pemex
Memorial de fracasos económicos
Pemex e o goberno Feixoo

Memorial de fracasos económicos

Dez anos despois da súa primeira toma de posesión como presidente da Galiza, Feixoo acumula no armario varios cadáveres en materia económica, o último deles o relacionado coa mexicana Pemex. A empresa paraestatal que o líder do PP presentaba como salvadora do naval galego está agora baixo a lupa do goberno mexicano por “tráfico de contratos e compras con sobreprezos”. Eis un extracto da información publicada no número 354 do semanario en papel Sermos Galiza.

Pemex adxudica a construción dos floteis a Navantia e Barreras

Pemex adxudica a construción dos floteis a Navantia e Barreras

Pemex confirma a adxudicación dos dous floteis aos estaleiros de Vigo e Ferrol,  Barreras e Navantia. A noticia coñecíase por volta das tres da madrugada, con tres horas de retraso sobre o previsto e con cinco adiamentos desde a data inicial. Os traballadores de Navantia valoraron a nova en asemblea. Positiva, mais insuficiente, consideran, e advirten que seguirán as mobilizacións.

Pemex volve adiar, por terceira vez, a licitación dos floteis

Pemex volve adiar, por terceira vez, a licitación dos floteis

A para-estatal mexicana volve retrasar a decisión sobre a quen adxudicará a construción destes buques. Desta vez, a decembro. En Ferrol e Vigo, mentres, segue a sangría de empregos perdidos no naval. Feijóo, tras meses de promesas de que eses floteis virían para Galiza, cala.

En novembro, Pemex adxudicará os floteis entre 11 candidatos

En novembro, Pemex adxudicará os floteis entre 11 candidatos

Os estaleiros galegos non teñen garantida esa construción, contrariamente ao que se afirma desde a Xunta desde hai meses e meses. A propia para-estatal mexicana vén de confirmar que hai 11 aspirantes, de diferentes países a facer os dous floteis que a Xunta leva meses vendendo como a salvación do naval galego.

A prensa mexicana apunta xa ao traslado de Barreras ao país azteca

A prensa mexicana apunta xa ao traslado de Barreras ao país azteca

“O que se procura é que ao ser o socio maioritario de Barreras, todo o investimento se faga en México" afirma a paraestatal azteca. E, "que nun momento dado", o estaleiro "se traia a unha cidade de México". Mesmo apuntan posíbel ubicación: Ciudad del Carmen. Son afirmacións recollidas pola prensa do país centroamericano realizadas por fontes da petroleira

Pemex toma o control de Barreras

Pemex toma o control de Barreras

Unha empresa de propriedade estatal faise co 51 por cento dun esteleiro privado galego. Pemex vaise facer co control de Barreras. Galiza continúa a perder capacidade de decisión sobre a súa economía.

A Xunta pide máis tempo a Pemex

A Xunta pide máis tempo a Pemex

O 18 deste mes finaliza o prazo para depositar os avais financeiros que permitan optar a construir os floteis de Pemex. E o estaleiro Barreras, recén saído dun concurso de acreedores, non ten aínda os avais. A Xunta pide máis tempo a Pemex para que este estaleiro poida reunilos.
Economía contradí a Feijóo e avanza que os floteis se farán quer en Barreras quer en Navantia

Economía contradí a Feijóo e avanza que os floteis se farán quer en Barreras quer en Navantia

Contradicións no seo do goberno sobre o contrato dos floteis. Mentres Feijóo daba a entender nunha entrevista cun medio coruñés que problemas na constitución dun aval poderían deixar fóra do concurso a Barreras, o conselleiro de Economía afirmaba á Radio Galega que os floteis se farán como estaba previsto, un no esteleiro vigués e outro en Navantia Ferrol. Foi alén diso e afirmou que a construción das embarcacións é "cuestión de días".
Nen dique flotante nen blindaxe dos floteis

Nen dique flotante nen blindaxe dos floteis

As dúas grandes promesas do PP nas eleccións autonómicas para o naval galego están a desmontarse: a SEPI vén de anunciar que non se poderá construír o dique flotante en Ferrol por consideralo Bruxelas 'competencia desleal'. E os pregoados e blindados acordos con Pemex para dous floteis están no ar. O naval, enganado, retoma as mobilizacións
O ELECTORADO TOMA A PALABRA

Xosé Heriberto, parado do naval: “Non é críbel o dos contratos de Pemex”

A campaña electoral acostuma estar monopolizada polo discurso das diferentes forzas políticas e as súas propostas. Sermos Galiza quere dar tamén voz ao electorado, á xente que o vindeiro 21-O está chamada ás urnas. Coa entrevista a Xosé Heriberto, un dos tantos parados do sector naval, fica inaugurada unha sección dentro da cobertura especial das eleccións galegas con que "o electorado toma a palabra".
Medran as dúbidas sobre o acordo da Xunta con Pemex

Medran as dúbidas sobre o acordo da Xunta con Pemex

Feijóo insiste en que se construirán os barcos entrementres a dirección de Navantia recoñécelle ás e aos [email protected] que non viu o contrato. No punto de mira están as cláusulas suspensivas recollidas nos contratos polas que non habería garantía de que os buques sexan finalmente construídos en Galiza.
Pemex deixa a Feijóo en cirolas

Pemex deixa a Feijóo en cirolas

Pemex apunta a que non hai contrato definitivo en firme para construír 2 floteis na Galiza e un dos conselleiros da multinacional recoñece que a Xunta empregou o anuncio en precampaña para beneficiar o PP. A gran baza electoral de Feijóo na precampaña, baixo a dúbida

Acordo con Pemex: Solución ou parche para o naval?

Feijóo vén de anunciar a construción para Pemex en Vigo e Ferrol de 2 buques floteis por importe de 300 millóns de euros. Os sindicatos recoñocen a "boa noticia" se ben relativizan o bombo dado pola Xunta ao convenio e lembran que non é a solución para o sector naval galego.
O director xeral de Pemex: "Os remolcadores, en estaleiros mexicanos"

O director xeral de Pemex: "Os remolcadores, en estaleiros mexicanos"

O director xeral de Pemex, Juan José Suárez Copel afirmou que “compraremos os remolcadores con alto contido nacional e prazos longos para que se constrúa en México da man da Armada e dos estaleiros mexicanos”. O BNG pon en dúbida o acordo anunciado por Feijóo coa multinacional petroleira mexicana