perigo
OPINIÓN

Notas ao vivo: Idioma en perigo (6)

No ano 2015 faleceron en Galiza 31.403 persoas, a maioría delas galegofalantes, e só houbo 19.346 nacementos. Por outra banda, como é ben sabido, nos últimos anos volveu caer sobre nós a sombra da emigración, e entre 2009 e 2015 máis de 142 mil persoas, todas elas menores...

O Premio de Poesía Victoriano Taibo, en perigo

O Instituto de Estudos Miñoranos vén de informar do incumprimento de convenio coa Entidade Local de Morgadáns (Gondomar) por mor dun cambio de goberno que pón en perigo o premio. Chaman ao sector cultural a apoialo o vindeiro día 12 no acto de entrega da súa oitava edición.

O galego en perigo de extinción nas aulas do Bierzo
UNHA PROFESORA E UN ALUMNO EXPLICAN A SITUACIóN

O galego en perigo de extinción nas aulas do Bierzo

“Pode ser a morte para o galego” sinala a profesora de Vilafranca Mª Xosé Taibo. “Quen queira estudar galego será discriminado”, explica o alumno Daniel Bernardo Vivero. Achegámonos da súa man ao que pode significar na práctica a reforma que a Junta de Castilla y León anuncia para o vindeiro curso. 

OPINIÓN

Galiza: unha nación no mundo ou un país en perigo de desaparición?

A historia contemporánea de Galiza é a crónica de dúas correntes históricas radicalmente antagónicas: unha que procura a ocultación, a destrución e a desapación do feito nacional galego e outra que loita incansabelmente, desde a xeración de Antolín Faraldo, por reconstruír a identidade do país, por potenciar a súa lingua e a súa cultura e por dotar á nosa nación de institucións propias e de instrumentos que impulsen a democracia, o autogoberno, a soberanía política e o desenvolvemento económico do país.

A revista do Xabarín, en perigo, pide axuda

A revista do Xabarín, en perigo, pide axuda

Con catro números na rúa, Oink! a revista do Xabarín Club pide axuda para continuar. Agalip, a empresa editora, decidiu non imprimir o número 5 ate que solucione os problemas de financiamento da publicación. 

Un incendio destrúe o Monte Pindo

Un incendio destrúe o Monte Pindo

O monte Pindo está destruído despois dunha noite na que o lume arrasou máis de 1.600 hectáreas e asediou varios núcleos de poboación do concello de Carnota. O seu alcalde, Ramón Noceda, confirmaba ás 9 da mañá que o Pindo "acabouse, está completamente destruído". 

OPINIÓN

Perigo: 400 partes por millón

En maio de 2013 os sensores instalados no volcán Mauna Loa de Hawai mediron durante todo un día unha concentración de CO2 superior ás 400 partes por millón en volume (ppmv). A información foi difundida pola Administración Nacional de Océanos e Atmosfera de Estados Unidos. Segundo a comunidade científica, esta concentración non se acadaba desde hai máis de 3 millóns de anos. A concentración de CO2 chega ao seu máximo anual no mes de maio. O Panel Intergobernamental da Mudanza Climática (IPCC son as siglas inglesas) calcula que superará as 400 ppmv de media anual a máis tardar en 4 anos.

"O meu fillo chama ao pobo dos EUA a confrontar o crecente perigo da tiranía"

"O meu fillo chama ao pobo dos EUA a confrontar o crecente perigo da tiranía"

Está na área de tránsito dun aeroporto moscovita. E no albo do Imperio. Obama quer a súa extradición. A UE prégase a Washington e varios Estados -Franza, Portugal, Italia, o Estado español- puxeron trabas onte o voo do avión en que viaxaba Evo Morales proveniente de Moscova perante a suspeita de nel viaxar Snowden. Agora o pai de Snowden, nunha carta aberta, gaba a valentía do seu fillo e di que o ex axente da CIA chama á cidadanía a enfrentar "o crecente perigo" da tiranía que paira sobre os EUA.

Ferrín demite e afirma que a RAG se acha ameazada "interna e externamente" por forzas intransixentes contrarias ao galego

Ferrín demite e afirma que a RAG se acha ameazada "interna e externamente" por forzas intransixentes contrarias ao galego

Xosé Luis Méndez Ferrín consumou nesta cuarta feira a súa demisión como presidente da Real Academia Galega.  Ao saír do Pleno, perante a imprensa, afirmou que a institución está "en perigo" e que se acha ameazada "interna e externamente" polo que cualificou como "forzas intransixentes" contrarias á normalización da lingua galega. Pide "ao pobo galego" que defenda a RAG das "ameazas" que, afirma, penden sobre dela. A crise da RAG, lonxe de remitir, agrávase.
O repagamento nos comedores escolares, "máis un ataque ao dereito á educación"

O repagamento nos comedores escolares, "máis un ataque ao dereito á educación"

Educación enmascara como "redistributiva" e "progresiva" a decisión de ampliar o repagamento nos comedores escolares a milleiros de familias. Desde CIG lémbrase que o alumnado que ten dereito a comedor gratuíto é o que utiliza o transporte público e vive lonxe do centro escolar, "un xeito de garantir o seu dereito á educación"
Henrique Monteagudo: “Inventar a teoría da conspiración é irresponsábel e pon en perigo a Academia”

Henrique Monteagudo: “Inventar a teoría da conspiración é irresponsábel e pon en perigo a Academia”

Membro do Instituto da Lingua Galega e profesor da Universidade de Santiago, Henrique Monteagudo, entrou hai un ano como numerario da Real Academia Galega converténdose no máis novo dos que teñen cadeira en Tabernas. Unha das tres persoas que avalaban entón a súa entrada, o secretario da institución Xosé Luís Axeitos, acaba de o acusar de ser a cabeza dunha “conspiración” que levou á demisión de Xosé Luís Méndez Ferrín.
OPINIÓN

Orzamentos 2013: O dereito á educación en perigo

O Partido Popular, o día 26 de febreiro, pretende aprobar uns orzamentos para o exercicio do ano 2013 que continúan a reforzar a súa liña restritiva e destrutiva do ensino público dos últimos anos, que dificultan o funcionamento dos centros educativos e condenan unha parte importante do alumnado a unha educación descompensadora e deficitaria, carente da máis mínima equidade e calidade.

O Museo de Pontevedra en perigo como organismo autónomo

A Deputación de Pontevedra anunciou a pasada semana a desaparición do Museo Provincial como organismo autónomo e a eliminación do seu órgano reitor. Fernández Lores, alcalde de Pontevedra, vén de instar a Louzán, presidente da Deputación e do Padroado provincial, a reunírense co obxectivo de atoparen conxuntamente, unha “solución satisfactoria para a supervivencia do Museo”.