pleno
A Xunta responsabiliza os concellos do control das perdas de auga
Parlamento

A Xunta responsabiliza os concellos do control das perdas de auga

O anteproxecto da Lei garantía do abastecemento en episodios de seca e en situación de risco sanitario continuará o seu trámite tras superar o debate no Pleno do Parlamento desta terza feira. Os consorcios locais terán tres anos para reducir as perdas de auga a 20% dous para elaborar plans que fagan fronte á seca. A oposición acusa a Xunta de “botar balóns fora”.

O pacto PP-PSOE renova os órganos institucionais nun tenso pleno 

O pacto PP-PSOE renova os órganos institucionais nun tenso pleno 

O pacto entre o  PP e PSdG-PSOE permitiu a renovación o Valedor do Pobo, Consello de Contas e consello de administración de Radio Televisión de Galicia (CRTVG), sen presenza do resto da oposición, nun pleno tenso no que quedou á vista a oposición do BNG, AGE e Grupo Mixto. Varios [email protected] dos partidos do pacto mostraron a súa disensión rompendo a disciplina nas distintas votacións. 

O pleno de Teo apoia o traslado do preso Antom Santos a unha cadea de Galiza

O pleno de Teo apoia o traslado do preso Antom Santos a unha cadea de Galiza

Cos votos a favor [email protected] edís do BNG e [email protected] [email protected] que dan soporte ao goberno municipal, a Cámara municipal instará o Goberno español a achegar o preso independentista a unha cadea da Galiza. PP, PSOE e Independentes por Teo (InTeo) rexeitaron a moción presentada pola organización frontista defendendo que a dispersión penitenciaria procura evitar o re-agrupamento "de organizacións terroristas".

O alcalde de Santiago chama pola policía para que desaloxe do pleno @s estafad@s das preferentes

O alcalde de Santiago chama pola policía para que desaloxe do pleno @s [email protected] das preferentes

O rexedor compostelán Ángel Currás solicitou que varios efectivos da policía local se presentasen na sala de plenos para botar fóra @s representantes da plataforma de [email protected] polas preferentes que presenciaban o debate da corporación municipal. Precisamente este colectivo presentou nestes días unha copia da denuncia administrativa após serlles vetada a entrada ao pleno xa en máis dunha ocasión, malia seren xuntanzas públicas. 

A RAG vivirá hoxe o seu pleno máis decisivo

A RAG vivirá hoxe o seu pleno máis decisivo

Sábese a hora de entrada, mais non a de saída. Tamén se descoñece como rematará a xuntanza do plenario da Real Academia Galega que hoxe está convocado na sede da rúa Taberna ás 18 horas . Poucos se atreven a afirmar tan sequer se, no remate, a institución terá ou non presidente. Ferrín demitiu o pasado 25 de Febreiro acosado por un escándalo de nepotismo e no meio dunha guerra larvada polo control da RAG. Contra prognóstico, este sábado o escritor abriu a billa a unha hipotética reconsideración da súa marcha: "Sempre se pode cambiar de opinión", dixo á imprensa. A súa demisión está na orde do día da xuntanza.
Consenso para que Ferrín continúe na Academia cando menos como numerario

Consenso para que Ferrín continúe na Academia cando menos como numerario

Este sábado da 9 de marzo Xosé Luís Méndez Ferrín presidirá o que se anuncia desde a propia institución como último acto oficial á fronte da Real Academia Galega. A entrada do seu compañeiro de Brais Pinto, Xosé Fernández Ferreiro, porá o ramo á súa presenza na rúa Tabernas, se o escritor non escoitar as peticións cada vez máis fortes para que continúe na Academia, cando menos como numerario.
O Concello da Coruña aproba a retirada do título de fillo predilecto a Méndez

O Concello da Coruña aproba a retirada do título de fillo predilecto a Méndez

[email protected] do BNG votan no pleno municipal con sobres na man como protesta polos sobresoldos na cúpula do PP. A moción do grupo popular coruñés para retirar o título de fillo predilecto a Méndez, contou co apoio do BNG e EU e a abstención do PSOE xa que contemplaba a dimisión [email protected] [email protected] Mar Barcón e Fernández Moreda, ex-membros do Consello de Administración de Caixa Galicia.
O informe que responsabiliza a Francisco Vázquez no caso Relámpago vai hoxe ao pleno do concello da Coruña

O informe que responsabiliza a Francisco Vázquez no caso Relámpago vai hoxe ao pleno do concello da Coruña

Un dos maiores escándalos urbanísticos da cidade da Coruña vivirá hoxe un novo episodio, no pleno do concello. Un informe municipal apunta a responsabilidade do ex-alcalde, Francisco Vázquez, nun asunto que lle vai pasar unha factura xigante de 50 millóns de euros ao erario público. O BNG pide que o informe se traslade ao Tribunal de Contas e que se depuren as responsabilidades de quen tamén fora embaixador do estado no Vaticano.