piraguismo
O complexo David Cal acolle o campionato galego de Piragüismo de Pista

O complexo David Cal acolle o campionato galego de Piragüismo de Pista

O Complexo Deportivo David Cal situado no encoro de Pontillón do Castro, en Verducido (Pontevedra), acolle esta fin de semana o Campionato Galego de Pista 2017 para as categorías cadete e infantil nas modalidades de individual e de barcos de equipa sobre as distancias de 1.000 e 500 metros, respectivamente. A competición que dará comezo ás 9 e media da mañá do sábado puntúa para as ligas femininas e masculinas de ambas as dúas categorías.