindicacións políticas, as romarías e os actos lúdicos son os tres principais fíos que tecerán o 25 de Xullo de 2018.

Galiza Nova fai 30 anos e Pontón anímaa a ser "o motor do cambio"
Actos do Día da Patria 2018

Galiza Nova fai 30 anos e Pontón anímaa a ser "o motor do cambio"

Galiza Nova —a organización xuvenil do BNG— botou a andar un 24X de 1988. Este día fai por tanto 3 décadas de existencia. E celebrou o seu cumpreanos cun acto público moi concorrido e cunha encomenda, a que lle fixo unha ex militante, a actual portavoz nacional do BNG, Ana Pontón. A encomenda de se tornaren no "motor do cambio que o país precisa".

OPINIÓN

Todos e todas en Compostela o Día da Patria Galega

Mentres Galiza non sexa unha Terra ceibe, o Día da Patria Galega será unha data de reivindicación e mobilización, máis que de conmemoración e festexo. Un día no que o nacionalismo galego debe amosar toda a súa potencialidade, máxime nun contexto mundial no que se sacraliza,...

50 anos do Día da Patria Galega
1968-2018: 5 décadas de reivindicación nacional

50 anos do Día da Patria Galega

O 25 de xullo de 1968 marca o punto de inicio da celebración do Día da Patria Galega na súa denominación, formulación e orientación actual. A Unión do Povo Galego (UPG) acorda convocar ese ano unha mobilización na capital de Galiza, chamando a unha concentración nacional ás doce da mañá na praza do Obradoiro, en defensa dos nosos dereitos nacionais. Eis un extracto da información publicada no número 305 de Sermos Galiza.

"É necesario derrotar o pesimismo e ter confianza no país"
ANA PONTÓN, ANTE O 25X

"É necesario derrotar o pesimismo e ter confianza no país"

Este non é un Día da Patria Galega máis. É o número 50 convocado como tal. Este non é un contexto político máis. Raxoi fóra da Moncloa e Feixóo, coas ás cortadas en Monte Pío, fóra de toda opción de alcanzar o despacho presidencial da Rúa Génova. Hai algunhas cousas que, en troca, permanecen. A invisibilidade de Galiza no estado, por exemplo. O estancamento dos problemas estruturais do país, a súa crónica dependencia de Madrid. E no horizonte, un combate electoral, as eleccións municipais, con todo o aspecto de ser as primarias das galegas 2020. Converso sobre todo iso con Ana Pontón, a portavoz nacional do BNG, nas vésperas do 25X, o día que fai latexar con máis forza o corazón do nacionalismo galego.

A patria galega desterrada: o 25 de Xullo no exilio

A patria galega desterrada: o 25 de Xullo no exilio

A Galiza de alén do mar mantivo a celebración do Día da Patria Galega ao longo dos corenta anos de ditadura franquista. A conmemoración desta data acadou unha especial significación naquelas repúblicas americanas onde a presenza galega era cualitativa e cuantitativamente máis importante. Destacaron os actos organizados na Arxentina, México, Uruguai e Venezuela. Ás vésperas dun novo 25 de xullo Sermos Galiza propón recuperar a súa memoria, ofrecendo unha panorámica das xornadas patrióticas organizadas polo nacionalismo exiliado. Eis un extracto da información publicada no número 305 de Sermos Galiza.

"Non pode haber nación sen día nacional"
Xusto Beramendi, historiador

"Non pode haber nación sen día nacional"

Doutor en Historia e catedrático de Historia Contemporánea da USC, Xusto Beramendi (Madrid, 1941) é unha das plumas máis especializadas na historia das ideoloxías e dos nacionalismos. Entre a súa fecunda e recoñecida obra destaca De provincia a nación. Historia do nacionalismo galego, volume que lle valeu o Premio Nacional de Ensaio en 2008. Eis un extracto da entrevista, publicada no número 305 de Sermos Galiza.

O #Sermos305 debrúzase sobre as cinco décadas do Día da Patria Galega
Xa na nosa loxa

O #Sermos305 debrúzase sobre as cinco décadas do Día da Patria Galega

No novo número do semanario, esta quinta feira nos pontos de venda habituais e xa na nosa loxa, propómosvos unha viaxe no tempo, até 1968 e de volta ao presente. Dedicamos 12 páxinas do #Sermos305 a facermos ese percurso. E non o facemo sós, senón na compaña de voces tan senlleiras como as de Pilar Allegue, Lois Diéguez, Saleta Goi, Xosé Luís Méndez Ferrín, María Xosé Queizán, Camilo Nogueira, Francisco Rodríguez e Xesús Sanxoás.

A mesma pancarta na Alameda, 50 anos despois

A mesma pancarta na Alameda, 50 anos despois

O BNG comemora os 50 anos que pasaron desde que o nacionalismo recuperou a celebración do 25X. 5 décadas desde que ficou estabelecida a denominación de Día da Patria Galega como xornada de reivindicación dos dereitos nacionais do país.

#ACancióndo25, acordes para chamar a unha participación masiva o Día da Patria Galega
Coas voces de Aida e Jasper

#ACancióndo25, acordes para chamar a unha participación masiva o Día da Patria Galega

O vídeo leva a asinatura do realizador J. Aragunde. O ano pasado, o BNG estreou a fórmula, cun tema interpretado por Alonso Caxade e Xosé Luís 'Mini' Rivas. Desta volta, na segunda edición de #ACancióndo25, é a quenda de Aida (Cuarta Xusta) e Jasper (Nao), con Sumar por Galiza, o lema co que o BNG convoca o Día da Patria Galega.  

VIDEO

Sumar por Galiza

O vídeo co que o BNG chama a participar na manifestación do Día da Patria Galega2018.

A orixe da denominación 'Día da Patria Galega' contada por Bautista Álvarez

A orixe da denominación 'Día da Patria Galega' contada por Bautista Álvarez

O 25 de xullo de 1968 a UPG convoca unha manifestación en Compostela e faino por vez primeira baixo a denominación actual, Día da Patria Galega. Nun fragmento dun documentario realizado en 2004, o histórico dirixente Bautista Álvarez (1933-2017) explica como se chegou a ese rótulo para designar a mobilización por excelencia do nacionalismo galego.